Palilleiras
O 20 de maio celebrarase en Burela o XIII Encontro de Palilleiras, que organizan a asociación cultural e artesanal As Encaixeiras e o Concello. O evento foi presentado hoxe.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “se celebrará a décimo terceira edición do Encontro de Palilleiras o día 20 de maio e van participar, segundo dixo a presidenta, máis de 600 persoas, polo que vai ser moi numerosa, como en anos anteriores. E hai unha cuestión moi curiosa, que vai participar palillando unha señora que ten 105 anos. Isto é algo singular e rechamante e indica o importante que é este tipo de arte para moita xente”.
O rexedor contou que “vai haber exposicións, obradoiros e actos importantes e singulares na nave de redes. Queremos motivar a todo o mundo para que acuda ese día a visitar o que organizan As Encaixeiras e desde...
leer másEste vindeiro sábado, 1 de outubro, Xove acollerá unha edición máis, a XI, do seu Encontro de Palilleiras, esperando a chegada de 320 palilleiras de diferentes Concellos de Galicia e Asturias. Tamén haberá 18 postos de venda, onde participantes e visitantes poderán adquirir produtos relacionados con este mundo.
Como acto emotivo e especial esta edición contará coa presenza dunha palilleira de 104 anos, que vai asistir ao Encontro coa Asociación “Tejiendo Sueños” de Viveiro. Esta palilleira bendecida pola deusa fortuna é Isabel García Sierra. Inda só por vela, merece a pena de asistir a este Encontro.
Dende hoxe, 23 de agosto, ao 23 de setembro está aberto o prazo para anotarse ao XI Encontro de Palilleiras. As asociacións e particulares poden facelo directamente chamando ao teléfono do Concello, os vendedores interesados en participar co seu posto deben facelo obrigatoriamente a través do correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As solicitudes de inscrición poden baixarse dende a páxina web do Concello.
Dende a Delegación de Igualdade se retoma este encontro despois de dous anos de pandemia, polo que animamos a todos, palilleiras, vendedores, etc. a que participen.
O X Encontro de Palilleiras de Xove vaise desenvolver o sábado, 5 de outubro, durante todo o día, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.
As palilleiras que queiran inscribirse neste Encontro poden facelo ata o venres 20 de setembro nos seguintes tfnos de contacto:
-Concello de Xove: 982 59 20 01.
-Mercedes Barro (prof. De bolillos): 679 89 42 19.
-Carmen García (prof. De bordado): 982 59 26 86.
En canto aos vendedores que queiran participar no Encontro cos seus produtos, teñen tamén o mesmo prazo prazo para inscribirse, do 19 de agosto ao 20 de setembro. Neste caso, a súa inscrición terán que facela por correo electrónico dirixindo as súas solicitudes ao email: encontropalilleiras@xove.es.
Burela acollerá o XII Encontro de Palilleiras, que se celebrará o 25 de maio. Unha das novidades deste ano será unha exposición de abanicos desde o século XVIII ata a actualidade de Elena Díaz que, segundo a organización, nunca fixo ningunha mostra en Galicia. A presentación do evento, celebrada este mediodía, contou coa presenza do alcalde, Alfredo Llano, e a presidenta da asociación As Encaixeiras, Paqui Romo, ademais de representantes da confraría de pescadores, da Fundación Expomar, da xefatura territorial do Mar, así coma os concelleiros de Turismo, de Servizos Sociais e do Mar, entre outros.
O alcalde, Alfredo Llano, salientou que “o mes de maio vai ser especialmente activo no concello de Burela, vai haber moitas celebracións deportivas, Expomar, o encontro de palilleiras, vai haber moitas actividades. Destaco a Feira Náutico...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, acompañados por varias mulleres encaixeiras de San Ciprián, presentaron o XVI Encontro de Palilleiras que terá lugar o 6 de abril, no Pavillón da Veiga.
As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, aínda están a tempo de anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57). O aforo para os postos de venda de produtos relacionados coa actividade xa está completo cunha trintena de establecementos que se darán cita no evento.
Armada avanzou que este ano, ademais da tradicional demostración das artesás, “quixemos recuperar o desfile de traxes de liño con encaixe, que lle dá un valor engadido a este evento consolidado que reúne, ano tras ano, a máis de medio milleiro de palilleiras procedentes de todos os recunchos de...
leer másA edila de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Pilar Armada, informa de que xa está aberto o prazo para participar no XVI Encontro de Palilleiras que se celebrará o 6 de abril, no Pavillón da Veiga, en San Ciprián.
As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, poden anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57).
O programa completo farase público proximamente, pero Armada xa avanzou que este ano, ademais da tradicional demostración das artesás, “quixemos recuperar o desfile de traxes de liño con encaixe, que lle dá un valor engadido a este evento consolidado que reúne, ano tras ano, a máis de medio milleiro de palilleiras procedentes de todos os recunchos de Galicia”.
A segunda edición da Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos celebrarase en Xove o 29 de setembro.
As persoas interesadas en participar neste encontro poden facer a súa inscrición a través dos números de teléfono 652 36 46 10 (Javier Fernández) e 689 74 52 18 (Manuel Cora). Tamén pode realizarse no facebook Autoclásico da Mariña Lucense. O custe é de 25 euros por persoa.
Xove tamén acollerá o IX Encontro de Palilleiras o día 6 de outubro. As persoas que queiran participar poden facer a súa inscrición no propio Concello, no número de teléfono 982 59 20 01, ou no 982 59 26 86 e no 679 89 42 19. O prazo remata o 20 de setembro. En canto aos vendedores que queiran participar na feira cos seus produtos, tamén teñen de prazo ata o 20 de setembro, e deben facelo por correo electrónico no e-mail...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, visitaron este mediodía aos usuarios da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, ubicada na zona da Bidueira, na Estrada de Sargadelos.
O rexedor e a edil, acompañados pola directora do centro María José Novoa, puideron ver en primeira persoa como están a traballar na elaboración dos agasallos que entregará o Concello a modo de recordo a cada unha das palilleiras que participen no XV Encontro que terá lugar este sábado no Pavillón da Veiga.
Tal e como apuntou Armada “entregaremos un bonito chaveiro artesanal a cada palilleira que nos visite; e contamos reunir unhas 600 artesás nesta instalación municipal que xa estamos acondicionando para a ocasión”.
O rexedor sinalou que “...
leer másO Concello de Cervo celebrará XV Encontro de Palilleiras o sábado, 7 de abril, no Pavillón da Veiga, en San Ciprián.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil delegada de Muller e Igualdade, Pilar Armada, en compañía das palilleiras de San Ciprián.
Villares e Armada indicaron que xa se recibiron moitísimas chamadas de asociacións interesadas en participar no Encontro, e a día de hoxe xa temos preto de 500 palilleiras anotadas; “é moita a expectación que xera este evento no que levamos meses traballando, e é gratificante ver que ese esforzo se ve amplamente recompensado porque nos consta que as palilleiras que veñen a Cervo, quedan con ganas de repetir, e, de feito, a maioría volven visitarnos; a nosa é unha cita que teñen marcada no calendario de ano en ano”.
... leer más