Biblioteca
A partir deste mércores, 1 de xullo, amplíase a zona de estudo na biblioteca municipal de Foz ao primeiro andar da Casa da Cultura.
Pola restrición de aforo que aínda ten a biblioteca pública focense e para a protección dos usuarios, a Concellería de Educación e Cultura, que dirixe Héctor Moris, amplía espazos no primeiro andar da Casa da Cultura, para que tanto estudantes como opositores poidan facer uso da sala con todas as garantías de seguridade nesta época da Covid-19. Terán que solicitar cita previa no teléfono 982.140.675 ou ben no correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es . O uso da mascarilla será obrigatorio sempre que non se poida manter a distancia mínima de 1,5 metros.
Así mesmo xa está aberto o préstamo a domicilio e o acceso aos novos carnés da Rede de...
A Concello de Alfoz prepara as instalacións da biblioteca municipal de cara a súa apertura ao público a partir do luns, 18 de maio, tralo seu peche pola crise do Covid-19.
Entre as medidas levadas a cabo para garantir que as instalacións cumpran os criterios de seguridade destacan a limpeza, ventilación e desinfección diaria do edificio (entrada principal, acceso, biblioteca e baños) e equipos de traballo; a colocación dunha mampara de separación na mesa de traballo da bibliotecaria; a colocación de xel hidroalcohólico na entrada da biblioteca e a entrega de máscaras para os usuarios/as que carezan delas.
Ademais reorganizáronse as áreas de acceso e circulación da biblioteca, marcando as distancias de seguridade e habilitando un espazo para depositar libros e demáis materiais devoltos polos socios/as, que pasarán...
leer másO Concello de Cervo celebra o Día Internacional das Bibliotecas agasallando libros aos máis pequenos.
Deste xeito, o alumnado do primeiro curso de infantil recibiu, da man do rexedor, Alfonso Villares, e da edil de Educación, Dolores García Caramés, o libro personalizado “Os bolechas van a Cervo”.
Villares e Caramés tamén aproveitaron a acasión para animar aos/ás nenos/as a que, se aínda non o teñen, fagan o seu carné infantil, para retirar todo tipo de libros de balde das bibliotecas municipais.
Ademais, con motivo desta efeméride, este domingo, 27 de outubro, ás 12:30 horas, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a representación teatral infantil “Antón e Tomasa: a cabaza encantada!”.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, destacou neste día a importancia de...
leer másEste xoves, día 24, ás 12:30 horas, co gallo da celebración do Día da Biblioteca, a biblioteca municipal Juana de Ibarbourou e a do CEIP Juan Rey celebrarán un acto conxunto na Praza do Conde Santo onde se lerá un manifesto e O conto máis longo do mundo, escrito e ilustrado polos alumnos e alumnas do colexio laurentino.
O Concello de Lourenzá obsequiará aos nenos e nenas participantes con agasallos conmemorativos do día.
A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho presentou esta tarde o novo modelo de carné e as vantaxes do novo sistema de xestión de fondos da Rede de Bibliotecas de Galicia. Compareceron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e a bibliotecaria Mª Jesús Rañón.
Graña explicou que “con este novo modelo de carné pódese acceder aos fondos de todas as bibliotecas que se incorporarán ao novo sistema de xestión da Rede de Bibliotecas de Galicia. Así, se alguén se desprazara ata a Biblioteca Nodal de Lugo, ou da Coruña, por poñer dous exemplos, poderían facelo co mesmo carné, sen necesidade de dispoñer dun específico para cada unha das bibliotecas que conforman a rede. Se unha moza se desprazara temporalmente a traballar a Vigo, ou un mozo que fora estudar á Coruña, xa non precisarían facer o correspondente carné en candasúa Biblioteca. Agora somos...
leer más












