Teatro
Teatro Noroeste presenta este sábado, día 6 de marzo, en Viveiro Da avaricia, a luxuria e a morte. Será no Teatro Pastor Díaz ás 19:00 horas.
Trátase dunha adaptación de Manuel Guede da obra de Ramón María de Valle Inclán. En Ligazón, a avaricia é un colar que enxoia o espertar do desexo erótico máis primario e animal, pero sobre todo é un inmenso e brutal berro de reafirmación da propiedade da muller sobre o seu propio corpo. A confabulación da Raposa e a Venteira non será quen de afogar a ansia de emancipación dunha Moza cos seus obxectivos perfectamente trazados. En A cabeza do Bautista, o indiano retornado fuxindo de xustizas, e despois da boa e incomprendida acción de dotar a un pobo inculto de bar e billares, se reencontra co seu pasado encarnado no fillo da finada, que chega con intencións retortas de recuperar herdanzas e...
leer másPaco Nogueiras presenta a súa nova obra Extra o sábado, 13 de marzo, en Burela. A representación terá lugar na Casa da Cultura ás 18:30 horas e o prezo da entrada é de 2´5 euros.
O espectáculo presenta doce cancións e os temas dispóñense como nun xornal con distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais, internacionais, sucesos, información social, cultural, divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades. O autor coida as letras e as melodías que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público. O disco-libro está ilustrado por Marc Taeger que ademais conta co apoio dos vídeoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.
Este traballo destaca pola súa versatilidade e o seu carácter lúdico salientando como a prensa é un valioso...
leer másO Concello de Foz retomará o vindeiro sábado, día 6 de marzo, a súa programación cultural. A Sala Bahía acollerá ás 18.30 horas a representación teatral Aguratrat.
Dende o Concello explican que “é unha obra para toda a familia na que se conta unha bonita historia de amor e aventuras entre dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver, e a tartaruga desta última, Alfie. Baseada nun libro de Roald Dahl e levada a escena pola compañía Pérez&Fernández, buscará sacarnos un sorriso e enternecer os nosos corazóns”.
Para a realización desta actividade, seguindo o protocolo antiCOVID establecido, o aforo é limitado e haberá que reservar praza no teléfono 982.140.027, extensión 3. O custo das entradas é de 3 euros para os adultos e de 2 euros para os nenos.
A compañía A Trastenda dos Contos presenta este sábado, 27 de febreiro, en Burela o espectáculo Unhas gafas como as do avó. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura. O prezo da entrada é de 2’5 euros.
O espectáculo, representado por Gema Santos e Felipe Díaz (Caxoto), presenta unha montaxe onde se conxugan a lingua de signos e a lingua oral, dirixido a persoas xordas e oíntes, e os dous códigos conviven como iguais. Conta a historia de Laura, unha nena moi inquieta que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ao seu xogo favorito, xogar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundos lonxanos inimaxinables construídos desde a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó e de como se verá a través delas e o que comeza sendo unha pequena trasnada acabar por converterse na...
leer másA Xunta de Galicia, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), promove ata xuño 25 actuacións escénicas e musicais na área da Mariña. As funcións organízanse en colaboración cos concellos de Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo, integrantes da Rede. A carteleira con todas as funcións e horarios pódese consultar no web da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) e en Cultura de Galicia.
A primeira das actuacións terá lugar mañá sábado en Viveiro, con O premio, de La Quintana, unha comedia sobre a situación que viviremos nun futuro próximo derivada do progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social. O día 27 chegará o teatro dirixido a público familiar con Ghazafelhos e o seu Pinocchio, unha adaptación do clásico que mestura marionetas, teatro actoral e música en directo.
... leer másO Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, programa varias actuacións teatrais con comedias, representacións infantís, monólogos e comedias musicais para os meses de febreiro, marzo e abril.
Este sábado, 20 de febreiro, ás 19:00 horas, La Quintana Teatro porá en escena a comedia O Premio. Tamén este mes o sábado 27 ás 18:00 horas Ghazafelhos Teatro presentará a obra infantil Pinocchio.
No mes de marzo: o sábado 6 ás 19:00 horas, Teatro Noroeste representará Da avaricia, a luxuria e a morte; e o sábado 13 ás 19:00 horas, Isabel Risco presentará a comedia para todos os públicos Bravas.
No mes de abril: o sábado 10 ás 18:00 horas Teatro Avento porá en escena a comedia musical Ummm!!!; o sábado 17 ás 19:00 horas Contraproduccións representará a comedia A compañeira de piso; e o sábado 24 ás 18:00...
leer másO salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acolle un espectáculo de contacontos o 30 de xaneiro, sábado, ás 18:00 horas. Titúlase Unha viaxe ao mundo dos contos pop up e corre a cargo de Fátima Fernández.
Esta actividade está dirixida ao público infantil, con entrada libre e gratuíta e cun aforo máximo de 50 persoas. Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (ext. 2)
A compañía Píscore presentará este sábado, 16 de xaneiro, en Burela o espectáculo Concerto Singular. A representación, dirixida ao público familiar, terá lugar no Auditorio Municipal ás 18:30 horas. A entrada será de balde.
Nesta montaxe, que gañou o Premio do Público no Festiclown 2017, os músicos Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas se enfrontan a un gran conflito, 16 baquetas e unha única marimba. Eles estarán dispostos a facela soar da maneira máis orixinal e asombrosa e organizarse non vai ser fácil.
Píscore fainos chegar a mellor música e moito humor nun concerto singular, nunha proposta que se encadra n aliña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.
Colaboran na...
leer másO vindeiro sábado, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas no local da asociación Castro de Vilaronte, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, organiza unha gala solidaria para recadar fondos para Cáritas. O colectivo representarán a obra "Vaia faena, a corentena", unha historia baseada en feitos reais ocorridos durante o confinamento polo Covid-19.
Respectaranse a medidas de seguridade pola pandemia, polo que haberá prazas limitadas. Haberá que reservar chamando ao teléfono 636664210.
O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá este sábado, 9 de xaneiro, ás 19:00 horas a actuación do mago David Méndez.
Esta actividade está incluída no programa cultural de Nadal organizado pola Deputación de Lugo.
O salón de actos ten limitado o aforo conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e pódese reservar a entrada chamando ao 982.57.15.16.
 
        











