Teatro
Alfoz celebrará o Día Mundial do Teatro con Bátega e “O mundo da Martiña”. Será o 27 de marzo ás oito da tarde no salón de actos de Cultura.
Martiña é unha nena moi curiosa. Non entende porque as súas opinións son menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer sen razón aparente, non entende por que os nenos visten ou xogan de xeito diferente ás nenas, non sabe cales son os pensamentos impuros, nin tan sequera que é o pecado exactamente. Co tempo, descubrirá que se trataba de ir mudando en muller. A perspectiva dunha nena pode ser a máis atinada e, sen dúbida, sincera. A través dun monólogo musicado e entreverado de cancións, veremos como se enfronta Martiña á incontrolable paixón adolescente, ao duro mundo laboral e como o seu espírito crítico e as súas dúbidas respecto do establecido, nunca a abandonarán. ...
leer másO Concello de Lourenzá acolleuse á convocatoria da Área de Cultura da Deputación de Lugo para conmemorar a figura de Rosalía de Castro con dúas actividades: un mural e unha representación teatral infantil, que está programada para o día 22 de abril.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “a primeira actividade foi a elaboración dun mural na entrada do CEIP Juan Rey realizado por Concepto Circo. A segunda terá lugar o 22 de abril, en vésperas da celebración do Día do Libro. Trátase do espectáculo teatral con monicreques de mesa A viaxe de Rosalía, a cargo da actriz Larraitz Urruzola. Vai dirixida a público infantil e tamén se desenvolverá nas dependencias do colexio”.
Palma Repalma é o programa do que gozan todos os domingos do mes de marzo en Ribadeo as nenas e os nenos de ata tres anos.
Este domingo, 21 de marzo, ás 17:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval haberá unha sesión de arrolos con Rilo e Penadique. Denomínase Arre ru e está destinada ás crianzas de 0 a 3 anos. O prezo da entrada é de tres euros.
Esta actividade enmárcase no Apego do Concello de Ribadeo.
O grupo de teatro Chévere presenta a obra Curva España este sábado, 20 de marzo, no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo. A representación dará comezo ás 19:30 horas. O prezo da entrada xeral é de 5 euros e 3 para persoas desempregadas, estudantes e xubilados. A venda de entradas será, desde media hora antes do inicio da función, no despacho de billetes.
Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes, sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artéllase unha peza que ironiza sobre o formato documental, combinando teatro e cine en directo. Bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca...
leer másEste venres, 19 de marzo, ás 12:00 horas a Sala Bahía, de Foz, acolle un espectáculo infantil a cargo do contactontos Caxoto. Está organizado polo Concello focense en colaboración co programa Educando en familia.
Debido as medidas anti-Covid o aforo será limitado, polo que hai que chamar ao teléfono 982.140.027-Extensión 3 para reservar previamente as entradas, que son gratuítas.
O vindeiro sábado, 20 de marzo, ás 18:30 horas Caxoto da compañía A Trastenda dos Contos representará no Auditorio Municipal de Burela a obra "Un conto e a durmir!".
Chegou a noite e con ela chegan as mellores historias. Os mouchos abren un ollo e dispóñense a comezar o día, un becho estrano camuflado na escuridade ameaza con asaltar a nosa despensa, un neno prepárase para descubrir o lugar de onde veñen todos os risos. Un feixe de contos para bebés arredor da noite, un feixe de aventuras para vivir en familia, un feixe de emocións para descubrir o mundo que nos rodea. Unha función de contos para abrirse camiño ata a cama e deixarse levar cara ó mundo dos soños.
As entradas estarán dispoñibles na billeteira por 2'50 euros.
El Teatro Pastor Díaz, de Viveiro acoge este sábado, 13 de marzo, la representación de Bravas a cargo de Isabel Risco. La actuación dará comienzo a las 19:00 horas.
Se trata de una producción teatral sobre mujeres sin miedo que forman parte de un valeroso clan que ellas mismas paren y construyen sobre los pilares de la rebeldía. Bravas hace un repaso histórico por nuestra era, desde la época castrexa hasta el siglo XXIII, reparando en las pequeñas y grandes historias protagonizadas por nuestras mujeres.
Isabel Risco, bajo la dirección de Fran Rei, nos propone un juego desde el teatro cómico y comprometido, porque entiende que si no es divirtiéndonos tampoco es nuestra revolución. Así se pone en la piel de mujeres de nuestro pasado, de nuestro presente y también de nuestro futuro.
O Concello de Barreiros programa a actuación de Caxoto Contacontos, dentro de Educando en Familia, para este sábado, 13 de marzo, ás 18:30 horas, no centro sociocultural de San Cosme.
Para anotarse, por control de aforo, hai que chamar ao 982 124 002, ata este venres en horario de 9:30 a 14:30 horas. Asignarase un número que se corresponderá co asento a ocupar no salón de actos. A organización lembra que é obrigatorio o uso de máscara. Dispoñerase de xel hidroalcohólico e manteranse as distancias de seguridade.
A Concellería de Cultura programa para este sábado, 13 de marzo, a actuación de Paco Nogueiras que presenta o espectáculo musical Extra. A representación terá lugar na Casa da Cultura ás 18:30 horas e o prezo da entrada é de 2´5 euros.
O espectáculo presenta doce cancións e os temas dispóñense como nun xornal con distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais, internacionais, sucesos, información social, cultural, divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades. O autor coida as letras e as melodías que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público. O disco-libro está ilustrado por Marc Taeger que ademais conta co apoio dos vídeoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.
Este traballo destaca pola súa versatilidade e o seu...
leer másNova actividade na Casa da Cultura para esta semana. Neste caso, organizada por Educando en Familia, o contacontos Caxoto presenta o seu espectáculo para nenos de ata 5 anos de idade.
Será o venres, 12 de marzo, ás 16:30 horas na Casa da Cultura. Debido ás restricións da COVID-19 o aforo está limitado a 60 persoas. Entrada libre e gratuíta.












