Burela
Mañá, martes, terá lugar unha nova sesión de cine ao aire libre na praza do Concello. Será ás 22:15 horas. A película que se vai proxectar é Peter Rabbit.
Aínda que na programación cultural do mes de xullo do Concello a cita estaba prevista para o mércores, finalmente terá lugar este martes, 23 de xullo.
Xa están á venta as entradas para acudir á nova comedia de Carlos Blanco e Touriñán, que estará en Burela os días 30 e 31 de agosto, e que será a única representación en toda a provincia de Unha noite na praia.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “ya están a la venta las entradas para el espectáculo de Carlos Blanco y Touriñán, que estará en Burela los días 30 y 31 de agosto. En principio hay previstas dos funciones, pero según como vaya la entrada a lo mejor hay una tercera función, probablemente el viernes. Esperemos que nadie se quede sin poder verla porque sólo tienen programadas seis funciones más de Unha noite na praia”.
O edil socialista lembrou que “es el segundo espectáculo que hacen juntos Blanco y Touriñán después de Somos criminais, que también tuvimos la suerte de tenerlo aquí en Burela...
leer másO Monte Castelo acollerá a súa tradicional romaría dos días 25 ao 28 deste mes de xullo. O alcalde, Alfredo Llano, anima a participar nesta cita, que se presentou nas últimas horas. O rexedor dixo que aínda quedan algunhas parcelas libres para poder gozar desta festa coa familia e cos amigos.
Llano sinalou que “no monte Castelo de Burela imos iniciar a romaría que basicamente é para os veciños e para as familias, para estar alí a gusto tres ou catro días, participando en todo aquilo que hai alí, nas acampadas e nas actividades, que hai moitísimas”.
O alcalde quixo “animar á xente que queira ir. Hai aínda algunha parcela libre. As persoas interesadas que suban e reserven o seu espazo para disfrutar durante eses días, desde o 25 ata o 28 que remata a festa. Ese 28 pola mañá, o domingo, haberá unha misa e unha...
leer másEste mércores, día 17, chegará a Burela a IV Travesía Navega el Camino. Máis de 30 embarcacións atracarán no porto cunhas 140 persoas a bordo, que están a facer o Camiño de Santiago por mar. A expedición saíu o pasado día 5 de xullo de La Rochelle, en Francia, e chegará a Compostela o 27 deste mes.
Os participantes na Travesía desenvolverán diversas actividades na comarca, que están financiadas polo GALP A Mariña-Ortegal. O día 17 terá lugar un Showcooking ás nove da noite na praza de abastos de Burela, a carón do porto. O bonito será o protagonista desta cita, co que se elaborarán varias preparacións.
O xoves, 18 de xullo, os navegantes levarán a cabo visitas guiadas ao mirador do Monte Castelo e á fábrica de cerámica de Sargadelos e á súa contorna. Iso será pola mañá e pola tarde achegaranse ata a nave de...
leer másBudiño actuará o 3 de agosto en Burela na Feira do Bonito, declarada de interese turístico nacional hai uns días. O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliñou que o obxectivo do equipo de goberno é apostar polos artistas galegos para esta cita.
O edil burelés anunciou que “para a Feira do Bonito deste ano, que é a número trinta e cinco e que como sempre organiza Ledicia coa colaboración do Concello, decidimos traer a un artista moi representativo de Galicia, un gran artista ademais e diferente. Trátase de Budiño”.
José Díaz explicou que “é un compositor bastante atípico porque mestura a tradición galega con sons máis contemporáneos. Ten unha personalidade propia e moitos seguidores. Fai bastante tempo que non actúa pola nosa zona e pensamos que é unha boa idea para reforzar a programación cultural e musical...
leer másO Concello volve organizar o Rastrillo Popular Solidario, que se celebrará o vindeiro domingo, 14 de xullo, de dez da mañá a tres da tarde na praza da Mariña. O concelleiro de Cultura, José Díaz, explica que se recupera este formato no verán. O obxectivo é facer unha edición este domingo e outra no mes de agosto.
