Actividades

Etiquetas:
15/06/2017

O Concello de Foz organiza para os meses de xullo e agosto o programa denominado Aberto por Vacacións, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

A Delegación de Xuventude do Concello focense explica que é “un programa de actividades que se desenvolverán de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas. O custo é de 15 euros ao mes. O primeiro día de inscrición será o luns 26 de xuño e poden elixir xullo, agosto ou para ambos meses. As actividades comezarán o 5 de xullo, pero antes, o día 3, realizaremos unha reunión de presentación, na que se entregará aos/ás inscritos/as a programación dos primeiros 15 días. Haberá actividades moi variadas para que os/as nenos/as gocen dun gran verán”.

 

Etiquetas:
08/06/2017

O Concello de Cervo programa para o vindeiro sábado 10 de xuño unha actividade de narración oral para os máis pequenos que leva por título “Carmiña miudiña, a pinga que quería ser científica”.

Será na Biblioteca de Cervo, ás 19:30 horas, e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos.

É unha actividade organizada pola delegación de Cultura, englobada no programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.
Argumento    

Carmiña é unha pinga de auga moi miudiña. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. O día do seu aniversario, a súa avoa agasállalle un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos. No camiño, diferentes elementos da natureza fan que percorra o ciclo da auga.

 

Etiquetas:
26/05/2017

Este sábado, 27 de maio, na Librería Bahía de Foz haberá unha nova sesión de “Familias que Contan”.

Segundo explican desde este establecemento “nesta ocasión será unha nai, Eva Fernández a que traia a historia de O monstruo de cores. Un conto para porlle cor ás nosas emocións e así entendelas mellor”. 

A cita será ás 12 da mañá.

 

15/05/2017

A Concellaría de Igualdade pon en marcha o vindeiro 28 de maio un novo domingo a pé. Será un percorrido de 13 quilómetros que estará guiado por Teresa Díaz. 

Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade lembra que “os domingos a pé son unha actividade anual dirixidas ás mulleres adultas, co fin de promover un tempo para elas mesmas, un tempo de ocio, un tempo illadas das obrigas familiares, laborais… un tempo para rachar con esa dobre ou tripla xornada laboral. Ademais, de poder gozar dese tempo para elas, poderán coñecer lugares do seu entorno inmediato, e facer un pouco de exercicio físico”.

E engaden que “desta volta desprazarémonos desde Ribadeo  pola Pastoriza, Abraído, Reme de Abaixo, vía do tren de Vilaodrid, As Aceas, Os Bloques e Ribadeo cun percorrido de 13 quilómetros.  Esta ruta será o día 28 de maio...

leer más
15/05/2017

O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, ten lugar en Alfoz unha homenaxe ao escritor ao que se dedica este ano, Carlos Casares.

Os actos comezan ás 17:30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz cunha conferencia de Lionel Rexes. Despois haberá un gran xogo sobre as Letras Galegas dentro do programa Ler conta moito e a actuación do Coro Virxe das Dores de Ferreira do Valadouro.

O programa continúa cunha representación teatral do grupo Bule-Bule tártaro fusión (Trangalleiros de Lourenzá e Raiolas de Alfoz) estreando a obra Xente con xente. Finalmente terá lugar a entrega de premios Trulasqui.

 

15/05/2017

O Concello de Viveiro organiza unha serie de actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O mesmo mércores 17, ás 12:00 horas, ofrece unha actuación a Coral Alborada de Viveiro e o Grupo de Gaitas Brisas do Landro na praza da Fontenova. Ademais nos stands de libros das librerías Porta da Vila e Neira Brochs haberá recital de obras de Carlos Casares, escritor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas.

As actividades continúan o sábado 20 de maio, ás 12:00 horas, cun encontro interxeneracional de Contacontos na Biblioteca Pública de Viveiro onde residentes de Geriatros presentan A disparatada e alaranxada historia dun limpeiro en Viveiro, unha adaptación de Carlos Casares para público infantil. A entrada é gratuíta (previa recollida de entradas).

O domingo 21 de maio, ás 12:30 horas,...

leer más
13/05/2017

A Concellería de Cultura do Concello de O Valadouro celebra o Día das Letras Galegas con diversos actos en torno á figura de Carlos Casares, os días 16 e 17 de maio.

O martes 16 ás 12:00 horas, Solle Felloza fará unha Viaxe ao mundo de Carlos Casares. Ás 15:30 horas terá lugar a entrega de diplomas do Certame de Narración e Debuxo Infantil O Valadouro 2017. 

O mércores 17, Día das Letras Galegas, ás 20:00 horas Lionel Rexes falará da Vida e Obra de Carlos Casares, ademais a Asociación Cultural Amado Lar interpretará cantigas populares galegas co grupo de cantareiras. Tamén o grupo A Adala Infantil de Fazouro representará a obra de teatro A rá que se quedo usen charco.

Todos estes actos desenvolveranse no salón de actos do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo...

leer más
Etiquetas:
26/04/2017

A praia dos Bloques e o Cargadoiro acollerán en maio as actividades do programa Corpo de muller. Trátase de talleres de reeducación postural ao aire libre. 

Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM sinalan que “para pechar este semestre e despois da boa acollida destes talleres desde setembro ata abril, vanse impartir 8 horas de talleres de reeducación postural ao aire libre en maio”.

E subliñan que “o taller desenvolverase os luns e mércores desde as 18 ás 19 horas ao longo do mes de maio na praia dos Bloques e no Cargadoiro. Son un total de 10 horas as que conformarán esta oferta de taller de reeducación da columna. As interesadas deberán pagar a modo de matrícula 15 euros si se anotan os dous días da semana e 10 euros si só é un día á semana”. 

O prazo para facer efectiva a...

leer más
20/04/2017

A Concellaría de Igualdade programa varias actividades para esta fin de semana. O sábado haberá un baño de sol e movemento no faro da Illa Pancha e o domingo será a viaxe ao Talaso de Xixón. Ademais desde mañá, venres, e ata o vindeiro mércores, 26 de abril, chegarán ás parroquias do rural técnicas de auto coidado e benestar para as mulleres.  

Desde a Concellaría de Igualdade e desde CIM explican que “Corpo de Muller foi un programa posto en marcha o pasado setembro pola Concellería de Igualdade dirixido a aquelas mulleres que desexen mellorar a súa utilización corporal  cun método de fisioterapia suave, progresivo e activo, a reeducación postural global . Como remate deste programa Corpo de Muller o sábado, 22 de abril,  levárase a cabo un baño de sol e movemento no faro de Illa Pancha. Sairase andando ás 10.30 horas desde o Cantón para...

leer más
Etiquetas:
18/04/2017

A deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, mantivo este martes un encontro cos alumnos de Secundaria e Bacharelato do IES Ánxel Fole, do Concello de Lugo, que participan dende hoxe e ata o 21 de abril na Semana Escolar con Maruja Mallo. Nesta programación de actividades que organiza o Goberno da Deputación participan 9.000 alumnos, de 44 centros de toda a provincia que coñecerán a vida e obra da pintora viveirense Maruja Mallo. Con esta iniciativa o Executivo Provincial súmase á homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas.

O primeiro día os alumnos fixeron unha pegada de carteis nos centros escolares. A continuación repartíronse os preto de 9.000 exemplares do libro que a Deputación pon a disposición do alumnado de ESO e bacharelato. Durante a semana lectiva...

leer más