Teatro
A Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros, en colaboración coa Oficina de Información Xuvenil, organiza para este domingo, 23 de novembro, un novo acto teatral dentro da súa programación cultural deste 2014. Nesta ocasión, a compañía Trípode acudirá ao municipio barreirense para representar a obra Apedreando. Será a partir das seis da tarde, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

O grupo Trípode, porá en escena a obra Apedreando, de Pepe Peinó. Unha comedia humorística que ten coma temática central a concentración parcelaria e os problemas que esta...
leer más
A Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá presenta unha nova actuación teatral no municipio para o vindeiro sábado 22 de novembro. Este día a partir das 8 da tarde o Grupo de Teatro de Ribadeo interpretará, no Salón de Actos da Casa do Concello, a súa obra Os Putativos. A actividade forma parte do proxecto Buxiganga, unha iniciativa cultural posta en marcha pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. O custe da entrada terá un prezo de 1 euro por asistente.

...
leer más
O Concello de Burela continua coa súa programación cultural para este outono 2014 e presenta este sábado, 15 de novembro, a obra Contos de medo que deixan durmir, á cargo da compañía A Trastenda dos Contos con Caxoto Contacontos. O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, dará comezo ás 17:30 horas horas na Casa da Cultura de Burela.

O espectáculo Contos de medo que deixan durmir é unha historia que aborda coma tema principal o medo na infancia. Para logralo, sérvese de historias que contan os propios nenos para aprender a rirse do medo e lograr converter este...
leer más





