Burela
No Concello de Burela presentouse esta mañá o V Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que se celebrará do 15 ao 28 de xullo. A cita está organizada polo Club de Tenis-Pádel A Marosa coa colaboración do Concello. A inscrición está aberta ata o día 12 deste mes. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, subliñou que se trata dun torneo que é un éxito ano tras ano.
O edil socialista contou que “presentamos a quinta edición do torneo de tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que se vai disputar do 15 ao 28 de xullo nas pistas do club de tenis da Marosa. Este torneo está dedicado a José Luis Yebra que era un gran afeccionado ao tenis, que tristemente nos deixou fai uns anos, e en recordo del séguese celebrando este memorial”.
Ramiro Fernández explicou que “o torneo vai contar...
leer másHoxe presentouse no Concello o X Curso Interdisciplinar da Escola Municipal de Música de Burela, que se desenvolverá do 1 ao 5 de xullo. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o director da Escola, Xan Carballal.
O auditorio da Casa da Cultura acollerá o 5 de xullo o concerto de clausura a partir das 20 horas.
A comisión organizadora, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o alcalde, Alfredo Llano, presentaron esta tarde a VIII Festa Castrexa que terá lugar os días 28 e 29 de xuño. Durante estas xornadas haberá desfile de clans, teatro e xogos castrexos, queimada popular, exhibición de cetrería, espectáculos na rúa, mercado castrexo, gastronomía e música, entre outras actividades.
Alfredo Llano invita “a todo o mundo, tanto de Burela como da comarca da Mariña e de toda Galicia a que se aproximen este venres e este sábado para poder apreciar a festa castrexa que facemos aquí cunha grande vistosidade. O venres temos un importante desfile e ao día seguinte temos xogos e infinidade de actividades atractivas e suficientemente motivadoras para que nos veña a ver moita xente a participar ou polo menos observar e disfrutar desta cita”.
... leer másPoderán participar todos os nenos e nenas empadroad@s no Concello de Burela, nad@s entre os anos 2001 e 2009 e é obrigatorio saber nadar. As fichas de inscrición entregaranse no Concello o vindeiro luns, 24 de xuño, e o martes 25 en horario de 11:00 a 13:00 horas. O 27 de xuño farase pública a lista de admitid@s para cada grupo no Concello e na súa páxina web.
O número de prazas para cada un dos catro grupos é de dez, polo que en total ofértanse 40 prazas. A adxudicación farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos.
As actividades desenvolveranse do 9 de xullo ao 30 de agosto, agás a cuarta semana de xullo e a terceira de agosto que non haberá paddle surf. Esta escola desenvolverase na praia de Portelo, ás 10:30 e 11:30 horas. O material necesario para realizar a actividade correrá a...
leer másA Concellería de Deportes organiza, un ano máis, as escolas deportivas de verán que darán comezo o 1 de xullo e rematarán o 23 de agosto. As persoas interesadas poden inscribirse do 24 ao 26 de xuño nas distintas actividades que van desde multideportes e xogos tradicionais ata patinaxe, pasando por xogos na praia e rutas en bicicleta. Poderán participar os nen@s nad@s entre os anos 2013 e 2007. No grupo de nen@s de 5 a 7 anos haberá 15 prazas, e os grupos de 8 e 9 anos e maiores de 10 anos contarán con 20 prazas cada un. A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición e o prezo é de 8 euros ao mes por actividade.
O concelleiro de Deportes en Burela, Ramiro Fernández Rey, explicou que “empezamos a repartir a nota informativa e a ficha de inscrición para as escolas deportivas do verán. Imos ter, como todos estes anos,...
leer másXa está todo a punto para a gran cea de celebración coas novas Raíñas. O Pescados Rubén Burela FS despedirá a tempada este xoves, día 20, cunha cea no Hotel Nordés (21.30 horas), na que as Guerreiras Laranxas poderán festexar coa afección a última xesta, a I Copa de SM A Raíña.
