Foz
A concelleira de Xuventude en Foz, Zoraida Coira, deu a coñecer a programación das Noites que comeza o vindeiro martes, 9 de xullo, na Rapadoira con volei praia e rematará o 22 de agosto.
As mozas e mozos gozarán de volei e fútbol praia, fútbol sala, baloncesto e wipe out. O volei praia será do 9 ao 11 de xullo; o fútbol sala, do 22 ao 24 de xullo; o wipe out, do 6 ao 8 de agosto; o fútbol praia, do 13 ao 15 de agosto; e o baloncesto do 20 ao 22 de agosto.
As actividades desenvolveranse na Rapadoira e no Campo da Cabana desde as 22:00 horas.
O Concello de Foz destaca que “de 10 anos en adiante están convidados/as a participar das noites máis movidas do verán. Tan só deben inscribirse o primeiro día de cada actividade, antes de comezar”.
A cafetería do centro social de Foz, que foi adxudicada polo pleno da corporación municipal o 27 de xuño a Manuel Mostazo Moldes, abriu hoxe, sábado. Neste primeiro día de actividade recibiu a visita do alcalde, Fran Cajoto, e dos concelleiros Inés López, Ana Rojo, Ángel Fernández e Elena Martínez.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, lembrou os investimentos feitos para poder levar a cabo esta apertura: “a cafetería levaba varios anos pechada cando entramos a gobernar. No ano 2021 ampliamos por 54.500 euros a aula de seguridade viaria do peirao de Foz; deste xeito creamos unhas instalacións axeitadas para a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme, independentes e con espazo ao aire libre, e liberamos a cafetería para a súa reforma. Unhas obras adxudicadas tamén no ano 2021 por 43.200 euros, que se completaron con 35.200 euros para a...
leer másO vindeiro 13 de xullo terá lugar o primeiro Andareiro de Verán coa ruta “Paseo das Praias”, que percorrerá Foz e Fazouro. A saída está programada para as 9:00 horas diante do Concello focense.
Este evento está aberto a todos os interesados, sendo gratuíto para os federados e cun prezo de 5 euros para os non federados. Para participar é imprescindible anotarse ata o venres 12 de xullo. Pódese obter máis información e realizar a inscrición nos teléfonos 670369017 e 606718482, ou mediante o correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Recoméndase aos participantes levar equipo de sendeirismo adecuado. A ruta ten unha dificultade baixa, facéndoa accesible para un amplo público.
Desde Os Sendeiros animan a participar: “non perdas a oportunidade de gozar...
leer másO Concello de Foz e a comisión O Noso Foz presentan o cartel das festas do Carme e máis actividades para este mes de xullo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “en Foz arrancou o verán e como ven sendo tradición as festas do Carme están á volta da esquina. Este ano a temporada estival estará chea de actividades en Foz: música, teatro, danza, literatura, exposicións, homenaxes, actividades para os máis pequenos, etcétera, que encherán os parques, rúas, prazas e edificios”.
Inés López especifica que “esta primeira semana de xullo comeza con múltiples actividades, que serven como antesala á semana grande da patroa. O venres 5 darán comezo os concertos de Sons na Rúa, que poñerán música todos os venres dos meses de verán. Nesta ocasión será o turno da aula de música moderna da Escola de Música,...
leer másLibrería Bahía, de Foz, presenta o libro “O azul entre o ceo e a auga” nun encontro coa súa tradutora, Rocío Viéitez. Será o día 3 de xullo, mércores, ás 20:30 horas.
“O azul entre o ceo e a auga” é unha novela da autora palestina Suzan Abulhawa, traducida ao galego por Rocío Viéitez Ferro, quen ademais dirixe a colección Candemaia, galardonada co premio Follas Novas á iniciativa bibliográfica.
Librería Bahía anuncia que o próximo mércores, 3 de xullo, “teremos un encontro con Rocío para falarmos da novela e a súa tradución e de Candemaia. Non faltedes!”.
O Club Baloncesto Celtas de Foz organiza a actividade denominada Xogabasket do luns 22 ao venres 26 de xullo de 10:00 a 14:00 horas no pavillón de Marzán. Está dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2013 e 2018, ambos inclusive. Haberá adestramentos, xogos,concursos, partidos, regalos, etcétera.
O prezo é de 60 euros, 10 menos para xogadores do CB Celtas na tempada 2023-24).
Para más información as persoas interesadas poden contactar coa organización a través do correo electrónico xogabasket@gmail.com ou do teléfono 616.607.206.
O Concello de Foz promove “lecturas con orgullo” e mostra orgulloso as cores da bandeira LGTBI, que os edificios municipais mostran en balcóns e ventás.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, destaca que “o 28 de xuño é un día no que sentirnos orgullosos, no que debemos defender a igualdade para calquera, do xeito que se sinta, sexa ou queira ser.” Anuncia tamén que nos vindeiros meses se programarán diferentes actividades desde a área xa que “non só este día é o do orgullo senón que debemos sentirnos orgullosos sempre. E para iso o máis importante é educar nuns valores nos que prevalezan, por enriba de todo, a igualdade e o respecto”.
Dende a delegación de Cultura, no departamento de biblioteca, programouse unha mostra bibliográfica na que se expoñen libros para infantil e adulto sobre temática...
leer másNo campo da feira da Espiñeira (Foz) celebrarase a 2ª Torresmada Popular este sábado, 29 de xuño, a partir das 20:30 horas.
Degustaranse torresmos de porco celta, panceta, chourizos e patacas fritidas.
Haberá mesas cubertas con carpa e festa amenizada polo dúo Energía e o grupo de gaitas de A Subela de Foz.
Este evento está organizado pola asociación cultural Virxe do Pilar, da Espiñeira.
O Concello de Foz entregará este venres, día 28 de xuño, os premios da terceira edición do certame de teatro afeccionado José Luis López Lorenzo-O Poto ás 20 horas na Casa da Cultura. O evento, que será de acceso gratuíto a todo o público que queira acudir, contará coa presentación e actuación de Ibuprofeno Teatro, neste caso as actrices Marián Bañobre e Isabel Risco cunha adaptación da súa representación da obra O furancho.
“O evento é aberto a todo o público, para acompañar aos premiados desta edición, que contou con gran nivel, por primeira vez con actuacións para nen@s e ademais cun fío condutor histórico nas obras dos grupos adultos”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto. Os premiados coñeceranse na propia cerimonia e o Concello faraos públicos ao finalizar a mesma.
“Queremos agradecer...
leer másDesde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, anima a achegarse a Foz ao longo desta fin de semana: “aquí a clientela do noso comercio atopará a mellor moda e os mellores artigos, agora de rebaixas, cuns descontos moi interesantes”.
Para Paleo “este é o mellor momento para mercar produtos da tempada de verán xa de rebaixas, rematando o mes de xuño”.
E engadiu que “desde AciaFozCCA con esta campaña e coas outras que organizamos ao longo de todo o ano o que estamos é apostando sempre polo comercio local, polo que temos a carón das nosas casas, que é o que fai pobo”.
José Carlos Paleo agarda que “esta sexa unha boa campaña para os negocios locais, despois da primavera tan inestable que tivemos, sobre todo en maio e xuño”.