Deportes
A empresa BeOne, que xestiona a piscina municipal de Ribadeo, ten en marcha neste mes de xaneiro unha campaña de captación de socios que ofrece vantaxes como matrícula sen custo e a posibilidade de gozar de todas as instalacións do centro gratuitamente durante un día. Ademais os que entren na web beone.es/xuntos poderán conseguir un mes de balde.
As instalacións de BeOne en Ribadeo, que están na rúa Pintor Fierros, contan con “tres zonas: unha de auga cun espazo dedicado a zona spa, unha sala onde se dan actividades en seco e un ximnasio de musculación cunha parte de tonificación e outra de cardio”, explica o director do centro, Javier Canel, quen engade que “intentamos que as actividades da sala estean dirixidas á maior cantidade de usuarios, desde xente moi nova ata os máis maiores. Hai varios tipos de ofertas, con intensidades altas, ...
leer másO programa Noites Alternativas de Foz comezará este vindeiro luns, día 10, e foi presentado pola concelleira de Xuventude e Deportes, Mercedes González, e por Ibán García, da empresa IG10. Haberá fútbol praia, fútbol sala, volei praia, baloncesto e patinaxe e as actividades desenvolveranse no Campo da Cabana e na praia da Rapadoira.
Dende a organización explican que “é un programa completo que enche as noites do verán de deporte para mozos e mozas. Participa tanto xente nova de Foz e doutros concellos da Mariña como doutros lugares de España, que están a pasar as súas vacacións aquí. A inscrición faise ao inicio da actividade. Se algún rapaz ou rapaza dubida en participar por non ter grupo, non hai problema; o primeiro día formamos equipos. Este programa ten un gran éxito todos os veráns e axuda a formar amizades entre persoas que veranean...
leer más












