Charlas
Outro ano máis, e xa van 12, chegan as Xornadas “Memoria dun Tempo” organizadas por Nordés, Asociación polo Desenvolvemento das Terras da Faladora.
Unha ducia de edicións nas que, co obxectivo principal da divulgación e recuperación da memoria histórica, puidemos contar con relatorios, audiovisuais, música e poesía para darlle forma aos contidos de cada unha das xornadas.
Desde Nordés sinalan que “nesta traxectoria fomos vendo como outras formas de expresión artística estaban a ter cada vez maior importancia nesta difícil labor da recuperación da memoria histórica, que Nordés ten asumido xunto outros nas bisbarras do Ortegal e A Mariña Occidental. Así, por exemplo, dende a Banda Deseñada ano tras ano xorden propostas novedosas, imaxinativas e creativas que ao tempo veñen rescatar do esquecemento feitos e personaxes desde a súa propia linguaxe”.
...
O Concello organiza a charla Un galeón na ría de Ribadeo, novos achádegos e perspectivas. Será impartida polo doutor Miguel San Claudio o 26 de agosto ás oito da tarde no Teatro. O obxectivo pasa por difundir os resultados das prospeccións realizadas no galeón afundido na ría ribadense hai catro séculos.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “continuando coas accións levadas a acabo dentro do proxecto Retornos do pasado para o estudo e difusión da cultura marítima de Ribadeo, o Concello organiza a charla, Un galeón na ría de Ribadeo, novos achádegos e perspectivas, impartida polo Doutor Miguel San Claudio e onde darán a coñecer o resultados das prospeccións realizadas na ría dende o inicio do proxecto. Terá lugar o día 26 de agosto ás 20 horas no Teatro de Ribadeo”.
O edil ribadense...
leer másA casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle de 1 a 4 de agosto unha nova edición das xornadas de historia de Foz organizadas pola asociación A Pomba do Arco desde fai 25 anos.
A programación das xornadas deste ano é a seguinte:
Os portos de Foz
Xoán Ramón Fernández Pacios.
Luns 1 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
A primeira guerrilla antifranquista na Mariña
Eliseo Fernández e Dionisio Pereira
Martes 2 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
A masonería na Mariña
Martín Fernández Vizoso
Mércores 3 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña.
Francisco Rodríguez Sanchez.
Xoves 4 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
O vindeiro 9 de xullo terá lugar ás 11.30 na Casa da Cultura de Foz a conferencia “A minaría aurífera romana”, organizada polo Concello de Foz e maila asociación Mariña Patrimonio. Esta conferencia, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, correrá a cargo do arqueólogo especialista en minería romana, Iván Álvarez Merayo, que tamén fará de guía na visita programada á mina de ouro romana da Espiñeira. A visita á antiga explotación mineira arrancará ás 17.00 dende o Campo da Feira de A Espiñeira.
A Mariña luguesa é unha zona rica en explotacións mineiras antigas, lamentablemente pouco coñecidas e escasamente estudadas. Unha mostra da existencia destas explotacións auríferas na Mariña son as dúas minas romanas localizadas pola asociación Mariña Patrimonio no ano 2013 na desembocadura do Masma. Concretamente, unha...
leer másO 29 de xuño terá lugar unha charla sobre a endometriose. Será no salón de actos da Escola de Música de Ribadeo ás 20 horas. Está organizada pola Concellaría de Igualdade, o CIM e a asociación QuerENDO.
Dende a Concellaría de Igualdade explican: “continuamos coa campaña de difusión e concienciación sobre a endometriose para sensibilizar á sociedade desde unha perspectiva social, integral e de xénero, apoiando o traballo que fan asociacións como QueENDO coas mulleres afectadas”.
E engaden: “o salón de actos da Escola de Música de Ribadeo acollerá ou vindeiro mércores, 29 de xuño, o faladoiro Endometriose, a epidemia oculta, da man de Cristina Fernández Feijoo, presidenta de QuerENDO, a asociación galega sen ánimo de lucro que procura visibilizar a casuística desta enfermidade crónica. O faladoiro explicará, entre...
leer másRibadeo acollerá os días 25 e 26 de xuño as I Xornadas Etnográficas da Mariña (Música, Baile e Traxe Tradicional Galego) que coorganizan a asociación Tecedeira e a Concellaría de Cultura. O evento foi presentado na Casa do Viejo Pancho por Xacobo Ares e por Pilar Otero.
A edil ribadense dixo que “cando viñeron presentarnos o proxecto de Tecedeira de levar a cabo as primeiras xornadas etnográficas da Mariña, que teñen como espírito aglutinar a convivencia de todas as agrupacións e asociacións da Mariña, nos dubidamos en apoiar esta idea que nace en Ribadeo e que pretende espallarse por toda a comarca. Sempre tecer fíos e procurar a unión do tecido asociativo parece unha moi boa idea. E se por riba parte de persoas de Ribadeo, como non podía ser doutra maneira, desde o Concello impulsámola dentro das nosas posibilidades”.
... leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza, coa colaboración do Concello de Ribadeo, a vixésima edición das Xornadas de Historia do Local que se desenvolverán os días 16 e 17 de xuño. Intervirán como relatores: Alberto Paraje Méndez e Eduardo Gutiérrez, que abordarán diversos aspectos do arquivo municipal ribadense. As Xornadas foron presentadas polo presidente de Francisco Lanza, Farruco Graña, e polo concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, que estiveron acompañados por Dores Fernández, vogal da devandita Agrupación Cultural.
Farruco Graña dixo que “un ano máis nos xuntamos en Ribadeo toda a veciñanza para celebrarmos as Xornadas de Historia do Local que organiza a Agrupación Cultural Francisco Lanza e, se o ano pasado celebramos o cincuenta aniversario da nosa agrupación cultural, nesta ocasión estamos de...
leer másO claustro do mosteiro de San Salvador, en Vilanova de Lourenzá, acollerá o 18 de xuño, sábado, a partir das 12 do mediodía a segunda xornada dedicada a Francisco Fernández del Riego, actividade que organiza a asociación Patrimonio Laurentino coa colaboración do Concello de Lourenzá. Na presentación participou a alcaldesa, Rocío López, con representantes do colectivo promotor desta iniciativa.
Na xornada intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, que ofrecerá unha charla titulada Fernández del Riego, editor, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, que falará sobre Fernández del Riego e a Universidade. Para esta actividade a asociación Patrimonio Laurentino conta coa colaboración de Xosé López González, coñecido como Pepe de Celeirao, que é un veciño de Lourenzá licenciado...
leer másOs días 18 e 25 de xuño terán lugar en Mondoñedo as XV Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”.
No auditorio Pascual Veiga será o 18 ás sete da tarde a Xornada sobre a historia e o patrimonio en Mondoñedo, o seu estudo e posta en valor. E o 25 a Xornada estará dedicada á emigración e á tradición da peregrinación xacobea en América.
Xa do 26 de xuño, domingo, pola mañá e pola tarde haberá romaría na área recreativa de A Fervenza de Viloalle.
A cita está organizada pola asociación Abrindo Camiño, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Mondoñedo.