Cervo
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse está aberto dende este luns 16; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 20 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o luns 23 de xaneiro na cafetería da Casa do Mar e prolongaranse ata principios do mes de marzo.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.
Dende o Concello de Cervo convidan a todas as veciñas interesadas na competición a acudir...
leer másO Concello de Cervo comeza o ano coa posta en marcha dun novo curso do taller de memoria que promove polas diferentes parroquias do municipio a delegación de Servizos Sociais que dirixe Pilar Armada.
As persoas interesadas en participar no taller que imparte a técnica do departamento, Elisabet Peña, poden anotarse no teléfono 982 59 51 57 ou, de xeito presencial, na Casa da Cultura de San Ciprián, a partir do próximo luns, 9 de xaneiro.
Tal e como apuntan, será preciso un mínimo de 6 alumnos/as para a celebración do taller en cada unha das parroquias. No caso da actividade de Cervo, este ano mudará de localización trasladándose a unha sala habilitada no edificio dos xulgados.
Ao longo do curso tal e como apunta Peña “traballaremos técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar...
leer másOs Reis Magos farán mañá unha parada no camiño para ver aos /ás nenos/as do concello de Cervo.
Cabalgata de San Ciprián: partirá ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga, e ao remate do percorrido pola vila haberá recepción Real no Auditorio da Casa da Cultura.
Cabalgata de Cervo: ás 19:30 horas, con saída da Casa do Concello (NON DAS ESCOLAS VELLAS, COMO ERA HABITUAL) ata a carpa da Praza do Souto, onde haberá recepción Real; organiza Airiños do Xunco coa colaboración do Concello.
A continuación haberá a actuación do pallaso Popín e cantos de Nadal con Cordenaia Cantareiras
Este mércores, 4 de xaneiro, terá lugar a tradicional Gala de Nadal do Concello de Cervo, será na carpa instalada na Praza dos Campos, ás 20:00 horas.
Contará coas actuacións das agrupacións locais: Fol do Raxal, Coral do CIT, Coral Terramar, Cantareiras Cordenaia (Airiños do Xunco), Grupo Mistura e A Rebolaxe.
O Concello de Cervo felicita un ano máis estas Festas á veciñanza co tradicional calendario de Nadal.
En total editáronse 2.200 exemplares que o equipo de goberno xa está a repartir estes día fogar por fogar, polas distintas parroquias do municipio.
Como é tradición, a veciñanza é a protagonista indiscutible deste almanaque, que conta cun deseño moi especial no que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de xuntanzas de amigos, familias e asociacións, festas populares e recordos de escolas e clubs deportivos que tiveron lugar entre os anos 1981 e 1997; e que, de seguro, lles van traer moitos recordos aos protagonistas.
Ademais, resulta unha ferramenta moi útil para os veciños, que contan cunha lista de festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional, unha...
leer másO Concello de Cervo, acollerá o vindeiro domingo 18 de decembro o XIV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu.
O evento foi presentado polo rexedor, Alfonso Villares, polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.
Estímase que medio cento de competidores de toda Galicia e distintas partes de Asturias acudirán ao Pavillón municipal da Veiga para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior.
A competición engloba as modalidades de Kata e Goshin Shobu, que consisten na realización de técnicas propias do Nihon Tai-jitsu e da defensa persoal.
Desde o Concello convidan aos veciños e visitantes a achegarse durante...
leer másA Praza do Souto acolle por primeira vez este sábado, 17 de decembro, o xa tradicional Mercado de Nadal.
Na mañá de hoxe o alcalde D. Alfonso Villares, a concelleira de cultura, Dolores García Caramés, e o edil de Turismo, David Rodríguez, recibiron a Cristina Rodríguez, xerente de Marmeladas A Morena, e Xerardo Rodríguez, de Cabaliño de Pao, os locais organizadores do evento, para presentar o programa de actividades que terá lugar este sábado.
O mercado abrirá as súas portas ás 11:00H na carpa instalada na Praza do Souto, en Cervo. Os visitantes poderán desfrutar de numerosos postos de alimentación e artículos artesanais e estarán acompañados dende as 11:30H da percusión africana de Mapato.
Ás 12:30H collerá o testigo a agrupación local Fol do Raxal. A tarde estará amenizada pola música de Juan Soto e ás 17...
O Concello de Cervo programa para as festas de Nadal unha axenda chea de eventos e actividades para todo tipo de públicos en colaboración coas diferentes asociacións do municipio.
A programación de Nadal arrincaca este mesmo sábado 10 de decembro co belén de plastilina, ás 12:00H na Casa do Concello e ás 17:00 horas na Casa da Cultura en San Ciprián, para todos aqueles que queiran colaborar na súa elaboración.
O próximo sábado 17 de decembro entre as 11:00 e as 20:00H celebrarase o III Mercado de Nadal, organizado na Praza do Souto en Cervo da man de Cabaliño de Pao e A Morena.
O deporte volve a estar presente da man do XIV Campionato de Nadal de Nihon TaiJitsu, que terá lugar o domingo 18 de decembro ás 11:00H no pavillón da Veiga. Ese mesmo día pola mañá, un pasarrúas recorrerá San...
leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado 17 ás 12:00 unha charla na Casa da Administración de Sargadelos na que se presentarán os datos obtidos trala escavación realizada polo Gabinete de Arqueoloxía e a Universidade de Santiago de Compostela no ano 2020 no lugar do Coído (Cervo, Lugo). A conferencia correrá a cargo das arqueólogas María Martín Seijo e María José Bóveda Fernández, responsables da escavación e do estudo realizado neste sitio arqueolóxico. O estudo en laboratorio, e a realización dunha datación por luminiscencia dun dos fragmentos cerámicos achados no xacemento, permítelles ás autoras deste traballo realizar para todo o conxunto unha proposta de adscrición cronolóxica na Idade do Bronce.
A intervención arqueolóxica, promovida pola asociaciación socioculural Mariña Patrimonio, foi subvencionada cunha axuda da...
leer másO Nadal xa está ás portas... “e como cada ano, tamén vos queremos convidar a que participedes na elaboración dos tradicionais Beléns de Plastilina nesta fin de semana”, indican desde o Concello.
Serán o sábado, 10 de decembro, ás 12 na Casa do Concello en Cervo, e tamén ás 12 na Casa da Cultura en San Ciprián.












