Charlas
22/02/2016
O día 24 de febreiro, con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o Concello de Viveiro, a través da súa Concellaría de Cultura, Muller e Xuventude, organizará un acto para conmemorar esta data.
O acto, que terá lugar no sala multiusos da Casa do Concello, ás 20.30 horas, iniciarase cunha charla a cargo de Sabela Barcón, profesora do IES María Sarmiento, que versará sobre a vida de Rosalía de Castro.
A continuación, terá lugar unha pequena actuación de poesía e música, na que David Bellas, artista, músico e profesor do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, interpretará diversas pezas musicais e na que se lerán poemas da escritora.
... leer más 19/02/2016
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre o infarto de miocardio a cargo do cardiólogo Ramón Ríos Vázquez, que exerce no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), de Lugo. Será o día 25 deste mes, xoves, ás oito e media da tarde.
A alcaldesa, Rocío López García, anunciou hoxe que este acto “organízao o Concello de Lourenzá en colaboración coa Federación Veciñal Lucus Augusti. A charla terá como tema principal o infarto de miocardio e será impartida polo doutor Ramón Ríos Vázquez, cardiólogo do HULA e membro do equipo do doutor Carlos Juanatey”.
A rexedora municipal engadiu que na charla “abordaranse cuestións moi...
leer más 12/02/2016
A Delegación Municipal de Igualdade e catro asociacións do municipio de Cervo (Mulleres de San Ciprián, Mulleres en Igualdade, Mulleres Rurais As Espalladoras e Alborada) organizan diversos actos para conmemorar o Día Internacional da Muller o vindeiro 5 de marzo, sábado. O programa de actividades foi presentado hoxe pola concelleira de Igualdade, Pilar Armada, e representantes dos catro colectivos.
Os actos empezarán na Casa do Mar, de San Ciprián, ás 17:30 horas cun Café Bombón. Ás seis da tarde haberá unha charla sobre Dinámicas para mellorar a calidade de vida, que será impartida por Reyes Quelle. A continuación, ás 19 horas, terá lugar unha demostración de taichí a cargo da asociación Alborada. Posteriormente as actividades...
leer más 08/02/2016
“Desafiando os Límites” é o título da charla que o espeleólogo Xesús Manteca ofrecerá este venres, día 12, en Foz.
Xesús Manteca é espeleo-buceador, traballou no programa televisivo “Al Filo de lo Imposible” e na actualidade participa activamente nas exploracións do Pozo Azul, unha das máis emblemáticas cavidades do mundo sita na provincia de Burgos.
O espeleólogo impartirá ademais unha charla de iniciación á espeleoloxía para os alumnos do Colexio Martínez Otero de Foz o mesmo venres pola mañá.
A conferencia de Xesús Manteca terá lugar este venres, día 12, ás oito e...
leer más 28/01/2016
Nordés, a asociación polo desenvolvementos das Terras da Faladora sigue incorporando novos contidos ás súas actividades. Nesta ocasión levará adiante unhas xornadas adicadas a un dos productos polos que Galiza ten sona: a pataca, centrándose nun dos meirandes problemas que sofre este tubérculo: a praga da couza, e dende a perspectiva dos labregos do século XXI, aqueles que están comprometidos coa agricultura ecolóxico sin esquecer a tradición.
As xornadas terán dous actos diferenciados, sendo o primeiro o venres, 29 de xaneiro, no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, e consistirá nunha charla informativa na que compartirán micrófono os labregos Henrique Puentes e Quique Fojón coa técnica da Oficina Agraria Comarcal de...
leer más 19/01/2016
Desde Librería Bahía sinalan que "todos os interesados e interesadas no antigo arte do tarot ou todas as curiosas e curiosos que vos chame a atención este tema, tedes unha cita este xoves, 21 de xaneiro, ás oito e media da tarde na Librería Bahía con Xabier Grandío que nos dará unha charla didáctica titulada O tarot, historia e natureza".
24/11/2015
A vindeira fin de semana, remata o ciclo de conferencias sobre “A loita anfascista na Galiza”, organizadas pola Concellaría de Cultura que dirixe Eduardo Chao.
Nesta ocasión tócallle o turno a Manuel Monge que pronunciará a conferencia que levará por título “A recuperación da memoria democrática. A historia secuestrada polo franquismo”.
O acto será o vindeiro sábado, 28 de novembro, ás 20:00 horas no salón de actos do centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade Manuel Lourenzo de O Valadouro. A entrada, como de costume, é de balde.
23/11/2015
O vindeiro venres, 27 de novembro, terá lugar no Museo Ortegalia unha conferencia impartida por X. Carlos Breixo que leva por título "Narciso Luaces Pardo, o home e a súa obra". Será a partir das oito da tarde, segundo informa a asociación Nordés Faladora.
A actividade está enmarcada dentro do programa que OLD dedica a Narciso Luaces.
11/11/2015
La galería ribadense Terra Branca acogerá el próximo martes, 17 de noviembre, a las 19 horas una conferencia de la artista Mariangel Leal Segura titulada El color está debajo de mi sombrero. Arte y creatividad.
Mariangel Leal Segura empieza a estudiar dibujo y pintura con el maestro Tárrega en Barcelona a los doce años, para continuar estudios en la Facultad de Bellas Artes de Sant Jordi. Es biznieta del pintor José Segura, nieta del pintor Antonio Segura y sobrina del prestigioso artista especializado en marinas, Jorge Núñez Segura.
La artista, de la que pueden verse varias de sus obras en Terra Branca, ha participado en numerosas exposiciones colectivas e individuales en España, Alemania, Francia o Arizona: Club Náutico de Santa Ponça (Mallorca) 1988; Club Náutico de Santa Ponça (Mallorca) 1989; Real Club...
05/11/2015
A XV edición do ciclo de charlas médicas organizado polo Concello de Foz coa colaboración do Hospital da Costa celebrarase os días 12, 19 e 26 deste mes e abordará temas sanitarios de actualidade, como as reaccións alérxicas graves, os coidados paliativos e a automedicación. O ciclo, que se desenvolverá en tres sesións ás 20 horas na Casa da Cultura focense, foi presentado hoxe polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira; a concelleira de Consumo e Sanidade, Silvia Blach Cuesta; a xerente executiva do centro hospitalario de Burela, Carmen Durán Parrondo; e a subdirectora médica, María José Cortés.
O rexedor municipal anunciou que “un ano máis a Concellería de Consumo do Concello de Foz, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (Omic), organiza as charlas...
leer más












