Charlas
O Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá o vindeiro día 18 de marzo, ás 20 horas, unha xornada sobre a vespa velutina. Nesta charla explicarase como comportarse ante a presenza da vespa, a súa vixiancia e control e tamén haberá unha demostración da elaboración de trampas. O acto esta organizado polo Sindicato Labrego Galego, Asociación Galega de Apicultura e o Concello de Mondoñedo.
A Concellería de Educación de Lourenzá ven de organizar unha conferencia para o vindeiro martes, 27 de xaneiro , en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo. A charla será impartida por persoal das Forzas Armadas Españolas e cumprirá un dobre obxectivo: informar aos veciños de Lourenzá sobre cales son as labores que as Forzas Armadas están a levar a cabo por todo o mundo e fomentar o acceso dos mozos laurentinos a este corpo, promovendo unha saída laboral para a xuventude do concello. A conferencia impartirase ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello.
A concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, explicou que "vimos de organizar unha charla, en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo, na que tratamos de difundir a labor das Forzas Armadas Españolas. Basicamente...
leer más












