Nenos

Etiquetas:
26/03/2015
O Concello de Ribadeo, a través da Omix, organiza diversas actividades para @s pícar@s durante a Semana Santa.
 
O luns, 30 de marzo, de 11 a 13:30 horas no Cantón haberá deportes: 3x3 fútbol, baloncesto e tenis de mesa. E pola tarde no Teatro ás 17:30 horas terá lugar un concerto musical infantil de Pablo Díaz, titulado Xente miuda, moita fartura. 
O martes, 31 de marzo, será unha xornada lúdica. De 11 a 13:30 horas nova cita cos deportes no Cantón e pola tarde de 16 a 19 horas no parque de San Francisco haberá tirolina, inchables e animación musical e xogos populares. Desde a organización sinalan que “se o tempo non acompaña estas actividades realizaranse outro día”. 
E o mércores, 1 de abril, de 11 a 13:30 horas volverán os deportes ao Cantón. E pola tarde de 16 a 17:30 horas na Casa da Xuventude os mozos e mozas de 9 a 14 anos poderán gozar dunha actividade de...
leer más
Etiquetas:
24/03/2015
A Concellaría de Cultura de Ribadeo inicia este xoves, 26 de marzo, unha xeira de espectáculos dirixidos aos máis pequen@s. A primeira proposta estará protagonizada por Títeres Trompicallo.
 
A Concellaría de Cultura inicia este xoves, 26 de marzo, como cada curso unha xeira de espectáculos dirixidos aos máis pequen@s e en colaboración con colexios e institutos. 
Segundo explica a concelleira Mariluz Álvarez Lastra “téntase que polo menos unha vez ao ano os nenos e as nenas das distintas idades se familiaricen coas artes escénicas á parte de que poidan acudir á programación estable que se ofrece os domingos baixo o nome de A función d@s pícaros”. 
A primeira das tres propostas que vai haber ata finais de curso corre a cargo dunha das mellores compañías de títeres do país, Títeres Trompicallo que poñerá en escena a obra Rumpelstikin, o anano saltarín. 
Á...
leer más
Etiquetas:
23/03/2015
O mércores, 25 de marzo, terá lugar en Ribadeo a segunda proxección do programa "Cinensino". Será a partir das 12 da mañá no Teatro.
 
O vindeiro mércores, 25 de marzo, terá lugar a segunda proxección do programa Cinensino, segundo informan a Concellaría de Servizos Sociais e o Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos.
Trátase da película Diamantes negros, dirixida por Miguel Alcantud e ganadora de varios premios. Será no Cine Teatro á 12:00 da mañá e asistirán 207 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do Colexio Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros, ademais dos  titores e titoras.
“Tras a súa visualización, o alumnado traballará as Unidades Didácticas correspondentes a cada película”, explica Mónica Fernández Lamparte. 
 
Etiquetas:
17/03/2015
Migallas Teatro fará as delicias do máis pequen@s en Ribadeo o vindeiro venres, 20 de marzo, co espectáculo "Vai ser boa!".
 
Un dos grupos favoritos d@s nenos e nenas de Ribadeo… Migallas Teatro, chega este venres, 20 de marzo, ao Cine Teatro co espectáculo “Vai ser boa!”
“Vai ser boa!” é un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións con accións dramáticas relacionadas coa súa temática. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “O espantallo divertido”, “Eu teño un canciño”, “Unha vella tiña un can”, “Miña “Abuela Manuela”” e Pan de millo. 
A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo. Os temas que se tratan, entre outros,...
leer más
Etiquetas:
16/03/2015
O Concello de Lourenzá organiza un obradoiro de cestería para nen@s a partir de 8 anos de idade. Será na vindeira Semana Santa.
 
