Burela
A Concellería de Turismo e de Deportes de Burela anuncia que se suspenden as actividades das escolas deportivas que ían comezar o vindeiro luns, debido ao rebrote de coronavirus que está a afectar á Mariña. Quedan canceladas tamén as visitas ao barco museo Reina del Carmen. O edil Ramiro Fernández asegura que en canto sexa posible poderían reanudarse ambas cousas. Neste verán non haberá a Ruta do Peixe por motivos de seguridade.
Fernández Rey comentou que “desde as Concellerías de Turismo e Deportes, das que son responsable, queremos anunciar que as escolas deportivas, que tiñamos anunciado que empezarían este próximo luns, dada a situación de incerteza que hai con respecto ao rebrote do coronavirus que está habendo na Mariña, máis concretamente en Burela, imos vernos obrigados a suspendelas de maneira momentánea, ata que as circunstancias...
leer másO Concello de Burela xa comezou a recibir os primeiros bocetos para participar na cuarta edición de Amarte, o Certame Internacional de Pintura Mural que se desenvolverá do 30 de xullo ao 2 de agosto no porto burelés. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a participar nesta cita e lembra que o prazo de presentación de propostas remata o vindeiro 15 de xullo. Logo o xurado elixirá as nove obras que serán pintadas no muro do peirao. As bases e os premios atópanse publicados no facebook do certame.
O edil de Cultura en Burela contou que “estamos empezando a recibir ya los primeros bocetos para elegir los nueve participantes de este año. Solían ser diez, pero por el número de paneles que quedan por pintar en el muro, si lo dejamos en nueve tendríamos tres certámenes más de nueve murales y un último certamen, dentro de cuatro años, con ocho...
leer másO Concello de Burela presentou a Ocioteca Verán 2020, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto. Está dirixida ao alumnado que estea matriculado no curso escolar 2019-2020 en segundo ciclo de Educación Infantil con idades entre os 3 e os 6 anos e toda Primaria ou que teñan 3 anos cumpridos no momento da inscrición. Será ademais requisito obrigatorio estar empadroado en Burela. No acto desta mañá estiveron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, e as monitoras de Gaia.
A inscrición na Ocioteca de Verán estará aberta do 29 de xuño ao 1 de xullo na oficina de Gaia, situada na Praza de Abastos, antiga Capitanía Marítima. Unha vez rematado este prazo deberase chamar aos teléfonos 982 580 867 ou 647 136 673, mirar na páxina web municipal ou no taboleiro de anuncios do Concello para consultar as...
leer másYa está abierto el plazo de inscripción para asistir este jueves 25 de junio a las XXVII Xornadas Técnicas de Expomar, que se celebrarán a través de vídeoconferencia en la plataforma “IESIDE sin muros” de Afundación Abanca. La inscripción puede realizarse de forma gratuita desde la web www.expomar.com.
Bajo el título “La Pesca, un sector esencial; y ahora, qué?”, esta primera edición no presencial de las Xornadas analizará la situación pesquera actual desde distintos puntos de vista, teniendo en cuenta el impacto del COVID-19 y el BREXIT en un sector esencial como la pesca, así como las principales repercusiones sociales y económicas esperadas para los próximos meses.
El foro, que iba a tener lugar en Burela los pasados 28 y 29 de mayo pero se había aplazado por la situación de...
leer másAs Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente organizan unha nova edición das Xeorutas, que darán comezo o vindeiro 6 de xullo. Neste 2020 ponse en marcha unha nova, a do Monte Castelo, que se une ás da Marosa, O Perdouro e O Cantiño. O aforo estará limitado a 20 persoas para cada saída. Son 15 as datas marcadas no calendario para poder gozar das Xeorutas do Concello de Burela. Os edís de Turismo e Medio Ambiente participaron, xunto ao alcalde, esta mañá na súa presentación. Ambos agardan que sexan un éxito un verán máis.
Ramiro Fernández Rey declarou que “desde as delegacións de Turismo e de Medio Ambiente do Concello de Burela anunciamos que imos empezar as Xeorutas. Foi unha iniciativa que puxemos a andar aló polo 2015, tivo un éxito moi importante e decidimos seguir apostando por elas”.
