Charlas
Organizadas polo Concello de Xove e financiadas con fondos destinados ao desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en mateira de violencia de xénero.
17 de decembro.- COMO LLE FALO DISO?
Aprendendo a abordar a educación sexual das crianzas. Esta xornada dirixida a pais, nais e persoas interesadas, terá lugar o día 17 de decembro, de 18:30 a 20:30 horas, na Sala de Formación. Impartida por Martina González Veiga.
7 de xaneiro.- LECER EN IGUALDADE
A igualdade de xénero e prevención de violencias machistas no lecer e tempo libre. Dirixida ao monitorado de actividades e persoas interesadas. O día 7 de xaneiro de 17:00 a 20:00, na Sala de Formación. Impartida por Arabías S. Coop. Galega.
As persoas interesadas poden anotarse e solicitar máis información na OMIX (tfno: 982 571 816). As...
O vindeiro luns, 25 de novembro, terá lugar ás 13:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura unha Xornada sobre Dixitalización e Transformación Dixital, na que se abordarán cuestións como a dixitalización, ferramentas dixitais, e-tícket, sistema integral de xestión Sicomercio, etc., e outros temas que resulten do interese dos comerciantes neste ámbito.
Desde a directiva de ACIA/CCA de foz “consideramos que vai ser una charla moi interesante é importante porque o tícket electrónico acabará sendo obrigatorio”.
A Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, permite aos comercios e aos seus clientes substituír o tícket tradicional impreso en papel por un sistema dixital, moderno, eficaz e fiable. Para os clientes/comercios, supón coñecer o estado e garantía das súas compras/vendas, evitando os inconvenientes do tícket...
leer másA Casa da Cultura de Foz acollerá os catro xoves de novembro ás 20:30 horas un ciclo de charlas médicas organizado polo Concello focense.
A concelleira de Sanidade, Verónica Peña, explica: “quixemos que abarcaran todas as idades, desde a nenez ata a madurez e a vellez. Por iso cada xoves vai ir un especialista en cada idade: para a nenez ven un pediatra, para a adolescencia ven unha psicóloga, para a madurez ven un xinecólogo e para a vellez temos un xeriatra, pois aínda que no hospital de Burela non hai xeriatra consideramos que é un especialista importante para os problemas que son comúns a todos os maiores”.
Verónica Peña engadiu que “puxémolas ás oito e media da tarde porque cremos que é unha hora na que a xente vai saíndo do traballo e pode acudir antes de ir para a casa. Esperemos que lles guste a todos”....
leer másA vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, e o presidente de Nova Escola Galega (NEG), Xosé Lastra, presentaron esta mañá as III Xornadas da Terra de Miranda, un encontro de debate sobre o medio rural organizado pola asociación pedagóxica coa colaboración da Área de Cultura que se celebrará os vindeiros 25 e 26 de outubro no Centro Sociocultural Avelino Díaz de Riotorto.
O programa inclúe relatorios e mesas redondas a cargo de diferentes persoas e colectivos do eido educativo, económico e social da Terra de Miranda -Riotorto, A Pontenova, Meira e Trabada- que exporán as súas experiencias e iniciativas en relación co desenvolvemento rural.
No cartel da xornada, destacan as conferencias de Narciso de Gabriel, catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña e autor de investigacións sobre a...
leer másO auditorio da Casa da Cultura acollerá mañá, martes, ás 17:30 horas, unha charla sobre a prevención da gripe que contará coa intervención dos facultativos Raquel Barbosa e José Manuel Suárez, médicos preventivistas dos hospitais Lucus Augusti e Público da Mariña, respectivamente.
A charla está organizada polo Centro de Saúde de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo e dos Servizos de Medicina Preventiva do HULA e do Hospital Público da Mariña.
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha xornada informativa o 7 de outubro sobre telefonía móbil e internet.
A actividade desenvolverase o vindeiro luns, 7 de outubro, en horario de 12:00 a 13:30 horas mediante o sistema de videoconferencia. Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Instituto Galego de Consumo.
Na charla abordaranse os principais conceptos que se deben manexar e ter en conta na contratación, a relación coas compañías de telefonía móbil e os diferentes servizos ofertados por estas, como internet, datos, tipos de tarifas e permanencia, entre outros aspectos. Tamén se afondará nos dereitos en materia de consumo e analizaranse as principais reclamacións de telefonía móbil e internet ademais de como...
leer másA asociación Nordés Faladora organiza a segunda edición das Xornadas de Enerxías Renovables que se desenvolverán os días 27 e 28 de setembro. Nas mesmas abordarase o estado do sistema eléctrico español, o impacto que sufrirá polo autoconsumo fotovoltaico, o regulamento do autoconsumo de enerxía eléctrica e o cambio climático.
O venres 27 ás 19:30 horas no Abeiro de Mañón ofrecerá unha charla o doutor Eduardo Lorenzo Piqueras, catedrático da Universidade Politécnica de Madrid e profesor de enerxía solar fotovoltaica.
O sábado 28 ás 11:30 horas haberá unha visita á casa de Eduardo para ver o funcionamento dun sistema de calefacción/auga quente sanitaria mediante enerxía solar térmica con respaldo dunha caldeira de biomasa. Alí tamén falará do funcionamento dos muíños de auga e toda a tecnoloxía que significaban. ...
leer másO vindeiro 3 de outubro terá lugar a segunda charla-coloquio do Foro Económico da Mariña. A cita estará centrada en Alcoa. O título elixido é A Mariña sen Alcoa. Ameaza ou oportunidade.
A mesa de análise terá lugar na Casa da Cultura de San Cibrao ás 19:30 horas. Contará coa participación dos alcaldes de Barreiros, Burela e Cervo, Ana Ermida, Alfredo Llano e Alfonso Villares, respectivamente, e estará moderada pola periodista Carmen Cruzado.
Desde o Foro Económico da Mariña explican que “con esta charla no Foro Económico da Mariña retomamos a actividade despois do verán, tratando un tema de actualidade para a nosa comarca, como é o risco de que peche a principal industria que temos nesta zona, coas consecuencias que para a nosa economía levaría apegadas pola destrución de miles de postos de traballo”.
O...
leer másAs Xornadas Diversidade Étnico-racial, serán a primeira cita do outono que convoca o Observatorio da Mariña pola Igualdade. Terán lugar en Burela do 13 de setembro ao 4 de outubro e inclúen catro charlas/obradoiro co obxectivo de analizar e debater temas de xénero, interculturalidade e historias da vida que afectan ás mulleres racializadas así como a presentación do libro “Mulleres negras na ciencia” nos IES Monte Castelo e O Perdouro para dar visibilidade ás mulleres negras e afrodescendentes que fixeron historia na ciencia coas súas achegas.
Para o desenvolvemento das xornadas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade contará coa colaboración de Zinthia Alvarez Palomino, xornalista, membra de Afrogalegas, impulsora do proxecto Mulleres negras que cambiaron o mundo e autora do libro "Mujeres negras en la ciencia" así como con Jeane Costa...
leer más