Burela
O Concello de Burela organizará varias actividades os días 6 e 7 de xuño ao non poder celebrar as festas patronais debido ao Covid-19. O sábado haberá pasarrúas de cinco a oito da tarde a cargo de Dambara e as súas agrupacións de gaiteiros. O domingo a Banda de Santo Inocencio interpretará a Salve Mariñeira a carón do barco museo Reina del Carmen. Esa actuación gravarase e colgarase nas redes sociais. E finalmente o martes, 9 de xuño, terá lugar a ofrenda floral aos falecidos no mar.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “dada a situación que todos coñecemos respecto ao virus que nos cambiou os plans de todo tipo, incluídas as festas, en Burela se suspenderon como en todos os sitios. Ademais eran as primeiras do verán, entón eramos os primeiro que tíñamos que tomar decisións. Non sei si en agosto ou en setembro ao mellor se poden...
leer másO alcalde, Alfredo Llano, anuncia que á segunda edición do mercado semanal que se celebrará mañá en Torrentes acudirán unha trintena de postos relacionados co sector agroalimentario. O rexedor insiste en que o mercado foi trasladado a Torrentes por razóns de seguridade sanitaria e asegura que a zona reúne todas as condicións para acollelo.
O alcalde dixo que “agora mesmo hai moitísimas peticións. Está chamando moita xente que quere vir a instalarse no mercado de Burela, pero é certo que neste momento non se poden colocar máis postos. A ver se entramos na fase 2 e isto pode cambiar, pero polo de agora teñen que ser artigos de alimentación. Polo tanto vai ser un mercado de produtos agrícolas, lácteos, cárnicos, froitas, flores e todo o que permite o Real Decreto. Digo que hai moitas peticións porque hai moito interese en vir ao mercado de...
leer másO Concello de Burela iniciou unha campaña de apoio ao comercio local, que leva a cabo nos medios de comunicación e nas redes sociais co obxectivo de potenciar as compras nos negocios locais. O slogan desta campaña é Compra en Burela. O comercio que te guía, aberto.
O concelleiro de Comercio e Turismo, Ramiro Fernández Rey, comentou que “onte empezamos unha potente campaña para axudarlle á hostalería e ao comercio local e que estamos desenvolvendo en diferentes medios. É unha solicitude que nos fixo a asociación de comerciantes nas reunións que vimos mantendo semanalmente con eles, entre outras cousas, esta era unha das que solicitaban, e desde logo o Concello de Burela, en todo o que poida, vai estar aí axudando ao tecido comercial e hostaleiro do pobo”.
O edil burelés explicou que “comezou onte e é unha campaña...
leer másMembros do equipo de goberno reuníronse este mediodía coa Acia local para tratar sobre as axudas que o Concello vai destinar aos hostaleiros, aos comerciantes e aos autónomos. Ademais o alcalde, Alfredo Llano, anunciou que o mercado semanal volverá este venres, aínda que está por decidir cal será a súa nova localización.
Alfredo Llano contou que “hoxe estivemos falando con respecto ás axudas que lles queremos dar ás empresas dunha forma directa, estivemos amosándolles o que é o borrador das bases e leváronas para analizar por se teñen algunha suxestión e para que todo o mundo que poida e queira, teña a oportunidade de solicitar a axuda que vai dar o Concello. Van ser para hostaleiros, para comerciantes e para autónomos, e son unhas bases que consideramos xustas, equitativas e fáciles de aportar para que poidan solicitar esas axudas, xa...
leer másA concelleira burelesa e presidenta da comisión organizadora das festas patronais, Toñi Eijo, anuncia que non haberá festexos neste 2020 debido á pandemia do Covid-19. A edil subliña que as festas de Burela reúnen todos os anos a milleiros de persoas, o que fai que nas circunstancias actuais non se poidan celebrar. A cita ía ter lugar do día 5 ao 8 do vindeiro mes de xuño.
Toñi Eijo declarou que “debido á situación actual que estamos a vivir, como consecuencia do Covid-19, a directiva da comisión organizadora das festas de Burela suspende os festexos que ían ter lugar os días 5, 6, 7 e 8 de xuño”.