O edil burelés quixo “...
leer másA Concellería de Deportes de Burela organiza unha nova edición das actividades de verán destinadas aos nenos e nenas nados entre 2007 e 2014. Establecerase un protocolo para garantir a seguridade dos asistentes, que só van desenvolver deportes ao aire libre. Tamén se reduce o aforo, que será de 10 nenos e nenas para cada unha delas. A partir do 25 de xuño poderase realizar a inscrición. A campaña dará comezo o 6 de xullo e rematará o 28 de agosto.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, contou que “desde a Concellería de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que imos iniciar as actividades de verán 2020. Visto que a situación se foi normalizando un pouco e que a xente ten inquedanza por ter actividades para os nenos, decidimos darlles para adiante un ano máis a estas iniciativas, evidentemente cunhas peculiaridades con...
leer másAs IX Xornadas do Deporte Academia Imdecum terán un colofón de luxo co atleta viveirense Adrián Ben, nunha conversa conducida polo xornalista Andrés Armero. Será o venres 26 ás 18.00 horas, a través de Zoom.
Aberto para todo o público interesado: INSCRICIÓN EN ZOOM
Relatorio: “Conversando con Adrián Ben”, entrevista dirixida por Andrés Armero, director de comunicación en entidades deportivas e empresas.
Tras a súa experiencia en Marca.com e Marca ou como xefe de prensa de clubs de fútbol como o Real Valladolid ou Granada, o lugués Andrés Armero achegaranos as vivencias deportivas e persoais do medallista europeo Adrián Ben, toda unha referencia e un exemplo para o deporte da Mariña, de Galicia e de España.
O coidado do pé e a orientación deportiva
A...
leer másA Concellería de Medio Ambiente ven de publicar un Bando no Taboleiro de Anuncios do Concello para informar sobre a realización das fogueiras e cacharelas do San Xoán, sobre o seu réxime de autorización, que este ano está condicionado pola situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19. Toñi Eijo anuncia que non estarán permitidas aquelas de concorrencia pública e con carácter de actividade recreativa na vía pública ou en parcelas privadas. Só contarán con autorización as que se celebren en fincas privadas e teñan carácter familiar e privado.
A edil burelesa explica que “como consecuencia das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia en virtude do seu Decreto 90/2020, do 13 de xuño, e o Acordo do seu Consello de 12 de xuño de 2020, no ámbito da nosa comunidade autónoma, non se poderá celebrar ningunha verbena, festa ou evento...
leer másEl próximo lunes, 22 de junio, dará comienzo una nueva edición de la Escuela de Minitalentos de Academia A Mariña, en Burela, centro de formación seguro. Estará operativa de lunes a viernes en horario de ocho de la mañana a tres de la tarde hasta finales del próximo mes de agosto.
En la Escuela participan niños y niñas con edades comprendidas entre los 3 y los 11 años, donde realizan actividades de refuerzo, programas de inteligencia emocional, musical, expresión corporal, etc. Desde Academia A Mariña explican que “se trata de fomentar la creatividad y el talento de los niños, su desarrollo personal, fomentar la lectura, entre otras actividades”.
La directora de Academia A Mariña, Becky Hermida, explica que “ante la demanda existente en este 2020 hemos decidido iniciar unos días antes la Escuela de Minitalentos...
leer másAs XXVII Xornadas Técnicas e o XXI Encontro Empresarial de EXPOMAR, que ían ter lugar en Burela os pasados 28 e 29 de maio pero que se aplazaran pola situación de estado de alarma, finalmente celebraránse de forma telemática a próxima semana.
Na mañá do xoves 25 de xuño celebrarase a primeira edición virtual das Xornadas Técnicas de Expomar nos seus xa 27 anos de historia. Baixo o título “A Pesca, un sector esencial; e agora, que?” preténdese analizar a situación pesqueira actual desde distintos puntos de vista, tendo en conta o impacto do COVID e o BREXIT nun sector esencial como a pesca, así como as principais repercusións sociais e económicas esperadas para os vindeiros meses.
O foro, que terá lugar entre as 10:00h e as 14:00h, comezará coa presentación a cargo do Presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano...
leer más