Cervo

Etiquetas:
25/11/2021

O Concello de Cervo programa para este domingo, 28 de novembro, o concerto que ofrecerá a Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro. A actuación terá lugar na Praza dos Campos de San Ciprián ás 13:30 horas.

Este concerto inclúese no ciclo A Caixa de Música que o Concello de Cervo inauguraba o pasado mes de outubro e que se desenvolverá, en diferentes puntos do concello, con varias actuacións de música clásica e de bandas ao longo dos vindeiros meses. Este ciclo pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos celebraranse en fins de semana e festivos á hora do mediodía.

 

Etiquetas:
24/11/2021

Durante as xornadas de sábado e domingo, tres establecementos hostaleiros do Concello de Cervo ofrecerán tapas gratuítas de carne de poldro.

O restaurante O Noso Lar, o Hostal Buenavista e a Pousada O Almacén son os tres locais que ofrecerán tapas gratuítas elaboradas con carne de poldro por cada consumición que se pida.

A carne de poldro que se degustará nestas xornadas foi facilitada pola Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega.

Etiquetas:
22/11/2021

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, en colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), programa unha xornada baixo o lema “ponlle fin para ter un comezo”, que inclúe unha obra de teatro e un concerto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

A obra de teatro de Francisco Piñeiro, que se representará o venres 26 de novembro na Casa da Cultura de San Ciprián, ten como título “Alegoría da igualdade”. A compañía encargada da representación será o Grupo Ardora e a hora de comezo será ás 19:00H.
Ao remate da obra, a artista local Marta Suárez dará un concerto para todos os asistentes. 

O Concello de Cervo tamén colaborou xunto coa Asociación Bumei – Mujeres en Igualdad...

leer más
Etiquetas:
19/11/2021

O Concello de Cervo organiza o concerto de Los Alcántara que se celebrará este sábado, 20 de novembro. A actuación terá lugar na praza do Souto, ás 21:00 horas.

Este concerto forma parte do ciclo O Son do Nordeste que levará, ata o vindeiro mes de decembro, varias actuacións de grupos con diferentes estilos de música en distintos emprazamentos do concello.

Los Alcántara ofrecen versións de cancións españolas das décadas dos 60 e os 70.

Etiquetas:
11/11/2021

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar a XXII edición do concurso de postais de Nadal que está dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.

Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. O prazo de recepción remata o 26 de novembro. E o fallo do xurado farase público 29 de novembro...

leer más
Etiquetas:
29/10/2021

O Concello de Cervo instala unha carpa na Praza do Souto e outra na Praza dos Campos para acoller os eventos culturais dos meses de novembro, decembro e xaneiro.

Para esta fin de semana as carpas acollerán a programación pertencente ao Samaín 2021, que mañá sábado contará cun contacontos na Praza do Souto ás 12:30H e unha Festa infantil de Samaín na Praza dos Campos de 17H a 20H. Ademais, para hoxe hai sesión de cine na Casa da Cultura ás 20:00H coa película “Monster House”; e o domingo temos de novo sesión de cine na Casa da Cultura ás 20:30H co filme “La purga: la noche de las bestias” e a festa de Samaín 2021 na Sala de Exposicións do Complexo Histórico-Artístico de Sargadelos de 17:30H a 21H a cargo da Asociación A Fervenza de Sargadelos.

Durante os meses de novembro, decembro e xaneiro as carpas serán o lugar...

leer más
Etiquetas:
27/10/2021

A piscina Olímpica Municipal de Lieiro volve á normalidade a partir do vindeiro martes 2 de novembro. Desde esa data, os usuarios e usuarias do complexo xa non necesitarán facer unha reserva previa para o acceso ás instalacións deportivas.

Recordamos tamén que xa desde o pasado sábado, os aforos en instalacións deportivas permiten o 100% de ocupación, polo que a Piscina Olímpica Municipal de Lieiro pode acoller a súa máxima capacidade. 

Segundo o o concelleiro de deportes, Davíd Rodríguez, trátase “dunha boa nova que significa que pouco a pouco vamos deixando atrás a pandemia e vamos recuperando a normalidade”. Salienta tamén que “con estas novas medidas os usuarios e usuarias poderán gozar de máis liberdade á hora de acceder ás nosas instalacións”.

Etiquetas:
23/10/2021

O Concello de Cervo inicia un novo curso do taller de memoria que programa cada ano – a excepción do anterior debido á pandemia - a delegación de Servizos Sociais, e que imparte polos locais das diferentes parroquias do municipio a técnica deste departamento, Elisabet Peña. 

Ao longo deste curso  trabállanse técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razoamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións neurocognitivas.

Sinala o rexedor Alfonso Villares que “é unha actividade máis que consolidada dentro da programación que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerlles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é...

leer más
Etiquetas:
16/10/2021

O Concello de Cervo organiza unha andaina en conmemoración do Dia Internacional contra o Cancro de Mama. 

Ás 17:30H a supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela, María Eugenia Rodríguez Barreiro, dará unha charla sobre a materia no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

A continuación iniciarase unha andaina con saída na propia Casa da Cultura.

Para a Concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se viña celebrando durante moitos anos”. Engade tamén que “desde o Concello de Cervo queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.

Etiquetas:
10/10/2021

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa “A Caixa de música”, un ciclo de concertos de música clásica e de bandas que terán lugar en diferentes puntos do Concello nos vindeiros meses.

Este programa terá a súa apertura este martes na Praza do Souto co concerto da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro ás 13:00H. 

A Caixa de música pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos serán en fins de semana ou festivos á hora do mediodía.

Segundo a Concelleira de Cultura Dolores García Caramés “é un xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que durante todo o ano levamos a cabo no noso Concello e deste xeito tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música para todos os gustos”.

Engade...

leer más