Eventos
27/04/2016
O 5 de maio ás 20:30 horas terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro o recital "Viveiro de Poemas".
Nel intervirán Patricia Álvarez, Adrián Ben, Moncho Bermúdez, Flor Chao, Andrés Díaz, Xoel Eijo, Alba Fernández, Suso Fernández, Margaret Licklider, Cristina L. Felipe, Teresa Penabad e Xosé M. Vázquez “Leman”. Nas actuacións musicais terá lugar a estrea da peza Sete pétalos de rosa, homenaxe a Manuel María, da que é compositor David Catá e interpretarán ao violín Juan Cabalar e ao piano o propio David Catá. Tamén intervirá o Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e proxectarase un vídeo de Abella Albo.
Nesta...
leer más 27/04/2016
Este xoves, 28 de abril, conmemoran en Xove o Día Internacional da Danza cunha serie de actuacións que terán lugar no Pavillón Municipal entre as 12:00 e as 13:30 horas.
Actuarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a Asociación Cultural Saiñas de Xove, o grupo cadete da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove e a Escola de baile deportivo Gold Dance. Ademais dos organizadores o IES Illa de Sarón e o IES Marqués de Sargadelos, tamén asistirá alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove e dos CEIP de Cervo e San Cibrao.
Colaboran con esta actividade as Concellerías de educación dos Concellos de Xove, Cervo e Ribadeo.
...
27/04/2016
Este venres, 29 de abril, da comezo en Xove a Festa das Flores que organiza a Aciam. O amplo programa de actividades que se desenvolverán durante os dous días de festa arrinca co pregón de Roberto Vilar e seguirá con verbenas, mercado, xantar popular, música, teatro e interesantes sorteos.
O programa da Festa das Flores dará comezo o venres, día 29, en Chao da Aldea co pregón que pronunciará o presentador e actor xovense Roberto Vilar, a partir das 20:30 horas. Haberá o Venres de tapeo nos locais hostaleiros, que estará dedicado á Festa das Flores. Ás doce da noite terá lugar o sorteo presencial do tapeo do mes de abril, que presentará tamén Roberto Vilar e a continuación concerto de Joni Ramos, presentando o novo espectáculo The...
leer más 26/04/2016
O Concello de Foz, a través da Concellería de Medio Rural, organiza unha excursión á Feira do Aceite de Quiroga para o día 8 de maio, domingo.
O prezo para participar é de 25 euros e inclúe comida na feira, visitas a partir das 17 horas ao Museo Etnográfico de Quiroga e ao Museo Xeolóxico Municipal.
Os interesados e interesadas poden anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz, que está na Casa do Concello, ou chamando ao teléfono 982.140.027. O número de asento será por orde de inscrición.
23/04/2016
Os actos da XXXIII do Día do Xubilado, que organiza o Concello de Cervo, contarán con 600 participantes. As actividades desenvolveranse o día 1 de maio, domingo, en San Ciprián.
A concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, anunciou que “as 600 persoas anotadas poderán participar nos seguintes actos: ás 13:15 horas haberá unha misa no pavillón municipal, cantada pola coral Terra Mar; ás 14:30 empezará a sesión vermú amenizada por un grupo musical, que terá lugar na Praza dos Campos, onde está instalada unha carpa para o xantar, que se celebrará ás 15 horas. Despois haberá actividades como a elección do solteiro e a solteira de ouro, sorteo de agasallos e baile”.
21/04/2016
Mondoñedo celebrará a súa tradicional Feira e Festa das Quendas a fin de semana do 29 ao 1 de maio, entorno a un programa que nesta edición unifica a tradición das festas (Feira Tradicional de Gando Cabalar, Festa da Empanada, Xornadas da Carne do Poldro Galego) cunha ampla oferta cultural e literaria coa inclusión da actividade, entre outras, Mondoñedo é Poesía.
As Quendas 2016 comezarán o venres 29 de abril co pregón do escritor e músico galego, Cesar Morán Fraga, no Auditorio Municipal Pascual Veiga, ás 20:15 horas; trala recepción oficial no Concello.
O cabalo, o gran protagonista
O sábado 30 de abril, o...
leer más 21/04/2016
Os días 29 e 30 de abril o Concello organiza, en colaboración coas asociacións Pena Tallada e Francisco Lanza, unhas xornadas arredor do Camiño de Santiago. Titúlanse Ribadeo no Camiño, presente e futuro.
Desde a Concellaría de Turismo explican que “aproveitando que o ano 2016 está dedicado ao Camiño Norte e Primitivo, logo de ser declarado Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO, queremos salientar a importancia cultural e socioeconómica deste recurso inmaterial para a nosa vila”.
Ano a ano, a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio constata “unha maior afluencia de camiñantes na nosa vila. Son persoas soas ou acompañadas,...
leer más 18/04/2016
Todo está listo en Xove para a celebración da Festa das Flores a finais deste mes, os días 29 e 30.
O programa dará comezo o venres en Chao da Aldea co pregón que pronunciará o presentador e actor xovense Roberto Vilar, a partir das 20:30 horas. Haberá o Venres de tapeo nos locais hostaleiros, que estará dedicado á Festa das Flores. Ás doce da noite terá lugar o sorteo presencial do tapeo do mes de abril, que presentará tamén Roberto Vilar e a continuación concerto de Joni Ramos, presentando o novo espectáculo The show must go on. A primeira xornada deste evento festivo rematará coa verbena amenizada por Cronos Band, de Xove.
En Chao da Aldea o...
leer más 18/04/2016
Hoxe, luns, ábrese o período de inscrición para participar no Día do Xubilado, que organiza o Concello burelés.
A edil de Servizos Sociais, Patricia Otero, explica que “esta celebración, que será o 8 de maio, dará comezo ás 12:30 horas na Casa da Cultura coa recepción ás/aos xubiladas/os asistentes, para posteriormente celebrar o xantar, ás 14:30 horas no pavillón municipal”. A concelleira socialista subliña que “ata esta instalación municipal, aquelas persoas que o precisen ou así o decidan, poderán subir no servizo de autobús que se habilitará”.
Otero engade que “a inscrición e retirada de tíckets será nas Oficinas de Información da Casa do...
leer más 14/04/2016
A cuarta edición do programa Cultura no Camino levará 15 espectáculos nos vindeiros meses aos concellos mariñáns da ruta do Norte. Este ambicioso programa está promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia e figura xa como un evento consolidado que dende o seu comezo, no ano 2013, practicamente triplicou o seu orzamento, as compañías participantes e as actuacións contratadas.
A delegada territorial, Raquel Arias, presentou hoxe este proxecto, que xirará por 24 concellos da provincia ofrecendo en total 92 espectáculos de maxia, teatro, circo e música para todos os públicos. Os concellos mariñáns participantes son Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada.
... leer más