Lourenzá acollerá un obradoiro de cestería para nenos e nenas a partir de 8 anos de idade, que se desenvolverá na vindeira Semana Santa, concretamente os días 30 e 31 deste mes e o 1 de abril. O prazo de inscrición rematará o día 26 de marzo.
A concelleira de Educación, Lupe Flórez Seivane, explicou que “nas vindeiras vacacións de Semana Santa vaise desenvolver un obradoiro de cestería dirixido a nenos e nenas a partir de 8 anos, que terá un custo de 8 euros para materiais e que se desenrolará os días 30 e 31 de marzo e o 1 de abril. As prazas son limitadas e polo tanto respectarase rigorosamente a orde de inscrición dos anotados. Somos conscientes de que temos que ter un grupo mínimo de nenos para poder levar a cabo a actividade. O prazo para anotarse finaliza o 26 de...
leer más
Etiquetas:
03/03/2015
A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 7 de marzo, un espectáculo de monicreques a cargo de Trompicallo.
 
Dentro da programación cultural organizada polo Concello de Foz, a Sala Bahía acollerá este vindeiro sábado, día 7, un espectáculo de monicreques a cargo da compañía teatral Trompicallo, que representará a obra Rumpelstikin, o anano saltarín.
A representación, dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos de idade, empezará ás 18:30 horas e terá unha duración de 60 minutos. O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero os menores de 12 anos pagarán só 1,5 euros.
Esta será a segunda actuación do ciclo de teatro infantil organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, no que está incluídas outras dúas representacións, previstas para o 11 de abril e o 9 de maio, tamén na Sala Bahía. 
 

 

Etiquetas:
02/03/2015
Nova sesión de contacontos en Librería Bahía, de Foz, este xoves, 5 de marzo. A actividade é de balde e as prazas son limitadas. É necesario inscribirse.
 
Este xoves, 5 de marzo, ás seis da tarde terá lugar unha sesión de contacontos en Librería Bahía, de Foz. O libro "O Rabaño" de Margarita del Mazo, ilustrado por Guridi será o protagonista.
As ovellas teñen moi claro o seu papel ata que unha delas… Onde está número 4? Trátase dunha actividade de balde. As plazas son limitadas. Para inscribirse é preciso chamar a Librería Bahía ao seguinte número de teléfono 982 140434.
 
Etiquetas:
19/02/2015
Redrum Teatro presenta Roedores o vindeiro sábado, 21 de febreiro, no Pastor Díaz en Viveiro.
 
O teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o vindeiro sábado, 21 de febreiro, a presentación de Roedores, a cargo de Redrum Teatro. Será a partir das 18 horas. Trátase dunha comedia musical dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. A obra está protagonizada por Munda e Peludiño. 
Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer ao temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo... "Todos somos Roedores".
Roedores é un espectáculo...
leer más
Etiquetas:
18/02/2015
Librería Bahía, en Foz, acollerá un espectáculo para os/as máis pequenos/as da casa. Será este venres, 20 de febreiro, ás seis e media da tarde.
 
As instalacións de Librería Bahía, en Foz, acollerán este venres ás 18:30 horas un espectáculo para os/as máis pequenos/as da casa. 
Os músicos Magín Blanco, María Faltri e Jorge Juncal tocarán e cantarán as cancións do seu último traballo Gatuxo.
Segunxo explican desde Librería Bahía “trátase dun libro disco con letras e música de Magín Blanco, no que percorre o nacimento e crecemento dun neno a través de cancións cheas de ritmo, alegría e tenrura”. 
 
Etiquetas:
23/12/2014
A programación de Nadal do Concello de Lourenzá empeza hoxe coa visita de Papá Noel e continuará ata o 5 de xaneiro, día en que se celebrará a tradicional Cabalgata dos Reis Magos.

 

A Concellería de Educación e Cultura de Lourenzá acaba de presentar a súa programación lúdica de Nadal para os máis pequenos. Entre os actos máis importantes destacan: a visita de Papá Noel á vila hoxe, martes, 23 de decembro; a realización de diferentes obradoiros de xogos no Ximnasio Multiusos, os días 22, 23, 26, 29 e 30; a actuación de Cantos de Nadal, o domingo 28 de decembro na Igrexa de Santa María de Valdeflores; e a petición do aguinaldo por parte dos nenos laurentinos, o luns 2 de xaneiro, nos diferentes comercios e domicilios particulares da vila. Os actos rematarán coa celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos o luns 5 de xaneiro, que partirá da parroquia de San Xurxo para percorrer primeiro o val de Lourenzá e chegar finalmente a Vilanova ás 18:30 horas para levar a cabo o desfile polas rúas da...

leer más