Foz

03/05/2024

A Escola Municipal de Música de Foz Arcadio Mon organiza o ciclo titulado Maio de Combos, que inclúe concertos todos os venres deste mes. Estas actuacións serán no Paseo da Ribeira.

Este venres, día 3, ás 18:00 horas actuará Dkeband; o día 7 ás 18:00 horas o concerto correrá a cargo de Combo Jazz; o venres 17,  que é o Día das Letras Galegas, ás 12:00 horas será a quenda de Combo Pop Rock; e rematará o ciclo o venres 24 ás 18:00 horas coa actuación de Combo Blues e Combo Xuvenil.

Etiquetas:
02/05/2024

AciaFozCCA colaborará por sétimo ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolverá do 3 ao 17 de maio. Na presentación desta iniciativa participaron Pilar García, representante da AECC en Foz; o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo; e o alcalde, Fran Cajoto.

Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, manifestou: “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que tivo unha boa acollida nas edicións anteriores e agardamos que...

leer más
Etiquetas:
01/05/2024

O grupo mariñán de música cubana Toxo Guayaba ofrecerá un concerto en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro este sábado, 4 de maio, en Foz. Será na Sala Bahía ás 19:00 horas.

O importe do donativo é de 5 euros por persoa.

Nesta actividade colabora o Concello de Foz.

Etiquetas:
30/04/2024

A terceira edición do mercado Aos pés de Cornería celebrarase na parroquia focega de Vilaronte este domingo, 5 de maio, desde as 10 da mañá.

“Baixo o nome poético de Aos pés de Corneria, coa imaxe de durmir debaixo deste monte mítico da zona de etimoloxía anglosaxona e portador de diversas lendas, celebrase por terceira vez o mercado de proximidade en Vilaronte (concello de Foz) organizado pola Asociación Cultural O Atrio de Vilaronte. O mercado ten como propósito visibilizar aos produtores, artesáns, iniciativas culturais da comarca, aos autónomos da zona, a arte da vecindade, e dinamizar a parroquia de Vilaronte cargada de historia que comeza a sufrir os efectos da despoboación e concienciar no consumo próximo. É pois o centro de Vilaronte, o atrio, o lugar de xuntanza de, entre outros, estes postos: verduras, artesanía; arte, música,...

leer más
Etiquetas:
30/04/2024

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da nova programación formativa do centro para o mes de maio. Presentan varias actividades para as que está aberta a inscrición. Anuncian que se trata nesta ocasión “de diferentes charlas, dúas presentacións de libros e unha actividade especial que pon o broche final a este curso: un roteiro interpretativo”.

Elena Martínez e Marta Muiña especifican que “o xoves 9 de maio levarase a cabo unha charla informativa sobre Mentalización e sensibilización da saúde mental, a cargo da Asociación Saúde Mental A Mariña. Vai dirixida a todos os públicos e especialmente ás familias do alumnado do IES de Foz, institución colaboradora na organización da conferencia e que albergará a actividade no seu salón de actos...

leer más
29/04/2024

A vila focega e as parroquias de Cangas e Vilaronte acollerán actividades do programa Xunt@s, promovido pola Deputación de Lugo.

A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, anuncia que “Foz novamente colabora coa Deputación provincial de Lugo e volve traer actividades do programa Xunt@s, no que se contemplan varias liñas de actuación que puxo en marcha a Deputación de Lugo neste ano 2024 para impulsar a participación cidadá e o asociacionismo na nosa provincia”.

Ana Rojo especifica: “novamente comezamos coas xornadas de prevención e promoción da saúde, retomamos a charla de envellecemento activo e prevención das patoloxías psicolóxicas e cognitivas, charla que tivo que ser suspendida a comezos deste mes de abril por problemas de índole persoal do ponente e que se impartirá este venres, día 3 de maio,...

leer más
Etiquetas:
23/04/2024

Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados entre o 26 de abril e o 5 de maio entrarán no sorteo de 5 premios de 200 euros en vales de compra cada un. O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “poderán participar no sorteo as persoas cuxas compras sexan por importe superior aos 10 euros”.

O sorteo terá lugar o 8 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz. 

Paleo anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día. Un total de 72 comercios participan na campaña do día da nai de AciaFozCCA”. 

José Carlos Paleo lembra que “a clientela pode aproveitar a ocasión para facer uso dos Bonos Activa Comercio da...

leer más
Etiquetas:
21/04/2024

A parroquia focega de San Acisclo celebra a Festa da Xuventude o día 26 de abril, venres a partir das 20:00 horas.

Será no campo da festa, onde se instalará unha carpa, e actuarán os grupos Lume e Montreal. Ademais haberá degustación de churrasco, chourizos e pan, a un prezo de 15 euros por persoa.

Esta festa está organizada pola asociación de veciños Río Ouro e colabora o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
17/04/2024

Os días 25 e 26 de maio o Concello de Foz organiza unhas xornadas de iniciación ao teatro co actor Avelino González.  será na Sala Bahía o sábado 25 en horario de 10.30 a 13.30 e 16.30 a 19.30 horas. Haberá comida a mediodía. E o domingo a sesión será de 10.30 a 13.30 horas. O prezo é de 10 euros. É unha actividade para a que será necesario inscribirse, xa que as prazas son limitadas, na Delegación de Cultura, no teléfono 982.140.027, extensión 3, ata o día 6 de maio. 

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica: “é unha actividade que estamos moi felices de organizar, con alguén coma Avelino, que vive o teatro como o vivía o Poto, desde a alma. O que se busca é que a xente se anime a participar nos grupos de teatro afeccionado e desfrute da cultura do teatro, que é moi bonita”.

É a primeira actividade...

leer más
Etiquetas:
16/04/2024

“Feminismo en cen palabras” é o título do libro que recolle os termos imprescindibles para falar de feminismo co rigor necesario e que será presentado pola súa autora, Luca Chao (Lugo, 1988), este sábado, 20 de abril de 2024, ás 19 horas na Casa de Cultura de Foz. 

É un acto organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, colectivo que explica: “observamos habitualmente que para describir accións e políticas feministas aparecen termos e palabras que se ven distorsionadas e baleiras de contido ao ser mal utilizadas e banalizadas en contextos inapropiados. Xunto a Luca Chao descubriremos o valor da linguaxe, a importancia de nomearnos a través das palabras e de recoñecer o seu correcto significado para a comprensión do feminismo. Animamos a participar no acto para coñecer o libro e á súa autora”.