Charlas
O Concello de Viveiro presentou as ‘V Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro’, que se celebrarán do 15 ao 19 de novembro e que este ano, de novo pola pandemia da Covid-19, serán outra vez totalmente online a través da plataforma Zoom.
Na presentación estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; Jesús Fernández Fernández, 1º tenente de Alcalde e concelleiro do Mar, e Antón López, delegado para a zona noroeste de España da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS).
“Igual que en anos anteriores, as xornadas abarcan varios proxectos de ámbito nacional e incluirán ademais ponencias centradas en Galicia, sobre o mar nos programas decorativos da Galicia romana e o pecio Viveiro I”, explica Jesús Fernández.
Dende o Concello quérese agradecer o...
leer másO Concello de Ribadeo organiza unha charla que pronunciará o arqueólogo submarino Miguel San Claudio para presentar o resultado das inmersións realizadas dentro do proxecto Retornos do pasado. Terá lugar este xoves, día 28, no Cine Teatro.
O concelleiro de Turismo e Comercio, Pablo Vizoso, salientou que “a ría de Ribadeo conta cunha riqueza arqueolóxica recoñecida, o que lle aporta un gran valor engadido á nosa contorna natural, e aínda que é un dos recursos máis importantes da nosa zona tamén pode ser un dos máis descoñecidos. Por ese motivo, ao longo dos últimos tempos, fixéronse tarefas de investigación entre as que se encadra o proxecto financiado polo GAL Retornos do pasado, que pretende a recuperación de pezas de interese patrimonial para o seu posterior estudo”.
O edil ribadense dixo que “Retornos do...
leer másA asociación sociocultural Mariña Patrimonio retoma as actividades presenciais organizando a conferencia a cargo dos arqueólogos Pilar Prieto e Luis Cordeiro. Esta actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar o sábado, 30 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Administración / Museo Histórico de Sargadadelos.
Os círculos, sobre os que Pilar Prieto e Luis Cordeiro levan anos investigando, son un tipo de xacementos arqueolóxicos dos que se comezou a ter noticia da súa existencia en Galicia a partir da escavación de A Roda de Barreiros en 2006. Na Mariña, ademais de A Roda de Barreiros, figuran no catálogo de bens patrimoniais da Dirección Xeral de Patrimonio as estruturas circulares de A Mourisca de Cervo e a Lavandeira de Xove, descubertas pola asociación Mariña Patrimonio en 2014 e 2015...
leer másO vindeiro martes, 19 de outubro, a Aecc Lugo (Asociación Española Contra o Cancro) e o
Concello de Barreiros organizan unha charla sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama.
Será de 11 a 12 da mañá no centro sociocultural de San Cosme.
A xornada é aberta para que asista o público en xeral.
O Concello de Lourenzá organiza unha charla e instalará un photocall para conmemorar o Día Contra o Cancro de Mama o vindeiro martes, 19 de outubro.
A charla, sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama, será ás 17:00 horas no centro de servizos sociais O Torreón dos Frades e correrá a cargo de representantes da Asociación Española contra el Cáncer.
Anunciouno a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, quen ademais explica que “a fachada da Casa do Concello tinguirase de rosa un ano máis. Haberá tamén un photocall, que se instalará diante do quiosco da música, para que todas as persoas que queiran poidan sacar unha foto e subila as redes sociais co hashtag #sacapecho”.
Este xoves, día 30 de setembro, e o sábado, día 2 de outubro, celebraranse as primeiras xornadas San Martiño no Camiño, organizadas polo Concello de Foz. Serán as oito da tarde no centro de interpretación da Basílica de San Martiño. Haberá aforo limitado polo que se roga reservar previamente no teléfono 982.14.00.27 extensión 3.
O primeiro día o historiador e recentemente nomeado cronista oficial de Foz Xoan Ramón Férnández Pacios falará do Camiño do Mar, que “é unha nova vía de peregrinación xacobea, que sae de Ribadeo e percorre os concellos costeiros da provincia de Lugo e Coruña ata enlazar con Camiño Inglés. Este estudo do propio historiador demostra a existencia dunha nova rede hospitalaria xunto ao citado camiño e a presenza continuada de peregrinos dende o século XVI ata finais do século XVIII”, explica o concelleiro de Turismo...
leer másAventeira Cooperativa de Educación e Lecer desenvolve este sábado, 11 de setembro, en Mondoñedo unha xornada sobre a diabetes.
As actividades darán comezo ás 17:15 horas co espectáculo de improvisación teatral La familia Trivilorio. Despois terá lugar unha charla sobre a diabetes e o coidado do pé, que correrá a cargo de Damián García, enfermeiro e persoa con diabetes, e Noelia Castro, enfermeira e podóloga.
Os actos terán lugar no Centro de Interpretación do Camiño do Norte, na rúa Alcántara, s/n. A entrada é de balde ata completar aforo.
Colabora na organización deste evento: Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.
Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, presentou o programa da XI edición das Xornadas "Memoria dun Tempo" dedicadas á recuperación da Memoria Histórica e que terán lugar os días os días 20, 21 e 22 de agosto no salón de actos do Centro Sociocultural, así coma na Ponte Vella, do pobo de O Barqueiro, no concello de Mañón (A Coruña)
Nesta ocasión abriranse as Xornadas coa proxección da curtametraxe documental "Dores", de Laura e Coral Piñeiro, Clara Miñán e Maite Martínez, que trata sobre os campos de concentración que houbo en Galiza durante o franquismo, e o a que seguirá unha mesa redonda coa presenza das realizadoras, así coma da escritora Susana Sánchez Aríns, que tamén participa no filme, a historiadora e profesora Ana Cabana Iglesia e Chus Armada Castaño, unha das netas de Jesús Castaño Galdo, alcalde de...
leer másO Concello de Foz organiza charlas divulgativas no xacemento arqueolóxico de Carreiro-Marzán este venres, día 6 de agosto.
As Delegacións de Cultura e de Patrimonio do Concello focense explican que “serán impartidas por Roberto Bartolomé, arqueólogo da Empresa Engobe Arqueología, que está a realizar a sondaxe e prospección arqueolóxica dos castros na zona do Carreiro, no paseo de Llas”.
Os grupos serán de 10 persoas como máximo e as charlas desenvolveranse nestes horarios: de 12:00 a 12:30, 12:30 a 13:00, de 17:30 a 18:00 e de 18.00 a 18.30 horas.
Os interesados en asistir deben chamar previamente á Delegación de Cultura Concello de Foz (teléfono 982.140.027).
O 13 de agosto terán lugar en Ribadeo unha charla e unha observación astronómica. Para poder asistir é necesario inscribirse na Área de Medio Ambiente do Concello.
Desde a Concellaría de Medio Ambiente explican que “como en anos anteriores, temos prevista unha actividade de astronomía o 13 de agosto. Consistirá nunha conferencia ás 21:30 no Teatro e posteriormente unha observación astronómica na Praza de España. Debido á situación sanitaria actual é importante que as persoas que desexen acudir se inscriban na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo (sostibilidade@ribadeo.org – 982 120 701)”.
Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de...
leer más