Lugo
A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, presentou no Pazo de San Marcos a campaña Quéremonos Vivas, Libres e Iguaisque lanza a Deputación de Lugo con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Loureiro adiantou que é un programa de actividades reivindicativas que se prolongará durante toda a vindeira semana.
A titular de Muller e Igualdade detallou que a Deputación pon en marcha esta campaña paravisibilizaresta lacra social co obxectivo de combatela entre o conxunto da sociedade da provincia. “A loita contra as violencias machistas e en favor da igualdade real entre homes e mulleres é unha política transversal na acción deste Goberno. Unha boa mostra é que temos unha área específica de Muller e Igualdade porque cremos que aínda queda moito traballo por facer”, recalcou a Deputada....
leer másA Deputación de Lugo estreou este martes o programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, do que, nesta primeira tempada, se beneficiarán máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.
As primeiras entidades beneficiarias, a Asociación de Veciños de Ombreiro Río Miño e a Asociación Carpe Diem de Lugo, coñeceron a costa de Barreiros e Ribadeo, e os concellos de Lourenzá e Mondoñedo, respectivamente. As actividades inclúen tamén unha visita a instalacións provinciais que se converten en puntos de partida das viaxes. Na primeira xornada, as asociacións coñeceron a historia do Pazo de San Marcos e o funcionamento da Granxa Gayoso Castro, en Castro de Rei.
O Presidente recibiu no Salón de Actos á primeira asociación que visitou a sede da institución provincial, onde...
leer másA vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou na presentación do Cumio Interautonómico dos Camiños do Norte “Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño”, que se celebrarán en Mondoñedo, Lugo e Santiago de Compostela do 24 ao 26 de setembro.
O proxecto, impulsado pola Asociación Abrindo Camiño de Mondoñedo como parte da Agrupación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago do Norte, preséntase como un conxunto de mesas de traballo e reflexión onde se conxugan as experiencias e perspectivas do tecido asociativo e das administracións autonómicas e locais, nun diálogo aberto para situar o Camiño como un revulsivo económico, social e cultural que conte coa colaboración e cooperación imprescindible de todas as partes implicadas.
Coa implicación de 27 asociacións de Euskadi, Cantabria, Asturias e...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este martes a posta en marcha do programa Lugo Termal, que este ano a institución, como unha das medidas do Plan de Impulso da Economía da Provincia, decidiu abrir a persoas maiores de 50 anos, e con acompañantes que non teñan necesariamente esta idade, “co obxectivo de aumentar o retorno económico desta iniciativa nos establecementos termais da provincia cando máis o necesitan, dado o impacto que supuxeron as restricións decretadas pola Covid”, subliñou o mandatario provincial.
José Tomé avanzou que a partir de mañá os veciños e veciñas da provincia poden solicitar algunha das 1.320 prazas con estancia e sen estancia que ofrece a Deputación a través do programa de termalismo, unha vez que no día de hoxe se publicaron as bases do mesmo no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Fíxoo...
leer másA Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou as bases e a convocatoria da segunda edición dos premios Lugo Cambia ao turismo lucense e ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense, tal e como anunciou a voceira provincial socialista e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.
“Estes premios son unha medida máis que impulsamos dende a Deputación de Lugo para apoiar, poñer en valor e visibilizar o traballo e a calidade dos sectores turístico e hostaleiro da nosa provincia, algo especialmente importante nestes momentos porque estes establecementos foron os que sufriron especialmente o impacto das restricións sanitarias pola pandemia”, subliñou a Deputada.
García Porto destacou que “a diferencia do ano pasado e, por petición do propio Consello Provincial de Turismo, nesta...
leer másA Consellería de Política Social abriu o prazo de inscrición nos campamentos e campos de voluntariado programados para este verán, que en Lugo contan con 1.479 prazas en 15 instalacións repartidas por distintas zonas da provincia.
O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, explicou que esta campaña desenvolverase entre os meses de xullo e setembro baixo o lema O Verán que mereces. A oferta completa de actividades no conxunto de Galicia -e tamén en intercambio con outras Comunidades- suma 7.820 prazas e pode consultarse na páxina web xuventude.xunta.es, no epígrafe Acción de verán.
No caso dos campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos, a solicitude de participación pode facerse desde hoxe ata o vindeiro venres 28 de maio, preferiblemente por vía telemática na sede...
leer másA Deputación de Lugo aprobou, na Xunta de Goberno celebrada este xoves, unha nova edición do programa Lugo Termal, que este ano contará con máis beneficiarios. Tal e como anunciou a voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, como novidade para aumentar o retorno económico do programa no establecementos termais da provincia, poderán gozar dos descontos nos balnearios de Lugo, Pambre e Pantón os maiores de 50 anos, que terán tamén a posibilidade de acudir a estes establecementos cun acompañante que non teña necesariamente esta idade.
“Esta novidade aumentará o beneficio do programa para os balnearios da provincia cando máis o necesitan polo grave impacto das restricións sanitarias provocadas pola crise da Covid-19”, asegurou García Porto, que lembrou que esta é unha das...
leer másA Deputación de Lugo lanzará nas redes sociais unha campaña audiovisual de sensibilización e visibilización do papel da muller no mundo laboral con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Así o informa a Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, que avanza que este ano a institución provincial centrará a súa programación nos medios dixitais e prolongará as actividades ao longo de todo o mes.
A campañaconsistirá na difusión de pequenas reportaxes elaboradas polo Servizo de Audiovisuais onde se conta a historia e vivencias persoais de mulleres en primeira persoa que residen na provincia de Lugo e traballan en profesións diversas. Coñeceranse diferentes ópticas, diferentes roles e experienciasco obxectivo de dar a coñecer as situacións de desigualdade que se dan no día a día e, á vez, poñer en valor os numerosos logros...
leer másA Rede Museística reforza a programación en liña para manter a súa actividade de difusión da arte e do patrimonio malia o peche ás visitas presenciais, seguindo as restricións anunciadas pola Xunta de Galiza ante o avance da pandemia.
Os museos provinciais inician este mércores un proxecto pensado para todos os públicos con relatos mediados, ao vivo, a través dos seus perfís en Facebook. A proposta inclúe parladoiros, escape rooms, obradoiros e xogos que levarán ás usuarias e usuarios a coñecer as diferentes coleccións e salas dos museos.
As sesións programaranse todos os días ás 17.00 horas:
Os martes, xoves e sábados dende o Museo Provincial de Lugo.
Os mércores dende o Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.
Os venres dende o...
leer más