Biblioteca
Chega unha data moi agardada, o 17 de maio, día das Letras galegas. Desde a Biblioteca Pública “Salgado Toimil” e os servizos de cultura e normalización lingüistica do Concello de Foz unímonos a esta celebración visibilizando o noso compromiso coa lingua e coa literatura galega ofertando as seguintes actividades lúdicas e formativas:
-“Unha galaxia chea de estrelas: Francisco Fernández del Riego”. Narración oral amenizada por Caxoto con música e cantigas o xoves 18 de maio ás 18:30 no salón de actos da Casa da Cultura “Manuel María”. Entrada gratuíta. Duración 50-60 minutos. Neste espectáculo para toda a familia, Caxoto amosa os seus coñecementos de Astronomía facendo un percorrido por algunhas das nosas estrelas literarias máis rutilantes e así falarnos das súas vidas e das súas obras. Unha viaxe sideral que partirá dende a nosa máis escintilante...
Desde o Concello de Alfoz explican que “un ano máis imos celebrar o Día da Biblioteca. Será o sábado 22 de outubro de 17:30 a 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Alfoz. Teremos un obradoiro titulado Animais de conto, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas”.
E engaden que “as inscricións deberán entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ou por Sede Electrónica ata o 17 de outubro. As prazas dispoñibles cubriranse por rigorosa orde de rexistro. A actividade é gratuíta e está incluída no Plan Único da Deputación de Lugo, na Área de Cultura. Máis información 982 558 001 (ext.2)”.
Os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas na Biblioteca Pública de Alfoz levaranse a cabo actividades de lecer dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos.
As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa, que se entregará na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz desde o 16 de decembro ata o 24 ou ata cubrir o total de prazas dispoñibles.
O primeiro día desta programación, o luns 27, participarán na actividade de elaboración de xabón e coñecemento dos lavadoiros públicos organizada pola asociación de veciños San Mamede das Oiras. E o resto dos días na Biblioteca terán obradoiros creativos, xogos, animación á lectura, etcétera.
Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558. 001 (extensión 2).
A biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, amplía o seu horario, desde o vindeiro luns, día 13 de decembro.
A tenente de alcalde e concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, explica que “a biblioteca manterá abertas as súas portas en horario de mañás de luns a venres de 8.30 a 14.20 horas e en horario de tardes de luns a xoves de 15 a 20 horas. Isto resulta posible grazas a que o Concello vén de cubrir unha baixa no persoal adscrito á biblioteca a través da bolsa de emprego. O servizo de biblioteca en horario de tardes é moi demandado, tanto por aqueles que non poden acudir ao servizo de préstamo polas mañás -entre os que están todas as nenas e nenos, en xornada lectiva- como polos estudantes de oposicións ou carreiras universitarias. Estamos traballando para continuar mellorando o servizo, pero polo momento as tardes dos...
leer másNeste mes de novembro rematarase a substitución dos antigos andeis por novo mobiliario, de maior capacidade, que fará máis práctica a biblioteca e, ao mesmo tempo, máis luminosa, moderna e acolledora. A renovación do mobiliario levouse a cabo en 3 fases, a primeira o ano pasado subvencionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a segunda este ano, dentro do Plan Único da Deputación de Lugo dentro da cal tamén se inclúe o cambio de luminarias por led, de menor consumo e a terceira será nuns días, de novo pola Xunta de Galicia.
En novembro comezará o Programa Mochilas Viaxeiras para as nenas, nenos e familias da Escola Infantil de Carballido e para os participantes no Programa de Envellecemento Activo do Concello, Activamente. Dúas mochilas para a Escola Infantil e catro para os maiores. Nelas levarán en préstamo por períodos de...
leer másO Concello de Viveiro, a través da concellería de Cultura, conmemora o vindeiro 24 de outubro o Día das Bibliotecas. Unha data que o Concello quere celebrar cos usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal de Viveiro e con todas aquelas persoas que queiran sumarse a esta comunidade.
Para celebrar esta data, o Concello de Viveiro organiza un sorteo entre todas as persoas que retiren un libro na Biblioteca Municipal o sábado 23 ou o luns 25 de outubro. Todos os usuarios/as que tomen prestado un exemplar da biblioteca entrarán no sorteo dun lote de libros e dun abono da programación do Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
“Para o goberno local é unha prioridade ofrecer diferentes actividades culturais, polo que é unha satisfacción que a comunidade da Biblioteca sexa cada vez máis grande e más participativa”, subliña Lara...
leer másEste sábado, 23 de outubro, na Biblioteca Municipal de Alfoz organízanse diferentes actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos para celebrar o Día da Biblioteca. Haberá un obradoiro na propia biblioteca de 17:00 a 20:15 horas e a comedia musical Pinocus no salón de actos ás 20:30 horas.
É necesaria inscrición previa na Oficina de Rexistro do Concello ata o venres 22 de outubro ou ata completar o número máximo de participantes. É unha actividade de balde, subvencionada polo Plan Único da Deputación. Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).
Estas actividades están organizadas polo Concello de Alfoz e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O Concello de Alfoz anuncia que agora os interesados poden dispoñer dos recursos da Biblioteca Pública de Alfoz de luns a venres en horario de tarde, desde as 15:00 ata as 20:00 horas.
Ademais recordan que “ademais de libros, revistas, xornais, contamos con lectores de libros electrónicos, películas, lecturas obrigatorias nos centros de ensino para os estudantes de Alfoz, etcétera. Non te perdas o blogue da Biblioteca na web municipal e moitas máis cousas”.
A Biblioteca de Ourol ofrece un novo servizo de WhatsApp para facilitar a comunicación entre os usuarios e usuarias e a propia biblioteca.
A través deste servizo poden enviar propostas de libros que consideren que a biblioteca debe adquirir, facer reservas, renovar os libros que teñen prestados ou calquera outra comunicación relacionada con este departamento.
O número é o 608.69.40.51
A Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro celebra este sábado, 24 de outubro, o Día das Bibliotecas obsequiando de forma gratuíta e ata esgotar existencias cun agasallo a aquelas persoas que collan nesa xornada en préstamo un libro infantil ou xuvenil.
En concreto, será unha mochila de tea que leva impresa a mascota da biblioteca, ‘Sócrates’, deseñada por Lucia Martínez Bermúdez. Só se dará unha por persoa.
“Desde o concello seguiremos traballando para seguir mellorando e poñendo en valor este espazo cultural que é vital e transformador. Vivan as bibliotecas e especialmente a nosa”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do...
leer más












