Teatro

Etiquetas:
09/01/2021

O vindeiro sábado, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas no local da asociación Castro de Vilaronte, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, organiza unha gala solidaria para recadar fondos para Cáritas. O colectivo representarán a obra "Vaia faena, a corentena", unha historia baseada en feitos reais ocorridos durante o confinamento polo Covid-19. 

Respectaranse a medidas de seguridade pola pandemia, polo que haberá prazas limitadas. Haberá que reservar chamando ao teléfono 636664210.

 

Etiquetas:
05/01/2021

O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá este sábado, 9 de xaneiro, ás 19:00 horas a actuación do mago David Méndez. 

Esta actividade está incluída no programa cultural de Nadal organizado pola Deputación de Lugo.

O salón de actos ten limitado o aforo conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e pódese reservar a entrada chamando ao 982.57.15.16.

 

28/12/2020

A concepción dramatúrxica da directora de Palimoco Teatro, Paloma Luxilde, e que xa adoptara hai anos coa obra O Público, sitúa aos espectadores e espectadoras no propio escenario. É por isto polo que o número de entrada é só para 25 persoas.

A función comezará ás 20.00 no Auditorio Municipal Hernán Naval e desde as 19.30 darase paso ao público por estrita orde de chegada ata completar os 25 asentos.

Esta función, de entrada gratuíta, está promovida pola Deputación de Lugo dentro do programa PROSCENIO.
 
“ONDE SITUAR A OBRA?

Presente en todo o poemario está por unha parte o faio da súa infancia e os tellados de Nova York. Partindo diso, creamos unha escenografía en 360 graos, onde estes tres personaxes poderían estar entre o faio da casa de Lorca en Granada e por outra parte...

leer más
Etiquetas:
26/12/2020

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o vindeiro mércores, 30 de decembro, Ghop de Teatro Circo. A actuación dará comezo ás 12:00 horas.

Trátase dun espectáculo de teatro de rúa, incluído na programación de Nadal 2020 da Deputación Provincial, cheo de maxia, monicreques e baile coa colaboración do público.

A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 56 01 62 ou en rbg.cultura@viveiro.es. A entrada é de balde. 

 

Etiquetas:
18/12/2020

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 20 de decembro, unha actuación de Mamá Cabra que presentará A fraga do meu avó. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 17:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.

O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, conta que a fraga do meu avó está chea de carballos que case tocan o ceo, castaños, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras e moitas árbores que sempre deron moitísimo máis que madeira. Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, a estreliña do norte, o paporrubio real e a curuxa. E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo…
A fraga do meu avó é o traballo máis recente de Mamá Cabra que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas. Trátase dun espectáculo...

leer más
Etiquetas:
16/12/2020

A Concellería de Cultura programa para este sábado, 19 de decembro, unha actuación do grupo de teatro local O Torques, que estreará a súa última montaxe O Randiña. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. A entrada será de balde.

Trátase dunha comedia que recrea as peripecias dun vagabundo no seu afán de evitar que se lle arrebate o único lugar que considera o seu fogar, un banco de praza. Este singular personaxe fará fronte á indiferenza, o abuso e a marxinación tendo como única arma o seu inxenio e astucia, e logrando sortear cada situación que se lle presenta para saír ben librado.

A peza convídanos a facer unha análise da nosa vida e do noso papel na sociedade dende unha perspectiva distinta.

A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora na organización deste evento.

 ...

15/12/2020

No salón de actos da Casa da Cultura de O Valadouro este sábado, día 19 de decembro, ás 19:00 horas o grupo de teatro da Asociación Cultural Abrente, de As Nogais, representará a obra “O aeroporto da Valiña”.

É unha obra do autor Javier González González enmarcada no xénero da comedia física e satírica, unha representación en clave de humor para todos os públicos.

O aforo do salón de actos está limitado conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e os que queiran poden reservar o seu sitio chamando ao 982.57.15.16.

Esta actividade está dentro do programa Gargalladas da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
14/12/2020

A concelleira de Cultura focega, Inés López Couto, anuncia que “comezan a encherse os días de actividades en Foz, despois do pequeno adianto destas semanas pasadas, co acendido das luces de Nadal antes da ponte da Constitución e coa obra de teatro do grupo O Centiño, que tivo unha dobre finalidade: a de achegar un pouco de ledicia a todos e facer unha recadación solidaria”.

Inés López especifica que “coma todos os venres e sábados, DJ Popy seguirá amenizando as compras nas rúas focegas coa súa música. O Concello sigue animando a todo o mundo a comprar no comercio local. E a Delegación de Cultura organiza para este venres, día 18, un recital musical de poemas inéditos de Xosé Neira Vilas, chamado Cantos de Amor; poderase desfrutar del ás 20 horas na Casa da Cultura. O sábado comezarán a chegar os elfos de Papá Noel, que durante a mañá...

leer más
Etiquetas:
10/12/2020

A Concellería de Cultura de Burela programa para este sábado, 12 de decembro, a actuación do Mago Rafa co seu novo espectáculo Shukran, que terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas.

É unha función para desfrutar en familia co obxectivo de que sexa unha festa, polo que priman a alegría, a diversión e as sorpresas.

Despois de máis de vinte anos percorrendo diferentes escenarios e prazas coas súas actuacións, o equipo do Mago Rafa quere agradecer a enorme felicidade que sinte cada vez que sube ao escenario. Así nace este novo espectáculo, adaptado aos novos tempos, coa paixón, elegancia e profesionalidade que de sempre caracterizan ao Mago Rafa.

As entradas estarán á venda na billeteira do auditorio a partires das 17:30 horas. A actividade conta coa colaboración da Rede de Teatros e...

leer más
09/12/2020

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá este sábado, 12 de decembro, a actuación de Sarabela Teatro que porá en escena Crónicas do Paraíso. A representación dará comezo ás 20:30 horas.

A historia conta como unha carroza, cargada de maletas, está a acubillar a misteriosos pasaxeiros, consegue poñerse en marcha e lánzase polos camiños dunha Bretaña imaxinaria. A cuadrilla leva da man, na súa danza, a un sochantre asustado. Queren que toque todas as exequias do señor De Quelven. Todos se ilusionan coas melodías do seu bombardino pois, por un espazo breve de tempo, as notas arrincan aos espectros da súa condición. Nestas historias xúntanse lendas célticas dos reinos de Bretaña e Galicia e traxedias universais.

Trátase dunha adaptación da obra de Álvaro Cunqueiro, de Goncalo Guerreiro que tamén dirixe a obra. O...

leer más