Foz

05/09/2024

O Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza xornadas de portas abertas no pavillón de Marzán este xoves, día 5 de setembro, o martes 10 e o xoves 12 deste mes, de 17:00 a 18:00 horas.

Son para categoría benxamín, persoas nacidas nos anos 2015 e 2026, e para alevín, nacidos nos anos 2013 e 2014.

03/09/2024

O Concello de Foz dá esta fin de semana o pistoletazo de saída a súa programación cultural outonal, que inclúe danza, teatro, circo de rúa e música. A presentación realizarase este sábado, 7 de setembro, ás 19.00 horas na Sala Bahía, que acollerá dous espectáculos de danza. Poderán desfrutarse de forma gratuíta.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o primeiro dos espectáculos que se poderá ver é Rito, unha peza que poñerán en escena os alumnos do Conservatorio de Danza de Lugo en colaboración coa compañía Colectivo Glovo. A continuación será a quenda de Colectivo Glovo, coa súa obra Tabú. Agardamos que este primeiro día, no que comezamos a tempada con danza, o público poida ver a fantástica programación que deseñamos para os vindeiros meses”.

Inés López Couto engade que “o...

leer más
03/09/2024

O Concello de Burela anuncia que este domingo, día 8 de setembro, terá lugar a proba 15K A Mariña Banco Mediolanum, desde Burela ata Foz.

Haberá tamén unha andaina e carreiras para menores de idade. A xornada terá unha fin solidaria, en favor de Buen Pastor Centro Ollos Grandes Lugo. Doarase un euro de cada inscrición a esta organización e se abrirá unha Fila 0 para quen non poida participar pero queira aportar á causa.

As inscricións atópanse abertas ata este mércores, 4 de setembro, na páxina web do evento: bancomediolanum15kseries.com

A saída da 15K e da andaina será dende o Activity Center, de Burela, comezando ás 10 horas a andaina y ás 11:00 a 15K, para percorrer...

leer más
Etiquetas:
29/08/2024

Foz celebra a XII Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica os días 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro.

O xoves, 29 de agosto, ás 19:00 horas dará comezo a festa coa apertura do Mercado Normando, onde os asistentes poderán mergullarse na época medieval e gozar dos produtos típicos da feira. Ás 21:00 horas, o grupo Rimo Crouleiro encargarase de animar o pasarrúas polo mercado.

O venres, 30 de agosto, a xornada arranca ás 12:00 horas coa inauguración do Campamento Normando no Paseo da Ribeira. Durante o día, diferentes agrupacións como Lipsala, Gaica Escola de Modo e Combates Normandos amenizarán o mercado con diversas actuacións e música. Ás 20:00 horas terá lugar o pregón oficial a cargo de Roberto Gómez Ledo na área recreativa Bispo Santo, seguido dunha representación teatral da Lenda de San...

leer más
Etiquetas:
28/08/2024

Do 29 de agosto ao 15 de setembro desenvolverase a campaña da Volta ao Cole de AciaFozCCA, na que se sortearán 500 euros en vales de compra. 

O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, subliña que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros, entre o 29 de agosto e o 15 de setembro, participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro. 

Paleo indica que “deste xeito queremos premiar á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole volve confiar nos negocios locais  nos que atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo pobo e si ademais levamos un premio de 50 euros...

leer más
Etiquetas:
27/08/2024

Cordido, en Foz, celebrará as tradicionais Festas da Peregrina, que terán lugar os días 31 de agosto, 1 e 7 de setembro de 2024.

As festividades comezarán este sábado, 31 de agosto, cunha misa solemne ás 13:30 horas na igrexa parroquial, coa participación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Despois da misa, terá lugar unha procesión acompañada por un grupo de gaitas. A xornada continuará coa tradicional sesión vermú, a cargo da Orquestra Escaparate, que tamén será a encargada de amenizar a verbena xunto co Grupo Tormenta.

O domingo, 1 de setembro, a celebración prosegue con misa solemne ás 13:30 horas, tamén na igrexa parroquial, coa actuación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Ao remate da misa, a procesión estará acompañada pola Orquestra Compostela, que tamén será a protagonista da sesión vermú e da...

leer más
Etiquetas:
25/08/2024

A exposición ao aire libre titulada “Os vieiros de Asorey” pode visitarse en Foz. Estará na praza do parque Martínez Otero ata o día 18 de setembro, como un dos actos programados para esta edición do Día das Artes Galegas 2024, que homenaxea ao escultor Francisco Asorey.

Está composta por catro módulos e comisariada polo académico e fotógrafo Xurxo Lobato con textos do tamén académico Felipe Senén López Gómez, e organizada pola Academia coa colaboración do Concello de Foz e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
25/08/2024

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, o vindeiro xoves, 29 de agosto, ás 20:30 unha proxección do filme documental  A Cidade da Selva, coa presenza do seu director Miguel Riaño.
 
Desde A Pomba do Arco explican que “A Cidade da Selva é un documental sobre a historia da guerrilla antifranquista na Galiza, articulada arredor da Federación da Guerrillas da Galiza, cuxo principal dirixente foi Marcelino Fernández Villanueva O Gafas”.
 
E engaden que “Marcelino Fernández Villanueva O Gafas foi un importante activo da guerrilla mariñá entre 1947e 1948, cando actuou polos concellos de A Pastoriza, Foz, Lourenzá é Mondoñedo”.
 

 

Etiquetas:
23/08/2024

AciaFozCCA sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que desenvolverá do 29 de agosto ao 15 de setembro. 

O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro. 

Paleo indica que “deste xeito queremos premiar á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole volve confiar nos negocios locais, nos que ten a carón da súa casa. Nas librarías, nas tendas de deportes, nas de moda, nas de calzado… atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo pobo e si...

leer más
Etiquetas:
22/08/2024

O día 30 de agosto, venres, volve o Torneo Celtas Praias de Foz, coa oportunidade de ver por primeira vez esta pretempada ao Club Baloncesto Río Breogán, de ACB, que se enfrontará a un equipo da máxima categoría inglesa, o Surrey Scorchers. Será ás 19:00 horas no pavillón Torques de Marzán.

As entradas están á venda desde este xoves, 22 de agosto, na tenda Megabyte Informática, da vila focega.