Cervo
O Concello de Cervo programou para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada este mediodía polo edil de Turismo, David Rodríguez, pola concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas -Airiños do Xunco, Fervenza de Sargadelos, Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, Escola de Artes Marciais de Cervo, Amigos da Troula, Mariña Patrimonio, asociación de Mulleres Rurais As Espalladores e a asociación de veciños de San Román-.
Mañá venres, 20 de decembro, recibiremos pola mañá a visita anticipada de Papá Noel que se achegará aos colexios e á Escola Infantil da man da delegación de Cultura, e pola tarde o apalpador estará no Pavillón de San Román, a...
leer másEste sábado, día 14 de decembro, celebrarase o I Mercado de Nadal de Sargadelos que terá lugar na sala de exposicións do Complexo Artístico Histórico.
Instalaranse un total de dez postos con artigos de artesanía, roupa, alimentación, cosmética natural e cadros, entre outros produtos. Ademais haberá actuacións musicais durante toda a xornada. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas.
Estarán presentes as firmas: Sopa de Nuez, La Chapera, Muchachica, Mónica Justo, Asociación A Mariña, Sereasurf, Enigma, A Morena, Xogando coas Nubes e Rocío.
O evento está organizado por Serea Surfboards, Enigma e A Morena coa colaboración do Concello de Cervo.
O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.
Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.
O prazo de recepción remata o 29 de novembro. E o fallo do xurado farase público o 3 de...
leer másA vindeira fin de semana o pavillón da parroquia de San Román acollerá dúas representacións teatrais.
O sábado, 16 de novembro, ás 18:00 horas o Grupo de Teatro O Bordelo ofrecerá "Toluras de Proveito", autoría de Paco Piñeiro.
E O domingo, 17 de novembro, á mesma hora será o Grupo de Teatro O Torques o que actuará en San Román coa obra "Cena de Familia".
Este mediodía, o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro coa directora da Carreira, Maite Vilanova, para perfilar os detalles deste I Rally da Mariña, organizado pola escudaría Mix Rally, coa colaboración do Concello de Cervo.
Villares explicou que “apostamos por traer este evento deportivo ao noso municipio porque somos conscientes de que hai moita afección ao mundo do motor na nosa zona, pero tamén porque vimos nel un importante escaparate para dar a coñecer os atractivos do noso municipio, que son moitos”.
O tramo que transcorrerá polo Concello de Cervo é de 10 quilómetros. A saída está prevista desde Sargadelos (diante daa Fábrica) e a meta será na zona do Castelo. Os pilotos –agárdase que participen sobre unha decena da Mariña- farán tres pasadas por este...
leer másA ACR Fervenza de Sargadelos organiza unha festa de Samaín que se celebrará o día 31 de outubro nas Escolas Vellas de Cervo.
O programa comezará ás 18:45 horas co espectáculo O Espantamedos. Ás 20:00 horas haberá unha chocolatada e ás 20:30 horas será o concurso de disfraces e cabazas, no que os premios serán dous almorzos ou merendas saudables N´A Morena.
A xornada rematará ás 21:00 horas coa estantiga das ánimas desde as Escolas Vellas ata a praza do Souto.
O Concello de Cervo colabora coa organización destas actividades.
O Concello de Cervo celebra o Día Internacional das Bibliotecas agasallando libros aos máis pequenos.
Deste xeito, o alumnado do primeiro curso de infantil recibiu, da man do rexedor, Alfonso Villares, e da edil de Educación, Dolores García Caramés, o libro personalizado “Os bolechas van a Cervo”.
Villares e Caramés tamén aproveitaron a acasión para animar aos/ás nenos/as a que, se aínda non o teñen, fagan o seu carné infantil, para retirar todo tipo de libros de balde das bibliotecas municipais.
Ademais, con motivo desta efeméride, este domingo, 27 de outubro, ás 12:30 horas, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a representación teatral infantil “Antón e Tomasa: a cabaza encantada!”.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, destacou neste día a importancia de...
leer másA parroquia de Rúa acollerá o vindeiro sábado, 26 de outubro, a Festa da Esfollada do Maíz.
A cita, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros da Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, organizadores do evento, coa colaboración do Concello.
A Festa, que terá lugar na Antiga Escola de Rúa, arrincará ás 18:00 horas coa esfollada do millo.
A partir das 20:00 horas está programada unha cea a base de empanada e pan da casa elaborados con fariña de trigo da Malla de Rúa, callos, sobremesa e viño ou auga; por un prezo de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios.
Xa ás 22:00 horas dará comezo a Gran Verbena a cargo da orquestra Essencia. Habilitarase unha carpa.
... leer másA parroquia de San Román de Vilaestrofe, en Cervo, celebra as súas festas na honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carme do 11 ao 13 de outubro.
O venres 11 ás 22:30 horas haberá unha gran verbena amenizada pola orquestra Xacobeo.
O sábado 12 ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne na honra á Virxe do Pilar, cantada polo Coro Parroquial de Cervo. Despois haberá sesión vermú, no pavillón de deportes de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa orquestra Compostela, que tamén amenizará a verbena, a partir das 22:00 horas, xunto á orquestra Aramio.
O domingo 13 ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne na honra á Virxe do Carme, cantada polo Coro Parroquial de Cervo. Despois haberá sesión vermú, no pavillón dos deportes de veciños de San Román de Viaestrofe, co Dúo EPO-K.
... leer más