Charlas
A asociación Cultural A Pomba do Arco vai celebrar entre o 25 e 28 de abril a VII edición das Xornadas Sentirmos a Arte con catro conferencias que se realizarán ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz
O programa das xornadas é o seguinte:
Luns 25. O que transcende á mirada
Ignacio Castro “Nachok”
Martes 26. Falando do cotiá
Sabela Arias
Mércores 27. Un proxecto de vida?
Mauro Leivas
Xoves 28. Atrezzo.Territorio
Cristian Villamide
A Fundación Expomar organiza as Xornadas de nutrición e saúde mental “Mens Sana in Corpore Sano” para o vindeiro 28 de abril co fin de abordar a importancia do sector pesqueiro no consumo tanto para o coidado da saúde mental como para soster unha boa alimentación.
A Fundación promove entre o 28 de abril e o 12 de maio diferentes actividades, como unha charla informativa sobre nutrición, unha mesa redonda sobre a saúde mental na Mariña Lucense e diversas degustacións de peixe nos locais da Fundación Eu Son en Burela e na residencia da Asociación de Saúde Mental A Mariña en Cervo.
O Alcalde e Presidente da Fundación, Alfredo Llano, abrirá esta primeira xornada do 28 de abril integrada por expertos na materia, nunha aposta por “afondar e dar a coñecer aspectos que contribúen a mellorar a saúde das persoas, tendo o...
leer másA asociación cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, organiza unha conferencia sobre o traxe popular galego, que terá lugar o 24 de abril ás cinco da tarde no salón de actos do Concello. Será impartida por Ana Nogareda Mato. A entrada é de balde.
A charla conta coa colaboración do Concello de Lourenzá.
O vindeiro 21 de abril a Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha charla sobre os datos abertos da administración. Para asistir é preciso inscribirse.
Desde a Aula CeMIT comentan que “con frecuencia escoitamos falar da transparencia da administración, os datos abertos e a participación cidadá. Falarase sobre qué implica este concepto, qué datos se recollen, cémo podemos consultalos e cómo podemos participar”.
Deste xeito seguirá a serie de seminarios que se impartirán nos próximos meses na Aula CeMIT.
A charla sobre os datos abertos da administración será o 21 de Abril de 10:30 a 11:30 horas. O prazo de inscrición comeza hoxe, 11 de abril, en horario de 09:00 a 14:00 horas nos teléfonos 982 12 98 89 ou 982 12 07 32 e tamén a través do correo electrónico...
leer másA Fundación Expomar organiza as Xornadas de Nutrición & Saúde Mental "Mens Sana in Corpore Sano", ás que asistirá a conselleira do Mar Rosa Quintana e que xirarán sobre a importancia do consumo de peixe e dunha boa alimentación para o coidado da saúde mental: “O peixe protexe a nosa saúde mental”.
A Fundación Expomar organiza entre o 28 de abril e o 12 de maio as xornadas de nutrición e saúde mental "Mens Sana in Corpore Sano", que consistirán en diferentes actividades, como unha charla informativa sobre nutrición, unha mesa redonda sobre a saúde mental na Mariña Lucense e diversas degustacións de peixe nos locais da Fundación Eu Son en Burela e na residencia da Asociación de Saúde Mental A Mariña en Cervo.
O xoves 28 de abril pola tarde terá lugar na Casa da Cultura de Burela a conferencia “Como alimentar o...
leer másSeguindo ca serie de seminarios e cursos que se impartirán nos próximos meses na Aula CeMIT, do Concello de Ribadeo, o vindeiro venres, 1 de abril de 10:30 a 11:30 hora terá lugar outra charla na que se falará e introducirá a poboación sobre que é a administración electrónica.
Desde a Aula CeMIT explican que “hoxe en día e sobre todo no futuro, a administración electrónica será un punto clave nas nosas vidas na relación con calquera administración ou organismo. Falarase cun idioma fácil de asimilar e daranse as pautas para a súa correcta utilización”.
O prazo de inscrición comezará dende este venres, 25 de marzo, ata o 31 deste mes en horario de 09:00 a 14:00, nos teléfonos 982129 889 ou 982 120 732 e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal en calquera...
leer másA asociación Nordés Faladora organiza a xornada titulada Novos Poboadores, incluída na iniciativa Alternativas do Rural, que se celebrará o vindeiro sábado, 12 de marzo.
O programa dará comezo ás 10:30 horas no Barqueiro, en Mañón, e continuará cunha visita de 11:00 a 13:00 horas á Granxa Labrada, en Grañas do Sor. Ás 14:00 horas haberá un xantar na mesma Granxa Labrada, cun menú que consistirá nun cocido madrileño a 15 euros por persoa sendo necesaria a inscrición previa. As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden anotarse ata o xoves, 10 de marzo, no número de teléfono 653 756 454.
Pola tarde, a partir das 16:00 horas celebrarase un debate aberto no Abeiro de Mañón.
O padroado da Fundación Expomar mantivo un encontro nas últimas horas co obxectivo de aprobar o plan de actuación para 2022. As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial terán lugar os días 19 e 20 de maio, segundo deu a coñecer o alcalde de Burela, Alfredo Llano. A Fundación Expomar, que contará cun orzamento de 80.000 euros en 2022, tentará recuperar a celebración de Produart (feira de produtos artesanais e ecolóxicos).
Llano contou que “onte tivemos unha reunión ordinaria do Padroado da Fundación Expomar para aprobar o plan de actuacións para o próximo ano. Para o 2022 non toca facer a feira exposición, pero si as xornadas técnicas e o encontro empresarial, que fixamos en principio para os días 19 e 20 de maio. O 19 serían as xornadas técnicas, que, segundo as necesidades e os temas que queiramos tratar, poderán ser pola mañá e pola...
leer másA Fundación Expomar presentou esta mañá a xornada sobre nutrición “Come Sano Come Peixe”, que se celebrará o 15 de decembro no salón de plenos da Confraría de Pescadores de Burela en colaboración coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
Na presentación, á que asistiu grande parte do Padroado da Fundación Expomar, interviron o presidente da Fundación e alcalde de Burela, Alfredo Llano; o xerente de Expomar, Xosé Manuel González ‘Brais’; e o doutor Secundino Cigarrán, nefrólogo do Hospital Público da Mariña e un dos principais ponentes desta xornada sobre nutrición.
O doutor Cigarrán aplaude a organización deste evento, ao tempo que lamenta que sexan moi poucas as citas deste tipo que teñen lugar en España. Por ese motivo anima a tódolos veciños de Burela e de toda A Mariña a asistir á xornada, xa que nela...
leer másA Casa da Cultura acollerá o vindeiro luns, 22 de novembro, ás 17:30 horas unha charla para persoas maiores sobre as normas básicas e comportamentos como peóns e condutores nas vías públicas. Está organizada pola DGT en colaboración co Concello de Burela.
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, sinala que “prodúcense ás veces accidentes de peóns, atropelos... por todo isto a Xefatura de Tráfico en colaboración co Concello de Burela vai a realizar unha charla informativa destinada ás persoas maiores para lembrarlles como deben comportarse como peóns nas vías públicas e mesmo algúns aínda estarán a utilizar o seu vehículo particular polo que se lles lembrarán algunhas normas básicas”.
A edil burelesa anima “a acudir a esta charla, xa que será de grande interese para as nosas persoas maiores. Vanse...
leer más