A presidenta da comisión organizadora das festas patronais de Burela dixo que “estivemos esgotando todos os prazos posibles, pero son unhas datas que congregan a unha aglomeración de xente, son miles de persoas ás que...
leer másA burelesa Eva Luaces é a gañadora do segundo concurso de imaxes convocado en facebook polas axencias de viaxes Eroski de Burela e Ribadeo durante o confinamento.
Eva Luaces participou con 3 fotos representando unha estancia en Exipto e nas que se ve ao seu fillo, David Rega Luaces, degustando unha ensalada Baba Ghannouj, elaborada a base de puré de berenxenas, allo e sementes de sésamo, e tamén o postre Basbusa, que é un biscoito de sémola, vainilla e coco.
O premio consiste nun pack de La Vida es Bella cunha estancia dunha noite para 2 persoas.
As axencias de viaxes Eroski en Ribadeo e Burela convocaron dous concursos desde que empezou o confinamento co obxectivo de “manter o contacto cos clientes e axudar a que estean entretidos para que leven o mellor posible esta situación”.
... leer másAcademia A Mariña organiza cursos para autónomos y trabajadores del régimen general. La directora del centro, Becky Hermida, destaca que “la formación es la llave del éxito”.
Hermida señala que “estos días en redes sociales he estado leyendo muchas reflexiones de cómo nos irá una vez que acabe el confinamiento, qué hacer con nuestros negocios, hacia dónde ir, cómo afrontar la desescalada, la dificultad que van a tener algunos sectores, como el de hostelería, en el que sabemos que la vuelta es toda una incógnita. Y como soluciones he visto propuestas como la formación, formarse para tener control del negocio, para que cuando se pueda abrir tengamos las herramientas necesarias para hacer las cosas lo mejor posible”.
La directora del centro indica que “desde Academia A Mariña, centro de formación, seguimos...
leer másO Centro Comercial Aberto de Burela lanza este luns a campaña Xogando Xuntos coa que queren dinamizar o comercio local desde as redes sociais e preparar a volta á normalidade tras o desconfinamento.
A asociación de comerciantes indica que algo que deixou a corentena é que existe moita creatividade, e queren aproveitar este momento para impulsar o comercio de proximidade.
O comercio local de Burela ten unha elevada calidade dos seus produtos, por isto queren facer un agasallo de calidade mentres dure o estado de alarma e, seguramente, máis alá.
“O comercio é o motor da localidade e as persoas que viven aquí sábeno ben, por iso queremos premiar aos nosos clientes có mellor que temos: os nosos produtos” indican desde a asociación.
A dinámica
A dinámica de...
El escritor José Díaz presentará su nuevo libro titulado Área 51. Será este viernes, 24 de abril, a las nueve de la noche a través de facebook.
El autor explica que “es un libro de relatos con diferentes temáticas que tienen que ver con la percepción que tendrían de los humanos si nos vieran o nos visitaran seres de otros planetas. Evidentemente es ficción, está escrito desde la ironía y desde el sentido del humor, que en estos tiempos creo que viene bien. Está dividido en seis temáticas, lleva la colaboración de Otto Treto como ilustrador y la editorial es Blau Verd, de la comunidad valenciana”.
José Díaz comenta que “la idea inicial era presentarlo en bares, cafeterías y locales de hostelería tanto en Galicia como fuera de esta comunidad, pero ahora no se puede hacer por las circunstancias excepcionales que...
leer másAs axencias de viaxes Eroski de Burela e Ribadeo convocan en facebook un concurso de fotos e vídeos que representen unha viaxe desde a casa incluíndo un elemento gastronómico típico do lugar elixido.
O xerente de Viaxes Eroski en Burela e Ribadeo, Pedro Fraga, explica as bases do concurso: “tod@s aqueles que queirades participar teredes que colgar no voso muro de facebook, etiquetando a Viajes Burela Ribadeo e co hashtag #viaxequedatenacasa, unha foto ou vídeo dunha Viaxe Queda na Casa Gastronómica, representando unha viaxe virtual e introducindo o elemento gastronómico típico da zona ou país representado. O concurso terminará o 3 de maio as 21:00 horas. O premio consistirá nun pack de La Vida es Bella cunha estancia dunha noite para 2 persoas e será para a foto ou vídeo máis votado”.
Pedro Fraga engade: “...
leer más