Charlas
A cuarta edición das Xornadas da Terra de Miranda, actividade que organiza o colectivo Nova Escola Galega coa colaboración da Deputación de Lugo, celebrarase na Casa da Cultura da Pontenova os días 10 e 11 de novembro de 2023, venres e sábado.
Son uns encontros de debate sobre o medio rural que nesta ocasión titúlanse ‘Bebendo do pasado marcamos o rumbo do presente’.
O vindeiro luns, 11 de setembro, chega a Alfoz a actividade denominada Enredando. Esta iniciativa da Cruz Vermella ofrecerá información ás persoas interesadas sobre o uso das novas tecnoloxías.
O Concello de Alfoz explica que “entre as 11 e as 14 horas poderás achegarte para coñecer os usos da aplicación da banca electrónica, pedir cita no médico a través do móbil, aprender a usar o navegador, whatsapp ou calquera aplicación de interese”. Será no aparcamento ao lado da Casa do Concello e en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura.
Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono gratuíto 900.825.030 no Concello de Alfoz.
O 16 de setembro, sábado, terá lugar en Alfoz unha xornada micolóxica con degustación gastronómica. É unha actividade dentro das accións de promoción da Reserva da Biosfera Terras de Miño da que Alfoz forma parte.
O Concello de Alfoz explica: “organízase unha saída ao campo interpretativa e de introdución á identificación de especies na que, ademais, se ensinarán boas prácticas do recolector, divulgando así cal é o uso e disfrute apropiado e sostible deste importante recurso. Ademais de identificar e colleitar, explicarase o valor dos fungos no medio natural e para os seres humanos. Jesús Blanco García, micólogo e presidente da Asociación Amigos das setas Os Bolouros -colectivo que leva en activo desde 1978 difundindo o mundo dos cogomelos a través de numerosas colaboracións con centros educativos e concellos para dar a coñecer a micoloxía...
leer másNordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, fiel ao seu compromiso coa recuperación da Memoria Histórica, organiza unha nova edición das Xornadas “Memoria dun Tempo” que incorpora algunhas novidades.
A primeira delas é que se incorpora Loiba, parroquia do concello de Ortigueira, como sede das Xornadas acompañando a O Vicedo e ao Barqueiro, onde se teñen celebrado a dúcia de edicións anteriores, sendo o local do Centro Social desa localidade o espazo escollido para acoller os actos que se celebrarán mércores 23 e venres 25 do corrente mes.
Para o primeiro destes días, é dicir, mércores 23 e ás 19:30 hras, contaremos coa presenza de Jesús Manuel García Díaz, Historiador e Director da UNED de Ourense, quen nos achegará no seu relatorio o que foi o proceso de “depuración” que o franquismo levou a...
leer másOrganizadas pola agrupación cultural Francisco Lanza as XXI Xornadas de Historia Local terán lugar os días 27 e 28 de xullo ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Música.
Xoves 27, ás 20,30
Charla informativa: Os usos do monte ao longo do s.XX
Xosé Antonio Meixide Fernández. Funcionario da Consellaría de Medio Rural.
Foi asesor na Dirección Xeral de Montes cando o goberno bipartito.
Venres 28, ás 20,30
Mesa redonda: Presente e futuro dos usos do monte.
Ana Cabana. Profesora de Historia no Campus de Lugo da USC.
Usos do monte e conflitividade social.
David Soto Fernández: Profesor de Historia Económica na USC.
Novas perspectivas nos usos do monte: o caso do Barbanza.
Anxo Martíns Pérez. Foi profesor de Administración de empresas no IES Porta da Auga....
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, unha nova edición das xornadas de historia de Foz. As conferencias celébranse entre 31 de xullo e 3 de agosto a partir de 20:30 horas.
O 31 de xullo ás 20:30 Antón Niñe falará do escultor Xosé Rivas e a súa relación con Foz e A Mariña.
O 1 de agosto ás 20:30 Alexandre Vigo falará de San Martiño, Mailoc e o mosteiro Maximum.
O 2 de agosto ás 20:30 Xavier Rivera disertará sobre a II Guerra Mundial na comarca da Mariña.
E o 3 de agosto ás 20:30 Alba Díaz falará de motíns e as revoltas na Mariña do século XIX.
Vivemar convida a tódolos colectivos da Mariña que teñan algún tipo de relación co mar e interese polo seu patrimonio a asistir ao encontro de traballo que terá lugar o vindeiro 22 de xullo en Foz.
O obxectivo fixado no anterior encontro foi avanzar na definición e realización dun Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego, para o que se artellan tres mesas de traballo segundo a temática, unha para embarcacións, outra para o patrimonio construído e a outra para o inmaterial, é dicir, a memoria das persoas vivas que viviron do e para o mar.
Quen desexe inscribirse deberá cumplimentar o seguinte formulario
https://docs.google.com/forms/d/e/...
leer másO Foro Social da Mariña organiza unha mesa redonda sobre feminismo e inmigración en Viveiro. Será o 13 de xullo ás 20 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro.
Nesta ocasión contarán coa presenza de con Lucía Oca González, antropóloga, docente e investigadora na USC, como moderadora da mesa redonda. Tamén, terá relatadoras especialistas en ambos temas como son Uxía Treitas Barrio, graduada en Belas Artes, do Observatorio da Mariña e Josehanna Ledesma, técnica de Accem no proxecto SINRACXEN (programa de sensibilización contra o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia asociadas).
“Nestes tempos de medranza dos discursos de odio, do maniqueísmo e do populismo, no que se están a cuestionar de xeito despectivo e agresivo valores e dereitos”, declaran dende o Foro Social da Mariña. E insisten en que...
leer másO Foro Social da Mariña quere ser un lugar de encontro, de intercambio de experiencias e de debate sobre as necesidades sociais. É unha entidade cívica que traballa a prol dos valores democráticos e dos dereitos sociais.
A asociación constituíuse o 25 de novembro de 2022 e ficou inscrita no rexistro de asociacións o 15 de decembro. A partir desta data comezan as reunións e encontros destinados a programar actividades e actos acordes aos seus fins.
A directiva a integran desde o 25 de novembro as seguintes persoas: Xusto Fernández Haro ( Presidente ), Isabel Vilalba Seivane ( Vicepresidenta ), Manuel Parga Núñez ( Secretario ), Xosé Luís Fernández Rivera ( Tesoureiro ), e Carlos Nuevo Cal, Xosé Lois López Rábade, Antonio Villarino Rego e Xoel Geada Geada como vogais.
Na actualidade integran o Foro unhas 50...
leer más