Deportes
22/08/2016
A quinta etapa da Vuelta Ciclista a España pasará polas principais rúas de Ribadeo este mércores, 24 de agosto. Por este motivo haberá restricións no tráfico rodado entre as 13:30 e as 15:30 horas, segundo comentou no día de hoxe o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor dixo que “para esta quinta etapa da volta ciclista, entre Viveiro e Lugo, que vai pasar tamén por Ribadeo, desde o Concello quixemos que o fixera polo centro da vila. E iso se cadra é importante, é moi vistoso, pero vai traer tamén unha serie de restricións no tráfico e no acceso ás rúas principais, dado que o pelotón entra pola avenida da Ría de Ribadeo e logo vai por toda a travesía (avenida de Galicia, de Asturias, etcétera), polo que desde as 13:30 horas ata as 15...
leer más 22/08/2016
Este vindeiro mércores día, 24 de agosto, rematan as actividades de mércores de natureza por este verán. Neste caso a actividade será o descenso en kayak do Río Sor, unha actividade que se organiza cada verán porque nos permite dar a coñecer o Río Sor e parte da Ría desde dentro. Nesta ruta, que dura unhas 2 horas, os participantes poderán observar os seguintes puntos de interese: O entorno de Ribeiras do Sor (o punto navegable máis alto do Río), á área recreativa de Ribeiras do Sor, a Illa de S. Martín, as pontes sobre o Río Sor, a paia de Arealonga e o porto do Vicedo. A Actividade está pensada para poder ser realizada por un abano amplo de idades, desde xente moi maior ata nenos a partir de 7-8 anos. Outra opción interesante é que os kayaks vaian ocupados por un neno e un adulto. A ruta desenvólvese a un...
leer más 19/08/2016
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañados de representantes da Liga de Traiñeiras; presentaron este xoves no salón de plenos deste concello mariñán a IV Bandeira A Mariña, última proba puntuable do campionato galego de traiñeiras. O organismo provincial colabora na organización deste evento, que atraerá a preto dun millar de persoas á Mariña durante a última fin de semana de agosto,cunha achega económica de 18.000 euros.
Rivera Capón sinalou que “esta cuarta edición da Bandeira A Mariña será sen dúbida a máis importante dos últimos anos xa que, a diferenza doutras edicións, a puntuación dos participantes que van á cabeza é moi similar. Isto fará que o gañador da Liga Galega de...
leer más 18/08/2016
O Freixo dos Lobos e o Concello de Alfoz organizan para o sábado día 20, a ruta da Pena Abaladoira.
A saída en bus desde o Castelo do Castrodouro será ás 9:00 horas cara O Pereiro desde onde comezará o ascenso a pé á Pena Abaladoira. O regreso está previsto para as 13:00 horas.
O prezo é de 5 euros para adultos e 3 euros para menores de 18 anos. As prazas son limitadas e a reservas poden facerse ata o venres 19, nos números de teléfono 982 558 578 ou 666 372 403.
No trazado do percorrido cunha lonxitude de 8 quilómetros e dificultade media, os participantes poderán gozar...
leer más 17/08/2016
A Volta Ciclista a España cruzará toda a vila o vindeiro día 24. O horario previsto é para as 13:30 horas e entrará en Burela pola estrada de San Ciprián.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, dixo que “a etapa vai comezar en Viveiro e vai cruzar moitos concellos da Mariña”.
O rexedor burelés asegurou: “estou moi satisfeito como alcalde de Burela porque a nosa reclamación foi desde un principio que a Volta pasase pola nosa vila xa que sabíamos que ía pasar pola Mariña. Queríamos que cruzase o noso concello e a nosa vila. Ademais logramos que sexa por unha zona cun percorrido que vai favorecer moito á espectacularidade da Volta”.
... leer más 16/08/2016
A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o vindeiro sábado, 20 de agosto, a 8ª Etapa do Camiño Norte de Santiago, dende Miraz a Roxica, de 14 quilómetros.
A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo será de 12 € para os socios e de 15 € para os que non o son. Inclúe autobús máis seguro. Hai que levar comida.
Para poder participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do venres 19 de agosto ás 15:00 horas.
11/08/2016
Esta fin de semana terá lugar a XI edición da Concentración de Kaiaks de mar praia das Catedrais organizada polo club de piragüismo Altruán coa colaboración do Concello de Ribadeo. Nas probas que se desenvolverán durante o sábado e o domingo participarán preto de medio centenar de palistas.
O concelleiro de Deportes, David Rivas, subliñou na presentación celebrada na tarde de onte no Concello que “son uns días que non son unhas xornadas deportivas ao uso pensando en xornadas deportivas como xornadas competitivas, senón que son máis unhas xornadas de convivencia entre persoas de moi diferentes idades e vidas de diferentes latitudes que teñen en común a paixón polo kaiak e a paixón polo mar. Unha paixón que en Ribadeo entendemos...
leer más 09/08/2016
La ACD Xove organiza para este jueves, 11 de agosto, una quedada nocturna denominada O Camiño das Estrelas-Perseidas 2016.
A partir de las 22:30 horas la ruta nocturna parte del Portiño de Portocelo en Xove para subir andando al monte O Castelo (Punta Roncadoiro). Desde allí se observará la lluvia de estrellas fugaces Perseidas o Lágrimas de San Lorenzo.
La ruta tiene un trayecto de ida y vuelta de 5 kilómetros, muy fácil y apta tanto para niños como para adultos. Será necesario linterna o frontal de luz y no se precisa inscripción previa simplemente estar en el Portiño de Portocelo a las 22:30 horas.
06/08/2016
A oitava edición da carreira popular de Foz celebrarase o día 14 deste mes, domingo. Na presentación deste evento deportivo participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, xunto cos organizadores, do colectivo Run Foz Run.
O responsable da organización, Manuel Eiras, explicou que “é unha iniciativa que xurde da idea de que en Foz e no resto da Mariña hai moita xente á que lle gusta o atletismo. É un evento que parte das bases do deporte e da vida saudable e que todo o mundo, desde o máis pequeno ata o máis maior, poida participar correndo neste tipo de probas deportivas”.
Manuel Eiras engadiu que “a carreira está organizada para o día 14 de...
leer más 04/08/2016
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para este domingo, 7 de agosto, a ruta da Espiñeira a Cazolga. Invitados pola asociación Terras de Lourenzá fan este percorrido de 12 quilómetros e dificultade media-baixa, que permite gozar do curso do río Masma dende a ría ata a contorna da área recreativa da Cazolga.
O prezo para os socios é de 10 euros e de 15 euros para os que non o son, inclúe autobús e comida. A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.
Ao remate da camiñata terá lugar unha churrascada na área recreativa da Cazolga organizada por Terras de Lourenzá, e pola tarde haberá música e xogos.