Cervo
O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar no CEIP Península da Paz, en San Ciprián, e en Cervo se se formase grupo.
A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino e pola profesora Sara Morales.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427.
O curso está previsto que arrinque o próximo 18 de setembro.
As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados...
leer másO Concello de Cervo anuncia que as súas escolas deportivas infantís e de adultos regresan no mes de outubro “cunha ampla oferta para todas as franxas de idade. Xa podedes facer a vosa inscrición na Casa do Concello ou na Casa da Cultura”.
Nas infantís ofrecen ximnasia rítmica, patinaxe, multideporte, balonmán e voleibol e nas de adultos haberá fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.
O Concello de Cervo anuncia que mañá, día 6 de setembro, regresan os Venres de Petiscos que propón a hostalería de Cervo e Sargadelos. A ruta, que conta coa colaboración da Administración local, retomarase con tapas elaboradas no Caseto de Copa, na Pousada O Almacén, na Taberna de Sargadelos e no Café Bar Cultural A Sacabeira.
A nova edición foi presentada esta mañá na Casa do Concello pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; e polos representantes dos establecementos participantes: Elsa Fernández, Tomás Mariño, Jessica Carrasco e Bruno González.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes: Caseto de Copa,...
leer másO Concello de Cervo anuncia que a Casa do Mar, en San Ciprián, acollerá un curso de competencias parentais o día 17 de setembro, martes, de 16:00 a 21:00 horas.
“Trátase dun curso gratuíto organizado desde a Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo AFAMMER-LUGO, coa colaboración do Concello de Cervo, dentro do Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a fin de avanzar para profesionalizar o sector dos coidados do menor”, explica o Concello de Cervo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a partir deste martes, 3 de setembro, no teléfono 982.55.77.77.
Cervo será o sábado 7 de setembro o escenario da II carreira de Andadura que se celebrará na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira. A competición, que arrincará ás 10:30 horas pola mañá e ás 16:00 horas pola tarde, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias; e por unha representación da asociación Cabaleiros da Bidueira, que organiza a cita cabalar coa colaboración da administración local.
A proba arrincará ás 10:30 horas e irán sucedéndose as carreiras nas diferentes categorías. Haberá case 2.000 euros en premios, ademais de trofeos e medallas. Tamén recibirá trofeo o xinete que consiga bater o mellor rexistro da pista, fixado en 29,76 segundos. O prazo para anotarse remata o 4 de setembro e as persoas interesadas poden facelo por whatsapp no 658.03.20.19.
Tal e como recordan desde o Concello de...
leer másDentro do programa Noites Alternativas organizado polo Concello de Cervo os días 19 e 20 de agosto, luns e martes, haberá a actividade Chan Interactivo, para maiores de 8 anos. Será na Praza dos Campos, de San Cibrao, desde as 19:00 horas ata a unha da madrugada.
O Concello de Cervo anuncia: “seguimos coas Noites Alternativas cunha divertida e novidosa actividade: Chan Interactivo. Achégate a descubrilo!!!”.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo Xefe Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Cadramón, e polo Delegado responsable da Federación Galega de Atletismo, Pablo Gandoy nas propias instalacións que acollerán unha proba na que se darán cita tres atletas olímpicos, que chegan directos de París: Adrián Ben, Óscar Husillos e Iñaki Cañal.
As inscricións son de balde e realizaranse a través da web https://sdp.rfea.es/ ata este venres 9 de agosto ás 22:00 horas. Pode participar calquera atleta federado; e nas probas de elite só poderán participar aqueles con licenza nacional en vigor.
A alcaldesa amosou a súa ledicia por poder ser Cervo o escenario desta competición que reunirá a estes cracks do atletismo nunha proba na que as expectativas son elevadas, dado...
leer másCervo celebrará as festas na honra da Nosa Señora, San Roque e o Carme, do 14 ao 17 de agosto, cando terá lugar a Queimada Popular, festa declarada de Interese Turístico Galego, organizada por Airiños do Xunco.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; pola tenente alcalde Mali Méndez; e por unha representación da Asociación Cultural Rego Cachón, que organiza as festas patronais; e de Airiños do Xunco, que se encarga da Queimada e tamén da Festa do Ovo Frito, xunto á asociación Cabaleiros da Bidueira.
Os festexos arrincarán o mércores 14 de agosto con esta popular Festa do Ovo Frito que contará coa actuación da Charanga Europa e da Discomóbil Conxuro.
Xa o xoves 15 de agosto ás 13:00 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida de...
leer másO concello de Cervo será o escenario da II Carreira Popular Sanci 5 KM o día 25 de agosto, domingo, a partir das 11:00 horas e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos, en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento. A cita deportiva está organizada polo Club Maderas Barcia Cervo coa colaboración do Concello de Cervo.
Tal e como explicaron desde a organización, a inscrición permanecerá aberta ata o próximo 18 de agosto a través da ligazón https://xn--tourmaria-s6a.com/es/web/inscripcion/2793/?r=1.
Ademais da carreira de adultos, tamén establecerán percorridos alternativos adaptados ás crianzas,...
leer másEl Concello de Cervo anuncia la presentación del libro titulado "Una tumba junto al mar", de Javier Bolado. El acto será este jueves, día 8 de agosto, a las 20:00 horas en la Casa da Cultura de San Ciprián.