Todas as persoas interesadas poden reservar o tícket no Nordés, ao prezo de 25 euros, ata mañá, mércores 19, ás 15.00 horas.
Menú: Patacas ao pobre con xamón, croquetas caseiras, chipiróns fritos, lagostinos á prancha e solombo de porco. Bebida (Rioja, Albariño, cervexa, refrescos…), postre caseiro, café e chupito.
Agardámosvos o xoves 20!!! Facendo Historia!!!
O Centro Comercial Aberto de Burela quere recibir o verán da mellor forma posible, organizando un concurso de tapas entre os locais hostaleiros da vila. En concretoserán dez os establecementos participantes: Arenal, A Marquesa, A Casa da Avoa, Casa Miranda, CerveceríaKiko, ConXeito, Hotel Nordés, Hotel O Sargo, Palacio de Cristal e Restaurante Sargo. Todas as persoas interesadas poderán desfrutar desta actividade desde a tarde do xoves 20 de xuño ao mediodía do domingo 23.
O concurso consistirá en dous premios: un concedido por un xurado profesional que outorgará o premio da mellor tapa do verán 2019; e os propios clientes, que poderán votar á súa peza favorita e elixirán o premio popular. Tanto os trípticos como as urnas de votación estarán colocadas nos establecementos participantes.
O custe da tapa é de 2 euros...
leer másO vindeiro mércores, 19 de xuño, a Escola Municipal de Música de Burela celebrará xunto cos colexios de primaria da localidade o Día Mundial da Música. Iniciado en Francia en 1982 como Festival de Música e establecido como celebración europea en 1985 (Ano Europeo da Música), cada solsticio de verán o 21 de xuño a Unión Europea celebra un día dedicado a promover o intercambio cultural entre os pobos.
Segundo o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, “o seu obxectivo é promover que se organicen concertos na rúa, independentemente do seu estilo ou orixe, polo que se invita a todo o mundo a colaborar neste evento”. E engade que “aínda que o día oficial estableceuse o 21 de xuño, para non coincidir co remate do curso escolar, os organizadores creron adecuado trasladalo ao 19 para que puideran participar os centros de...
leer másO programa especializado en turismo de Onda Cero Radio Gente Viajera, que dirixe e presenta Esther Eiros, realizarase en directo desde o salón de plenos do Concello de Burela este domingo, día 16, de 12 a 14 horas. A emisión do programa é aberta ao público con entrada libre ata completar o aforo.
O espazo, que se escoitará a través de todas as emisoras de Onda Cero Radio, estará dedicado fundamentalmente a promover os atractivos turísticos da zona norte da provincia de Lugo e entre os invitados que serán entrevistados por Esther Eiros e o seu equipo de colaboradores (xornalistas especializados en turismo) estarán o alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; o presidente da Federación de Comercio A Mariña (FCAM), José Carlos Paleo; e o xerente de Armadores de Burela (ABSA), Miguel Neira.
... leer másA Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, xunto co Alcalde de Burela en funcións, Alfredo Llano García, presentaron, a Copa de S.M. A Raíña de Fútbol Sala, que se celebrará o próximo fin de semana, fixérono acompañados do Director do Comité Nacionalde Fútbol Sala, José Miguel Calle Echevarría, e o Presidente do Club DeportivoBurela FS, Manuel Blanco Fanego. É a terceira vez que a vila mariñá acolle esta Copa de España, que celebra a súa XXV Edición estreando a nova denominación de Copa da Raíña, co permiso da Casa Real.
García Bermúdez destacou “as rapazas do Pescados Rubén Burela FS son as subcampioas tanto de Liga, na que empataron a puntos coas campioas, como da Copa; agardamos que rodeadas da súa afección consigan facerse co título neste 2019 cheo de alegrías para os laranxas, froito do traballo e a entrega...
leer más