Actividades
12/05/2016
Ribadeo programou diversas actividades do 13 ao 18 de maio para celebrar o día das Letras Galegas e renderlle homenaxe a Manuel María. Os actos foron presentados hoxe polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil nacionalista contou que “desde este venres día 13 e ata o vindeiro mércores 18 vanse desenvolver en Ribadeo unha serie de actividades para homenaxear ao noso poeta universal, Manuel María, co gallo do Día das Letras Galegas. Música, poesía, presentación de libros e reparto de poemas van dar cor e vida a unha semana repleta de actos. Así, desde o venres 13 e ata o mércores 18, terá lugar a campaña Poemas de mar e terra para o noso mercado. O comercio local vai repartir poemas de Manuel María relativos ao tipo de...
leer más 10/05/2016
Xosé Ferreiro, Delegado de Cultura na Deputación de Lugo, presentou o programa da Semana dos Museos, vinculada á celebración do Día Internacional do Museos, que se celebra o 18 de maio. Xunto a el estiveron tamén Esther López, en representación do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial, e Aurelia Balseiro, Directora do Museo de Lugo.
O programa de actividades proposto para este ano 2016 abrangue os catro Museos da Rede Museística e tamén, por vez primeira, o CENTRAD, Centro agora xestionado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Así, tendo en conta que este ano o ICOM (Consello Internacional do Museos) dedica o Día Internacional dos Museos ás paisaxes culturais, no programa...
leer más




