Foz
A Escola Municipal de Música de Foz celebrará o seu Festival de Nadal este domingo, día 22 de decembro. Será ás 12:00 horas na Sala Bahía.
Este evento contará coas actuacións de grupos de música e movemento, aula coral, prebanda e orquestra de jazz.
Este domingo, día 22 de decembro, celebrarase a décima edición da carreira Run Foz Run Nadal.
A organización deste evento deportivo anuncia: “chega o Nadal e con el a IX Run Foz Run Nadal 2024, a 11ª carreira do circuíto de carreiras Duacode RFR24 e a derradeira que coroará aos gañadores/as desta edición. Unha edición que chega con numerosas novidades e un programa repleto de diversión, deporte e familia. O evento presentouse oficialmente este martes, 17 de decembro, acto ao que acudiron membros do equipo municipal, representantes da directiva do Atletismo Ría de Foz e o presidente da ACIA e CCA de Foz. Destacaron a alta participación (preto dos 350 inscritos) e ambiente que se espera e un programa para todas as idades con actuacións máxicas, andaina popular, feira do corredor, talleres e xogos de mesa, carreiras populares para todas as...
leer másLa asociación Os Sendeiros, de Foz, anuncia que este domingo, día 22 de diciembre, tendrá lugar “nuestra tradicional ruta para montar el Belén de Cumes, será en la zona de Ferreira do Valadouro; iremos al Penido Vello, nos juntaremos en el matadero de Ferreira y desde allí nos desplazaremos en coche hasta el punto de partida de la ruta al pico. Es una sencilla caminata de 3 quilómetros. Dejaremos el Belén y brindaremos por las fiestas, antes de bajar”.
La salida desde Ferreira do Valadouro será a las 09:30 horas, la participación es gratuita, pero hay que inscribirse. El plazo finaliza el sábado 21.
A Asociación Folclórica Cultural A Subela, de Foz, organiza a décimo quinta edición do seu Festival de Nadal este sábado, día 21 de decembro. Será ás 17:30 horas na Sala Bahía e actuará o grupo Asubíos da Chaira, de Cospeito.
A entrada para asistir ao festival consistirá na doazón de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Foz.
Ao remate haberá chocolate con biscoito.
O ciclo comeza o vindeiro venres, 20 de decembro, cunha conferencia – coloquio no CENIMA, de Foz, ás 19:30 horas, co título de “Verdugos invisibeis e vítimas coñecidas”, na que o catedrático de historia contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto, falará dun asunto incómodo, dun pasado incómodo e dun enfoque incómodo: “Levamos tres décadas ocupándonos das vítimas das matanzas, pero non dos verdugos. Algúns historiadores iniciamos hai uns anos o xiro perpetrador para identificar as lóxicas dos verdugos, a razón da matanza que perpetraron ligada ao golpe; a súa identidade e as formas que tiveron de agocharse e difuminarse no relato, pero tamén borrando as pegadas do seu crime durante a ditadura…ata hoxe”.
O Foro Social a Mariña entende que estamos a vivir nun tempo onde afloran relatos que pretenden dulcificar e mesmo ensalzar o réxime...
leer másOs actos desenvolveranse na praza Conde Fontao entre as cinco e as oito da tarde. Ás 17:30 horas haberá unha actuación infantil; ás 18:00 horas será o sorteo dunha tarxeta prepago de 500 euros; para as 18:30 horas está prevista unha chocolatada; ás 19:00 horas terá lugar o sorteo dunha tarxeta prepago de 1.000 euros; ás 20:00 horas serán as intervencións do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José Mª Seijas, e do alcalde de Foz, Fran Cajoto; e a continuación terá lugar o sorteo, polo sistema de bingo, dunha tarxeta prepago de 3.000 euros.
A campaña Regala en Nadal, Merca en Local é unha iniciativa de promoción do comercio, que ten como obxectivo principal dinamizar as compras na época máis relevante do ano para a actividade comercial, como é o...
leer másA asociación Mariña Patrimonio organiza para o luns 16 de decembro unha conferencia na que o doutor en Xeoloxía Francisco Canosa presentará os resultados dun proxecto de investigación sobre os metais preciosos na minaría antiga da Mariña. A conferencia terá lugar ás 19.00 horas no Salón de Actos do CENIMA (Foz).
O citado proxecto, promovido por Mariña Patrimonio, contou co apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo.
AciaFozCCA sortea 6.000 euros en premios ao longo deste Nadal. O 8 de xaneiro dez desexos faranse realidade.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “son tres as campañas que estamos a desenvolver e nas que estamos a participar. O primeiro sorteo de 4.500 euros en premios terá lugar o 18 de decembro na praza Conde Fontao, entre as cinco e as oito. Alí agárdanos unha tarde chea de sorpresas e actividades. Ás cinco e media haberá unha actuación infantil, ás 18:00 horas terá lugar o sorteo de 500 euros, para as 18:30 horas está prevista unha chocolatada, ás 19:00 horas teremos o sorteo de 1.000 euros e ás 20:00 horas cun bingo será o sorteo de 3.000 euros. É unha forma excelente de iniciar o Nadal en Foz”.
Paleo contou que “hai outros 500 euros en xogo, que serán para as persoas que atopen as sete...
leer másOs días 6 e 7 de decembro en Foz terán lugar as xornadas gastronómicas das tostas, que organiza AciaFozCCA.
Na cita participan 8 locais hostaleiros: Augas Santas, Cafetería Anduriña, Los Dulces de Delphine, Marexada, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte e Xoyma.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “organizamos esta cita gastronómica para ofrecer unha alternativa na ponte da Constitución tanto ás veciñas e aos veciños de Foz como aos visitantes que se achegarán estes días ao noso pobo”.
E indica que “a nosa hostalería sorprenderanos coas súas creacións nesta ponte da Constitución en Foz, que será tamén un bo momento para pasear polas nosas rúas, xa vestidas de Nadal, e para mercar no comercio local”.
As xornadas gastronómicas das tostas están...
leer más