Biblioteca

Etiquetas:
11/04/2015
"Arredor dunha illa, un mosteiro e unha vila asulagada: de San Miguel da Coelleira a Estabañón". Así se denomina a tertulia que terá lugar o 18 de abril en Viveiro.
 
O vindeiro sábado, 18 de abril, os mariñaos terán a oportunidade de coñecer  máis datos arredor do mosteiro de San Miguel da Coelleira e tamén da vila asulagada de Estabañón. Serán Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da USC, xunto co presidente da asociación sociocultural MariñaPatrimonio, Manuel Miranda, os protagonistas da tertulia convocada polo colectivo viveirés Pensamento e Sementeira,  que se desenvolverá , desde as sete da tarde, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
Segundo explican desde o colectivo organizador "recentemente Manuel Miranda tense preocupado sobre o futuro dos restos en Area-Faro e fixo pública a situación de precariedade na que se atopa este sitio arqueolóxico polo que, para o colectivo organizador desta tertulia, é a...
leer más
Etiquetas:
05/03/2015
A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado ás 20 horas o Festival dos Namorados organizado pola Biblioteca Pública Municipal.
 
A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, 7 de marzo, ás 20 horas o Festival dos Namorados que organiza a biblioteca pública municipal focense.
No evento actuará o dúo de Mijail Moriatov, que ofrecerá un concerto de violín acompañado de violonchelo con música de F. Schubert, G. Verdi e J. Brahms, ademais dalgunha sorpresa galega.
Durante ao festival entregaranse os premios aos galardoados no XIV Certame de Poemas de Amor.
 
27/01/2015
A Biblioteca Municipal de Foz convoca o seu XIV Certame de Poemas de Amor, o máis lonxevo da comarca. O prazo de presentación de traballos remata o 24 de febreiro.

 

A Biblioteca Municipal de Foz convoca o seu XIV Certame de Poemas de Amor, o máis antigo da comarca. No concurso poderán participar tódalas persoas que o desexen en tres modalidades distintas: nen@s de ata 11 anos, moz@s de 12 a 18 e adult@s de 19 en adiante. O tema dos traballos deberá ser o amor e a extensión máxima dos poemas non deberá superar o tamaño dun folio DIN-A4. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o día 24 de febreiro. Os interesados poden entregar xa os seus traballos de forma presencial, na propia Biblioteca Municipal, ou de forma dixital, a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.

Dende a Biblioteca Pública de Foz explican que só se admitirán os poemas que sexan presentados sen ningunha...

leer más