O edil dixo que “para este domingo, 14 de xullo, imos ter outra edición do Rastrillo Popular Solidario en Burela. Xa o empezamos a facer no ano 2016 e tamén o fixemos en 2017 e 2018. Despois paramos un pouco porque vimos que ao mellor facelo unha vez ao mes non tiña moito senso, xa que os produtos eran case sempre repetidos, non había moitas novidades xa que viña un grupo parecido de xente, e vimos que había menos afluencia”.
José Díaz comentou que “decidimos recuperalo en verán. Probablemente faremos...
leer másA Concellería de Cultura recupera o cine ao aire libre durante o verán. A primeira sesión será o 11 de xullo coa proxección de Barcos al rescate a partir das dez da noite na praza do Concello. A segunda película ofrecerase o 24 de xullo e haberá outras dúas sesións en agosto. Alternaranse entre as prazas da Mariña e do Concello.
O concelleiro José Díaz contou que “durante los meses de julio y agosto recuperamos en Burela el cine al aire libre, que es un formato con el que empezamos en el año 2015 con mucho éxito de asistencia de gente, de familias y sobre todo de niños porque apostamos por el cine infantil y familiar, entonces este año volvemos a retomar este proyecto de verano”.
O edil burelés anunciou que “en este caso ofreceremos cuatro películas al aire libre. Vamos a repartirlas, como novedad, dos en la plaza...
leer másO Concello de Burela presentou a carreira Burela Bonita que se celebrará o sábado 20 de xullo. Trátase do cuarto circuíto urbano nocturno que dará comezo ás 22:30 horas, na praza da Mariña. As inscricións poden realizarse ata o 18 de xullo en www.championchipnorte.com.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo que “este ano temos a carreira dos nenos que vai empezar ás sete da tarde, imos intentar axilizar a súa carreira para entregarlles os premios antes de que sexa a de adultos”.
O edil burelés subliñou que “o obxectivo que nos marcamos é que a participación siga incrementándose como ocorreu todos estes anos. É unha proba que aos atletas que a fan lles gusta moito porque ten un percorrido moi bonito. Ademais ten a peculiaridade de que é nocturna”....
leer másO Concello presentou unha nova edición das Xeorutas que terán lugar este verán. Son as de A Marosa, O Perdouro e O Cantiño. Ademais, como novidade este 2019 inclúe unha Xeoruta Circular por Burela, cunha duración de seis horas e que está prevista para os días 18 de xullo e 28 de agosto. Esta fai un percorrido polas tres rutas xeolóxicas de Burela, ademais de visitar as praias, os paseos marítimos e a subida ao Monte Castelo.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anunciou que “desde o Concello de Burela, a Delegación de Turismo e a de Medio Ambiente, vimos de presentar unha nova edición das Rutas Xeolóxicas para este verán 2019. Vanse desenvolver os meses de xullo, agosto e setembro”.
O edil burelés salientou que “como novidade este ano incluímos unha Xeoruta Circular, que vai ter unha duración aproximada...
leer másA Escola Municipal de Música de Burela acollerá un curso de verán de Jazz e Música Moderna, que se celebrará do 8 ao 11 de xullo de 16:30 a 21:30 horas. A matrícula é libre e os alumnos participantes ofrecerán un concerto de clausura o xoves 11 na praza da Mariña. O profesor da escola burelesa e coordinador deste curso, José García, salienta que o jazz é un estilo cada vez máis demandado nas escolas de música.
José García explicou que “el curso, igual que el año pasado, tiene la matrícula abierta no solamente a los alumnos de la Escuela sino a todo el mundo que quiera participar. Tocaremos el tema del jazz, que es algo que está poco difundido en las escuelas de música y que tiene bastante aceptación y bastante demanda últimamente”.
O coordinador deste curso de jazz engadiu que “tocaremos temas relacionados con la...
leer más