Palilleiras

11/09/2015
O Concello de Xove prepara o VI Encontro de Palilleiras, que terá lugar o 3 de outubro.
 
O 3 de outubro vaise celebrar no en Xove a VI edición do Encontro de Palilleiras. 
A Concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, continúa coa inscrición de palilleiras. As interesadas en participar aínda pode anotarse ata o 18 de setembro. A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982 59 20 01, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679 89 42 19 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982 59 26 86. 
 
Etiquetas:
10/04/2015
O IX Encontro de Palilleiras de Burela celebrarase o 30 de maio. Ao evento acudirán mulleres de toda Galicia e do norte peninsular.
 
O 30 de maio terá lugar en Burela, na nave de redes, o IX Encontro de Palilleiras que organizan a Fundación Expomar e a asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras. Colaboran: o Concello, Absa, Deputación de Lugo e Confraría de Pescadores de Burela. O evento presentouse esta mañá no salón de plenos do Concello.
O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que “desde o Concello e desde a Fundación Expomar queremos axudarlle a esta asociación que continúen a desenvolver esta actividade. O Concello faino a través da subvención anual que lles concedemos e poñendo á súa disposición os recursos materiais e humanos que precisan para este evento e desde a Fundación Expomar tramítanse os permisos para que o encontro se poida celebrar na nave de redes”....
leer más
Etiquetas:
11/03/2015
O desfile de moda do Encontro de Palilleiras de Cervo amosará modelos das deseñadoras locais Lucía Paredes e Mari Luz Méndez.
 
O Concello de Cervo presentou hoxe o cartel e os detalles do desfile de moda que terá lugar no XII Encontro de Palilleiras que se celebra o 28 de marzo. Un acto no que estiveron presentes o alcalde, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a deseñadora Lucía Paredes, as palilleiras Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero, que participan na organización do Encontro, e Tino Soto, que tamén colabora. 
O pase de moda (16:30 h.) leva por título “O mar de azul cobalto” e todas as prendas terán o encaixe como principal protagonista. Pero ademais, nesta ocasión o desfile será especial xa que as autoras das prendas son dúas creadoras locais, veciñas de San Ciprián: Lucía Paredes, deseñadora profesional, e Mari Luz Méndez, artesá. Cabe destacar que en todos os casos vanse...
leer más
Etiquetas:
01/03/2015
Cervo presentou o programa do XII Encontro de Palilleiras que se celebrará o 28 de marzo. Xa hai unhas 400 inscritas.
 
O 28 de marzo é a data elixida este ano para celebrar o XII Encontro de Palilleiras, tal e como anunciaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada e as profesoras de encaixe Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero, que forman parte da organización. Un evento de exaltación da artesanía que todos os anos congrega a centos de persoas no pavillón da Veiga de San Ciprián, tanto palilleiras que se reúnen e fan encaixe a un tempo, como numeroso público interesado en ver de preto este espectáculo. 
De feito, a un mes do encontro, son xa 400 as palilleiras inscritas, e a cifra seguirá crecendo ata o día da celebración. O que si está pechado xa é o número de vendedores que exporán os seus artigos na carpa anexa ao pavillón, un total de 25, procedentes de...
leer más