Teatro
Esta fin de semana haberá cine e teatro na rúa en Ribadeo. Trátase dunha proposta cultural denominada Emigración. Cultura de partida, culturas de destino, que foi presentada pola concelleira de Cultura, Pilar Otero.
A edil ribadense explicou que “esta fin de semana temos unha proposta cultural co título Emigración. Cultura de partida, culturas de destino. Venres, sábado e domingo ás 22.30 horas no Teatro de Ribadeo botaremos unha ollada cinematográfica a tres países que foron obxecto de destino de migracións de galegos e galegas, por razóns económicas unhas delas ou formando parte do exército outras”.
Pilar Otero contou que “comezamos o venres con Cuba e Guantanamera, unha película dirixida por Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tubío, seguimos o sábado con México e Roma, de Alfonso Cuarón e rematamos o domingo...
leer másA Concellería de Cultura do Concello de Viveiro organiza este mes de xullo os ‘Xoves EnContados’, espectáculos de contacontos, narración oral, teatro, música e monicreques para un público infantil e familiar.
A primeira sesión do ciclo será este próximo xoves, 8 de xullo, ás 19:00 horas con ‘A máquina do tempo’, a cargo de Teatro Ghazafelhos; o 15 de xullo, Novos Lobos, de ‘Fantoches Baj’; o 22 de xullo ‘Estrafalaria’, de Atenea García, e o 29 de xullo ‘Patrimonio Cultural’, de Mamá Cabra.
“Este ano queremos que a cultura sexa segura para tod@s, estamos organizando actos culturais que chegarán a distintas partes de Viveiro, non só ó casco histórico. Comezamos con este ciclo de contos EnCONTAdos, pensados para desfrutar en familia e adicándollos os máis pequenos, para seguir fomentando a cultura dende a infancia”,...
leer másPor primeira vez nas súas nove edicións, o Festival Atlántica recala no concello de Mondoñedo, a onde levará dous espectáculos dos galegos Celso F. Sanmartín e LarraitzUrruzola. Todas as funcións son gratuítas, pero para asistir cómpre reservar previamente no teléfono da Oficina Municipal de Turismo (982 507177). As actividades son posibles grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e mais o Concello de Mondoñedo.
A primeira actividade será o xoves 1 de xullo, a partir das 21:30 horas, na Ponte do Pasatempo. Alí a voz de voz de Celso F. Sanmartíndebullará as historias que se agochan baixo o suxestivo título de ‘Cando viaxou unha lingua de lume nun carro de herba seca?’, un espectáculo dirixido ao público adulto. Serán 75 minutosna compaña duns dos narradores galegos máis recoñecidos, apaixonado da tradición oral e fervoroso...
leer másDez compañías actuarán dentro do circuíto de teatro profesional Aparte, organizado pola Vicepresidencia da Deputación en colaboración con concellos e asociacións.Trécola, Titiriterra, Mircromina Teatro, Lîlâ Teatro, Ubú Teatro, Señor López Producións, Ítaca Teatro, Pínconús Teatro baixo da area e A compañía solitaria do Dr. Monifate xirarán polas comarcas da provincia con montaxes para distintos públicos.
A programación ponse en marcha coa mesma fórmula que o ano pasado para facilitar que concellos e asociacións teñan marxe para cambios ou aprazamentos de datas, en función da situación sanitaria.
Na presentacion do circuíto, acompañada por integrantes de Ubú Teatro, Pínconús e Ítaca Teatro, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinalou que coa organización deste ciclo se “mantén o apoio á rede de...
leer másA axenda cultural desta fin de semana en Ribadeo inclúe música e teatro.
Este sábado, 26 de xuño, proxectarase unha película de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, Una viaxe tralas voces do cancioneiro. O gaiteiro e pandereteiro da Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo Xacobo Ares puxo en marcha este proxecto, chamado Tecedeira, tecendo a tradición, que recoñece o traballo da musicóloga Dorothé Shubarth así como a traxectoria de investigación en cultura musical popular de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio Costa. Con todo, a influencia máis importante tívoa na súa propia familia da man do seu tío, Francisco Ares, fundador d´Os Montes de Lugo. A actividade terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas con entrada de balde, aforo limitado e medidas covid. Ao remate da proxección haberá unha charla-coloquio coas directoras.
... leer másO vindeiro sábado, 12 de xuño, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura, dentro do programa Ciclo Gargalladas da Deputación de Lugo, o Grupo de Teatro Os Trocos, de Castro de Rei, presenta “Por un puñado de Grelos”, de Guillermo Cancelo.
A acción transcorre na Terra Cha tendo como límite xeográfico o Río Torto por unha beira e Xustás Town pola outra. Coméntase en Xustás Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os...
leer másO venres, 11 de xuño, ás 20:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga, de Mondoñedo, o espectáculo de Carmen Conde “A Aldea das Mulleres” presentado por Tarabela Creativa.
A “Aldea das Mulleres” é o novo espectáculo de Carmen Conde, que transcorre ao tempo que debulla fabas. Mentres ela vai debagando historias, con ese poder simbólico que ten "buscarse os feixóns", constrúe a aldea das mulleres con relatos das súas habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E, como fío condutor, unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como único alimento para roer en tempos da fame. Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público...
leer másO coñecido actor Serxio Pazos presenta en Alfoz o seu espectáculo Afiando con humor o día 29 de maio, sábado. Será ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.
O aforo é limitado e é necesario reservar as entradas previamente na Casa do Concello (rexistro) ou no teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o 24 ao 27 de maio.
Esta actividade cultural está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo.
O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acolle unha charla e unha representación para celebrar o Día das Letras Galegas o luns 17 de maio ás 19:00 horas.
En primeiro lugar Lionel Rexes falará sobre a vida e obra de Xela Arias e despois haberá unha representación titulada Sentido Común, con Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde.
O Concello do Valadouro destaca que “a Real Academia acordou renderlle homenaxe a Xela Arias, unha voz singular, transgresora e comprometida, como representante da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega e foi pioneira na tradución de clásicos”.
A Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado, 15 de maio, unha representación teatral e a entrega de premios do Certame das Letras Galegas.
Ás 19:30 horas Teatro dos Quinquilláns representará A pluma viva de Rosalía, dentro da programación teatral en torno a Rosalía de Castro, subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial. A obra é para todos os públicos con entrada libre e aforo limitado.
Ás 20:30 horas celebrarase a entrega de premios do Certame de Debuxos e Narración Letras Galegas 2021 da Biblioteca Pública de Alfoz e a Biblioteca Pública de Lugo. Esta actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
 
        











