Presentación
23/03/2015
Este xoves, 26 de marzo, ás oito e media da tarde, preséntase na Librería Bahía, en Foz, o libro de Ramón Reimunde "O tesouro do monte".
No acto, xunto co autor, intervirá o profesor Bernardo Penabade. Dí Bernardo Penabade na contraportada do libro:
“A un porto galego da costa cantábrica chegan a diario enormes trailers que depositan nas áreas de carga auténticas montañas de madeira procedente daquela mesma comarca. Son toneladas de troncos harmónicamente pelados e cortados a dous metros e medio. Todos estes toros das árbores foran fonte de vida para millares de familias silvicultoras, para empresas dedicadas á corta ou ao transporte, e serán materia prima para a industria ou para o comercio nacional e internacional da pasta de...
leer más 09/03/2015
O próximo domingo, 15 de marzo, a partir das 19:00horas na Aula de Formación do Concello de Xove o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove. E fará a presentación das rutas de sendeirismo para o presente ano 2015.
Un total de 8 Rutas, dende o mes de marzo ata o mes de novembro. A primeira será o día 22 de marzo.
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove está formado por cerca de cen persoas.
Esta sección de Sendeirismo está dada de alta na Federación Galega de Montañismo, e 30 dos seus membros teñen licenza ca citada Federación.
09/03/2015
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza á presentación do libro de Bautista Álvarez, titulado “Cuarto minguante”.
O acto terá lugar na librería Bahía de Foz este venres, 13 de marzo, ás 20.30 horas. Será presentado por Xoán Ramón Fernández Pacios e posteriormente intervirá o autor convidado, quen falará da súa obra e asinará exemplares do seu libro.
09/02/2015
O Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá o vindeiro venres, 13 de febreiro, ás 20:30 horas a presentación do libro Consejos de Guerra contra el Clero Vasco (1936-1944). La iglesia vasca vencida, do que é autor Anxo Ferreiro Currás.
No acto, no que se dará “outra visión pouco coñecida da posguerra” intervirán: Xulio Xiz, xornalista, produtor e animador cultural galego; Xosé Manuel Carballo, cura de varias parroquias de Castro de Rei e escritor; Rosa Cal Martínez, ex profesora de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid e investigadora; e o autor do libro, Anxo Ferreiro Currás.






