Foz
A coordinadora da UNED de Foz, Marta Muíña, e a concelleira da Aula, Elena Martínez, anuncian unhas Xornadas de Portas Abertas, “unha oportunidade única para que a comunidade coñeza de preto a oferta formativa e as instalacións do centro. O evento, que terá lugar do 23 ao 27 de setembro, de 9:00 a 11:00 e de 15:30 a 20:30 horas, está dirixido a estudantes potenciais, familias e calquera persoa interesada na educación a distancia”.
A concelleira Elena Martínez explica que “estas xornadas son unha excelente oportunidade para que os interesados descubran todo o que a UNED Foz ofrece. O obxectivo é dar a coñecer a oferta formativa e a súa metodoloxía semipresencial”.
A coordinadora da aula indica que “durante as Xornadas de Portas Abertas os asistentes poderán participar en sesións informativas sobre os diversos...
leer másA asociación socio-educativa Antonio Gandoy organiza unha charla titulada Crianza respectuosa que se celebrará o mércores da vindeira semana, día 11 de setembro, no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz.
A charla será impartida por Olaia Otero Cao, mestra de educación infantil, facilitadora de disciplina positiva e orientadora familiar da asociación Antonio Gandoy. O horario da actividade será de 17:00 a 18:30 horas e o prezo de 15 euros por persoa e 20 euros por familia.
As persoas interesadas poden obter máis información e facer a reserva no teléfono 679 143 620 ou en olaiacao@gmail.com
A conferencia está dirixida a familias con nenos/as de 0 a 6 anos e persoas que busquen un espazo onde aprender, compartir, resolver dúbidas e...
leer másO Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza xornadas de portas abertas no pavillón de Marzán este xoves, día 5 de setembro, o martes 10 e o xoves 12 deste mes, de 17:00 a 18:00 horas.
Son para categoría benxamín, persoas nacidas nos anos 2015 e 2026, e para alevín, nacidos nos anos 2013 e 2014.
O Concello de Foz dá esta fin de semana o pistoletazo de saída a súa programación cultural outonal, que inclúe danza, teatro, circo de rúa e música. A presentación realizarase este sábado, 7 de setembro, ás 19.00 horas na Sala Bahía, que acollerá dous espectáculos de danza. Poderán desfrutarse de forma gratuíta.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o primeiro dos espectáculos que se poderá ver é Rito, unha peza que poñerán en escena os alumnos do Conservatorio de Danza de Lugo en colaboración coa compañía Colectivo Glovo. A continuación será a quenda de Colectivo Glovo, coa súa obra Tabú. Agardamos que este primeiro día, no que comezamos a tempada con danza, o público poida ver a fantástica programación que deseñamos para os vindeiros meses”.
Inés López Couto engade que “o...
leer másO Concello de Burela anuncia que este domingo, día 8 de setembro, terá lugar a proba 15K A Mariña Banco Mediolanum, desde Burela ata Foz.
Haberá tamén unha andaina e carreiras para menores de idade. A xornada terá unha fin solidaria, en favor de Buen Pastor Centro Ollos Grandes Lugo. Doarase un euro de cada inscrición a esta organización e se abrirá unha Fila 0 para quen non poida participar pero queira aportar á causa.
As inscricións atópanse abertas ata este mércores, 4 de setembro, na páxina web do evento: bancomediolanum15kseries.com
A saída da 15K e da andaina será dende o Activity Center, de Burela, comezando ás 10 horas a andaina y ás 11:00 a 15K, para percorrer...
leer másFoz celebra a XII Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica os días 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro.
O xoves, 29 de agosto, ás 19:00 horas dará comezo a festa coa apertura do Mercado Normando, onde os asistentes poderán mergullarse na época medieval e gozar dos produtos típicos da feira. Ás 21:00 horas, o grupo Rimo Crouleiro encargarase de animar o pasarrúas polo mercado.
O venres, 30 de agosto, a xornada arranca ás 12:00 horas coa inauguración do Campamento Normando no Paseo da Ribeira. Durante o día, diferentes agrupacións como Lipsala, Gaica Escola de Modo e Combates Normandos amenizarán o mercado con diversas actuacións e música. Ás 20:00 horas terá lugar o pregón oficial a cargo de Roberto Gómez Ledo na área recreativa Bispo Santo, seguido dunha representación teatral da Lenda de San...
leer másDo 29 de agosto ao 15 de setembro desenvolverase a campaña da Volta ao Cole de AciaFozCCA, na que se sortearán 500 euros en vales de compra.
O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, subliña que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros, entre o 29 de agosto e o 15 de setembro, participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro.
Paleo indica que “deste xeito queremos premiar á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole volve confiar nos negocios locais nos que atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo pobo e si ademais levamos un premio de 50 euros...
leer másCordido, en Foz, celebrará as tradicionais Festas da Peregrina, que terán lugar os días 31 de agosto, 1 e 7 de setembro de 2024.
As festividades comezarán este sábado, 31 de agosto, cunha misa solemne ás 13:30 horas na igrexa parroquial, coa participación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Despois da misa, terá lugar unha procesión acompañada por un grupo de gaitas. A xornada continuará coa tradicional sesión vermú, a cargo da Orquestra Escaparate, que tamén será a encargada de amenizar a verbena xunto co Grupo Tormenta.
O domingo, 1 de setembro, a celebración prosegue con misa solemne ás 13:30 horas, tamén na igrexa parroquial, coa actuación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Ao remate da misa, a procesión estará acompañada pola Orquestra Compostela, que tamén será a protagonista da sesión vermú e da...
leer másA exposición ao aire libre titulada “Os vieiros de Asorey” pode visitarse en Foz. Estará na praza do parque Martínez Otero ata o día 18 de setembro, como un dos actos programados para esta edición do Día das Artes Galegas 2024, que homenaxea ao escultor Francisco Asorey.
Está composta por catro módulos e comisariada polo académico e fotógrafo Xurxo Lobato con textos do tamén académico Felipe Senén López Gómez, e organizada pola Academia coa colaboración do Concello de Foz e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, o vindeiro xoves, 29 de agosto, ás 20:30 unha proxección do filme documental A Cidade da Selva, coa presenza do seu director Miguel Riaño.
Desde A Pomba do Arco explican que “A Cidade da Selva é un documental sobre a historia da guerrilla antifranquista na Galiza, articulada arredor da Federación da Guerrillas da Galiza, cuxo principal dirixente foi Marcelino Fernández Villanueva O Gafas”.
E engaden que “Marcelino Fernández Villanueva O Gafas foi un importante activo da guerrilla mariñá entre 1947e 1948, cando actuou polos concellos de A Pastoriza, Foz, Lourenzá é Mondoñedo”.