Foz
Ambos autores obtiveron o premio nacional poesía joven Miguel Hernández. Ambos son autores de poesía e as súas últimas obras son narrativa: A parte fácil, libro de relatos, de Ismael Ramos e La Fuerza, novela, de Xaime Martínez.
Ismael Ramos escribe en galego e Xaime Martínez en asturianu e ambos teñen as súas obras traducidas ao castelán.
Desde Libraría Bahía apuntan que “será moi interesante escoitar e preguntar a estes dos autores, moi novos e con importantes recoñecementos xa no seu haber, que teñen un enorme compromiso coa literatura e coas súas linguas propias. Este encontro forma parte do programa Afinidades Electivas, promovido pola dirección xeral do libro e a lectura do Goberno de España no que a Libraría Bahía ven participando desde o seu inicio, sendo este o quinto que celebraremos”.
O Encontro Literario terá lugar ás 20:30 horas...
leer másA FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza un Foro de Análise o vindeiro 3 de outubro en Foz. O aluguer será o protagonista da cita, que terá lugar no Cenima a partir das 19:00 horas.
Baixo o título de Traballo na Mariña lucense, onde vivo? o Foro analizará a problemática para atopar pisos de aluguer de tempada na comarca mariñá tras o boom das vivendas de uso turístico. A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “hai moita preocupación nos diferentes colectivos de traballadores, xa sexa para incorporarse a empresas, a tendas, a hoteis, a restaurantes, a centros de ensino ou mesmo ao hospital, porque non atopan pisos para alugar nas vilas nas que van estar traballando e nas que lles gustaría vivir e asentarse. No caso de Ribadeo, por exemplo, sabemos que ou alugan nos concellos veciños ou aquí é practicamente imposible”....
leer másO presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “o que pretendemos é contribuír á dinamización económica dos establecementos participantes nesta nova campaña que hoxe poñemos en marcha e premiar á súa fiel clientela”.
Na campaña Rasca Gaña de AciaFozCCA participan 31 locais: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Clínica Veterinaria Foz, Decoraciones Pura, Don Zapato, Dermoterapia Centro de Estética, Electricidad Núñez, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Infotec, Isla, Koquetas Moda, Kukadas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Los Dulces de Delphine, Lourdes Moda Íntima y Baño, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, Ofifoz, Pastelería Anduriña, Pirde Calzado, Pirde Moda, Thecé...
leer másLa primera edición del Torneo de Petanca Concello de Foz se disputará el día 6 de octubre, domingo, en las pistas del parque Uxío Novoneyra, en la villa focense.
Está organizado por el Club Petanca Foz con la colaboración del Concello.
Las personas interesadas en más información sobre este evento pueden contactar con los organizadores a través de los teléfonos 669.915.169 o 638.201.592.
No vindeiro mes de outubro comezará un novo curso, o da tempada 2024/2025, das Escolas Deportivas Municipais de Foz, que son para nenos e nenas nados/as entre os anos 2008 e 2020. Anúnciao a Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz.
Contarán con: patinaxe, ximnasia rítmica, kickboxing, teatro, tenis, coreodance kids, cerámica e multideporte.
AciaFozCCA sorteou hoxe 500 euros en vales de compra na súa campaña da Volta ao Cole, que se desenvolveu entre o 29 de agosto e o 15 de setembro.
O sorteo tivo lugar en Radio Foz.
Os números agraciados cun vale de 50 euros cada un foron os seguintes: 19105, entregado en Infotec; 13568 en Koqueta Moda; 8823 entregado en Los Dulces de Delphine; 4070 en Alba Vila, centro dietética; 18386 en Veipa; 3172 en 5 Lobiños; 17164 entregado en florería Ana Fabeiro; 4403 en Vas’s Outlet; 14101 en Chuvia; e 10750 en Libraría Bahía.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, felicita aos premiados e agradece a confianza depositada no comercio local “para mercar todo o preciso para a volta ao cole do novo curso iniciado hai uns días e tamén para a nova tempada outono-inverno. Mercando en Foz...
leer másO Concello de Foz continúa coa súa programación cultural esta fin de semana, que será intensa. Ao teatro afeccionado únense as charlas San Martiño no Camiño e a chegada do ciclo Galicia Escena Norte .
Este venres, 13 de setembro, no Museo da Basílica de San Martiño darán comezo os coloquios de San Martiño no Camiño, unhas charlas que se veñen organizando nos últimos anos para dar a coñecer a historia da Mariña e máis concretamente a relativa a San Martiño de Mondoñedo (Foz). Esta primeira charla será impartida por Carlos Andrés González Paz, actualmente no Instituto de Estudos Galego Padre Sarmiento, é un recoñecido historiador do medievo e explicará De Dumio a San Martiño de Mondoñedo: a Eccllesia Dumiensis na historia eclesiástica da Galicia Medieval. A charla está programada para ás 19.00 horas. O venres 20 continuará este...
leer másA cuarta edición de Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural no que participan compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, iniciará esta fin de semana a súa andaina polo territorio galego da man do Ciclo Constelacións, a programación itinerante de corte xeneralista que conforman 15 propostas diferentes. Este venres 13, ás 19.00 horas, a praza compostelá de Praterías acollerá o espectáculo inaugural Check Out, do asturiano Adrián Conde, unha proposta dirixida a público de todas as idades, especialmente o infantil. En caso de choiva, a función -prevista inicialmente para a praza da Quintana-, terá lugar no Salón Teatro. Nos dous casos, o acceso será de balde ata completar capacidade.
Check out é unha das propostas máis premiadas este ano en Asturias. Adrián Conde foi galardoado...
leer másA coordinadora da UNED de Foz, Marta Muíña, e a concelleira da Aula, Elena Martínez, anuncian unhas Xornadas de Portas Abertas, “unha oportunidade única para que a comunidade coñeza de preto a oferta formativa e as instalacións do centro. O evento, que terá lugar do 23 ao 27 de setembro, de 9:00 a 11:00 e de 15:30 a 20:30 horas, está dirixido a estudantes potenciais, familias e calquera persoa interesada na educación a distancia”.
A concelleira Elena Martínez explica que “estas xornadas son unha excelente oportunidade para que os interesados descubran todo o que a UNED Foz ofrece. O obxectivo é dar a coñecer a oferta formativa e a súa metodoloxía semipresencial”.
A coordinadora da aula indica que “durante as Xornadas de Portas Abertas os asistentes poderán participar en sesións informativas sobre os diversos...
leer másA asociación socio-educativa Antonio Gandoy organiza unha charla titulada Crianza respectuosa que se celebrará o mércores da vindeira semana, día 11 de setembro, no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz.
A charla será impartida por Olaia Otero Cao, mestra de educación infantil, facilitadora de disciplina positiva e orientadora familiar da asociación Antonio Gandoy. O horario da actividade será de 17:00 a 18:30 horas e o prezo de 15 euros por persoa e 20 euros por familia.
As persoas interesadas poden obter máis información e facer a reserva no teléfono 679 143 620 ou en olaiacao@gmail.com
A conferencia está dirixida a familias con nenos/as de 0 a 6 anos e persoas que busquen un espazo onde aprender, compartir, resolver dúbidas e...
leer más