Foz
Vilaxoane, en Foz, celebrará as súas festas na honra de San Blas desde o día 31 de xaneiro ata o 3 de febreiro.
As actividades comezarán o venres 31 de xaneiro cunha verbena amenizada polo dúo Estrellas e a orquestra Gran Parada.
O sábado 1 de febreiro haberá sesión vermú con grupo Fénix, que tamén actuará na verbena, xunto á orquestra Solara.
O domingo 2 celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2025, que organiza a peña Fálame Sempre. Haberá sesión vermú co Dj Take Sound a partir das 13:30 horas.
E o luns 3, Día do Patrón, ás 13:00 h celebrarase misa solemne e a continuación procesión e bendición do tradicional Pan de San Blas. Ás 18:30 horas haberá outra misa solemne e farase a imposición do santo todo o día.
Para estes festexos haberá...
leer másRamón Fernández López-Leitón, de Foz, é o gañador da fin de semana en Casa Castiñeira, en Muxía, sorteada por Pastelería Anduriña.
Entraron no sorteo todas aquelas persoas que compraron roscóns de reis en Anduriña desde finais do pasado mes de decembro ata o 12 de xaneiro.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz. E a continuación foi entregado en Pastelería Anduriña o agasallo ao afortunado, que gozará de dúas noites de aloxamento para dúas persoas en habitación dobre, con almorzo caseiro e detalle de benvida.
Desde Anduriña Mara, Mari e Moncho felicitan a Ramón Fernández e agradecen “a toda a fiel clientela que apostasen pola nosa pastelería un ano máis para saborear os nosos roscóns de reis. A campaña este ano volveu funcionar moi ben”.
AciaFozCCA fixo realidade hoxe os dez desexos de Nadal. Esta mañá, en Radio Foz, tivo lugar o sorteo de 10 vales de compra por importe de 100 euros cada un. Os números afortunados e los locais nos que foron entregados son os seguintes:
3419 - Koquetas Moda
47084 - Decoraciones Pura
41854 - Lencería Esther
29393 - Dermoterapia centro estética
6033 - Ferretería Fuente
32846 - Vas’s Outlet
27326 - Cenor Belianorte
34051 - Koquetas Moda
1914 - Pastelería Xoyma
14590 – Ofifoz
As persoas afortunadas poden poñerse en contacto con AciaFozCCA para reclamar os seus premios chamando ao 982 132 751.
AciaFozCCA contou para a campaña de Nadal coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.
AciaFozCCA deu a coñecer hoxe os nomes dos establecementos gañadores do concurso de escaparates de Nadal, que organizou un ano máis.
O 1º premio é para Electricidad Núñez, o 2º para Hedra e o 3º para Chuvia. O premio ao mellor decorado de interior é para Pastelería Anduriña e a mellor fachada para Lencería Esther.
Desde AciaFozCCA felicitan aos gañadores “pola súa implicación para encher de luz, de maxia e de color as rúas de Foz durante o Nadal”.
AciaFozCCA contou para a campaña de Nadal coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.
O Concello de Foz está pendente das previsións meteorolóxicas para que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente poidan chegar a Foz e repartir os agasallos de forma segura. Se o tempo o permite, a cabalgata sairá da Praia da Rapadoira este domingo, 5 de xaneiro, ás 18.30 horas para percorrer as súas Trapero Pardo, rúa do Mar, Paseo da Ribeira, Praza Conde de Fontao, rúa Valle Inclán, avenida da Mariña e avenida Álvaro Cunqueiro, onde sairán a saudar dende o balcón do Concello e pasarán polo belén vivinte que está na Praza do Concello. Para posteriormente trasladarse á Sala Bahía, onde recibirán a todos aqueles que queiran saudalos e facerlles ás últimas peticións. Ademais da recepción haberá chocolate e roscón, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen tamén indica que “no caso de empeoramento meteorolóxico a comitiva acudirá directamente á Sala...
leer másOs Sendeiros de Foz iniciarán as súas andainas de 1025 o vindeiro 19 de xaneiro coa Ruta da Auga, en Guitiriz.
A saída está prevista para as 8 da mañá de Foz, a carón de Cenor Belianorte, e de Ferreira ás 8:15 horas. O prazo para anotarse está aberto ata o 15 de xaneiro. As persoas interesadas poden facelo nos teléfonos: 606 71 84 82 ou 670 36 90 17 ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es
O prezo para os socios federados será de 40 euros, para os non federados de 45 euros e para os socios temporais 50 euros. Está incluído o xantar. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A dificultade da ruta, segundo a organización, é fácil.
Os Sendeiros contan coa colaboración do Concello de Foz.
Pastelería Anduriña, de Foz, sortea un fin de semana de turismo rural en Casa Castiñeira (Muxía-A Coruña) para dos personas. El premio incluye dos noches de alojamiento en habitación doble, desayuno casero y detalle de bienvenida.
Todas aquellas personas que compren algún roscón de Reyes hasta el 12 de enero en Pastelería Anduriña entrarán en el sorteo que tendrá lugar el 15 de enero a través de Radio Foz.
Los roscones rellenos de crema, de nata, de chocolate, de trufa o de pistacho pueden encargarse en el teléfono 982 132 554 o en el whatsapp 648 448 157
O vindeiro xoves, 26 de decembro, as gañadoras da campaña Regala Nadal, Merca en Local, que tivo lugar hai uns días en Foz, consumirán os seus premios nunha tarde de compras.
O pasado 18 de decembro na Festa de Nadal celebrada en Foz dentro da campaña Regala en Nadal, Merca en Local, celebrouse o sorteo en directo de tres tarxetas prepago por valor total de 4.500 euros para gastar nunha xornada de compras nos establecementos asociados.
As agraciadas foron:
-Ángeles Agrelo Vila: Tarxeta de 500 euros, a gastar nun mínimo de 3 establecementos
-Tamara Suárez Peláez: Tarxeta de 1.000 euros, a gastar nun mínimo de 5 establecementos
-Beatriz Lestegás Pacheco: Tarxeta de 3.000 euros, a gastar nun mínimo de 8 establecementos
A xornada de...
leer másA agrupación O Feitizo, de Foz, organiza un Musical de Nadal que se celebrará na Sala Bahía o luns 23 de decembro, ás 19:00 horas.
O Feitizo anuncia que “xa está aquí o Musical de Nadal, feito por nen@s para nen@s . Papá Noel visitará aos nen@s, teremos un photocall navideño súper chulo e sorteamos unha cesta de chuches”.
A Aula Universitaria da UNED de Foz comeza o ano 2024 con dúas actividades destacadas que combinan ciencia e cultura, dirixidas tanto ao público xeral como á comunidade educativa. A programación para xaneiro inclúe unha charla médica sobre neuropsiquiatría e un encontro informal para practicar inglés.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muíña, destaca a importancia destas actividades para achegar o coñecemento á cidadanía: “queremos ofrecer á nosa comunidade propostas que sexan útiles, enriquecedoras e accesibles. Con estas iniciativas, buscamos fomentar tanto o coñecemento científico como o intercambio cultural, sempre dentro dun ambiente participativo.”
A primeira cita terá lugar o día 14 de xaneiro e trátase dun Café Conversa en inglés, unha actividade dirixida a persoas cun nivel...
leer más