Cervo
O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, que dirixe Dolores García Caramés, programa uns obradoiros de técnicas de estudo e de escritura creativa dirixidos ao alumnado de primaria e a ESO.
En concreto, o obradoiro de escritura creativa comezará o 30 de xaneiro, prolongarase durante os meses de febreiro e marzo, e estará impartido pola escritora local Irene Rega Jul. Está dirixido ao alumnado de 4º a 6º de primaria -os xoves en horario de 17:00 a 18:00 horas- e de 1º e 2º da ESO -os xoves en horario de 18:30 a 19:30 horas-.
Pola súa banda, o obradoiro de técnicas de estudo comezará o 3 de febreiro, e prolongarase durante os meses de febreiro, marzo e abril. Está dirixido ao alumnado de 1º a 6º de primaria, e de 1º e 2º da ESO, e desenvolverase os luns na Casa da Cultura.
O grupo de teatro A Adala Infantil representará en Cervo a obra Que cousas pasan no Camiño.
A actuación terá lugar o domingo, 26 de xaneiro, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello de Cervo. A entrada é libre.
Esta é a segunda obra que interpretan sobre os escenarios os novísimos actores do grupo de Foz e que presentaron xa hai máis dun ano.
O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o 3 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongarase durante todo ese mes.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.
O edil de Deportes, David Rodríguez, anunciou no día de hoxe que a piscina municipal olímpica será a sede do Campionato Galego de Salvamento Deportivo nas categorías xuvenil, júnior, absoluta e máster, que se celebrará o 1 e 2 de febreiro; froito dun acordo de colaboración coa Federación Galega de Salvamento e Socorrismo de Galicia.
Rodríguez mantivo un encontro nas instalacións co director deportivo desta Federación, Daniel Vila, para perfilar todos os detalles do evento deportivo e coñecer as necesidades para o desenvolvemento desta proba que reunirá a 200 deportistas de toda Galicia, pertencentes a 12 clubs autonómicos.
A competición, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, arrincará o sábado, 1 de febreiro, ás 10:00 horas, e está previsto que remate o domingo 2, sobre as 19:30 horas.
... leer másA parroquia de Rúa celebrará a súa tradicional Festa da Candelaria o venres 31 de xaneiro, e o 1 e 2 de febreiro.
A cita foi presentada polo edil de Turismo, David Rodríguez, a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, e polos membros da comisión de festas, Alexis e Antonio Villarquide.
Deste xeito, dende o Concello convidan a todo o mundo a asistir a esta festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolongará durante esa fin de semana cun programa repleto de actos que debullamos a continuación:
O venres, 31 de xaneiro, haberá verbena coas orquestras Los Satélites e Trébol.
O sábado, día 1, ás 13:00 horas, celebrarase unha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida de procesión. A continuación, haberá sesión vermú con La Favorita, que...
leer másOs Reis Magos sairán este domingo, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas do Pavillón da Veiga de San Ciprián, e logo recibirán aos pequenos na Casa da Cultura.
Os Magos de Oriente ás 19:00 horas partirán das Escolas Vellas de Cervo.
E a continuación o grupo de teatro O Bordelo presentará a súa nova obra: "Conquistando ilusións" no salón de actos do Concello. Será a partires das 20:30 horas.
O Concello de Cervo felicita aos veciños do municipio co tradicional calendario de Nadal que foi presentado no día de hoxe no edificio municipal por parte do equipo de Goberno.
En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.
Tal e como explicou o rexedor “este calendario é xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.
Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos,...
leer másO próximo 24 de decembro a A.C.R Fervenza de Sargadelos organiza, como é habitual, a Noiteboa Infantil nas Antigas Escolas de Cervo.
As actividades comezarán ás 16 horas coa ludoteca de xogos de madeira, educativos e orixinais para toda a familia, que corren a cargo da xoguetería burelá Xogando nas Nubes. Despois, nesta ocasión, a Asociación apostou por Mamá Cabra, un dos grupos pioneiros da música infantil galega, que interpretará, por volta das 18 horas, grandes éxitos das súas publicacións, ben como panxoliñas extraídas do seu libro "Xa me tardan estes magos".
Nada máis rematar o espectáculo, haberá chocolatada para todas as persoas asistentes e, ás 19:30, Papá Noel recibirá a todas as crianzas. Por último, realizaránse os sorteos dunha cea para dúas persoas, unha cesta e un lote de viños nos locais O Caseto...
leer másO Concello de Cervo programou para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada este mediodía polo edil de Turismo, David Rodríguez, pola concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas -Airiños do Xunco, Fervenza de Sargadelos, Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, Escola de Artes Marciais de Cervo, Amigos da Troula, Mariña Patrimonio, asociación de Mulleres Rurais As Espalladores e a asociación de veciños de San Román-.
Mañá venres, 20 de decembro, recibiremos pola mañá a visita anticipada de Papá Noel que se achegará aos colexios e á Escola Infantil da man da delegación de Cultura, e pola tarde o apalpador estará no Pavillón de San Román, a...
leer másEste sábado, día 14 de decembro, celebrarase o I Mercado de Nadal de Sargadelos que terá lugar na sala de exposicións do Complexo Artístico Histórico.
Instalaranse un total de dez postos con artigos de artesanía, roupa, alimentación, cosmética natural e cadros, entre outros produtos. Ademais haberá actuacións musicais durante toda a xornada. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas.
Estarán presentes as firmas: Sopa de Nuez, La Chapera, Muchachica, Mónica Justo, Asociación A Mariña, Sereasurf, Enigma, A Morena, Xogando coas Nubes e Rocío.
O evento está organizado por Serea Surfboards, Enigma e A Morena coa colaboración do Concello de Cervo.