Presentación
O empresario Gervasio Cao e o enólogo Roberto Regal presentaron onte á noite os dous viños de Fumarel elaborados na Ribeira Sacra. A degustación, que se celebrou na propia vinoteca ribadense con numerosa presenza de público, estivo acompañada con embutidos de porco celta de Cárnicas Teijeiro, de Sarria.
Os dous viños creados por iniciativa de Gervasio Cao son tintos Súmmum Ribeira Sacra. Un deles, chamado Fumarel Croa, foi elaborado con uva da variedade Mencía ao 100%, producíronse 1.600 botellas e foi embotellado no pasado mes de abril. O outro, denominado Fumarel Penadoso, fíxose con uvas das variedades Mencía e Brancellao, a produción é de 300 botellas e foi embotellado neste mes de xuño.
Gervasio Cao explicou que “isto naceu o ano pasado nestas datas, foi algo moi acelerado pero que eu realmente tiña moitas...
leer másOs dous viños elaborados na Ribeira Sacra pola Vinoteca Ultramarinos Fumarel, de Ribadeo, serán presentados neste establecemento este xoves, día 28, ás 21:30 horas. No acto, que será aberto ao público, participará o prestixioso enólogo Roberto Regal, xunto a promotor desta iniciativa, o empresario Gervasio Cao.
Cando se puxo en marcha esta iniciativa, no verán do ano pasado, o enólogo Roberto Regal explicou: “son de Chantada, enólogo de formación, consultor de bodegas desde hai 17 anos e nos últimos nove levo dedicándome a facer cultivos de viñedo en ecolóxico ou en sostible na Ribeira Sacra ben en fincas privadas ou que alugamos; facemos viños de finca, viños personalizados, como neste caso con Gervasio Cao, do Fumarel”.
Roberto Regal destacou que “isto non é facer un viño por para senón que consiste primeiro en...
leer másA AVV O Tesón organiza o próximo sábado, 2 de xuño, a presentación do libro José María Rodríguez Díaz In Memoriam. Terá lugar na Casa do Mar de Ribadeo ás 19:30 horas.
O libro recolle dúas obras de José María Rodríguez Díaz, Semblanza de un guerrillero: Luis María Trigo Chao (El Guardarríos) e Don Secundino Martínez Montenegro (O cura vello de Ribadeo), xunto con textos introdutorios á súa vida e unha relación de artigos dos seus últimos anos.
Na presentación haberá unha mesa redonda sobre a figura de José María Rodríguez Díaz, na que participarán a súa filla, Marta Rodríguez Sampedro; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; o veciño da comisión da residencia de maiores José Antonio Ares Taboada; o presidente de O Tesón, Pancho Campos Dorado; e o presidente de Os Aventados, Pablo Mosquera Mata.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza este venres, 13 de abril, a presentación do libro Invisibles. Relatos do maltrato. O acto terá lugar na Casa das Letras de Ribadeo e dará comezo ás 20:00 horas.
Estarán presentes a autora, Montse Fajardo, e a concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces.
Invisibles é o terceiro libro da xornalista Montse Fajardo, e narra sete historias reais do maltrato sufrido por sete mulleres, dúas das cales foron asasinadas, coas que visibilizar ás víctimas da violencia machista.
La UNED-Aula Universitaria de Foz organiza cuatro cursos durante los meses de abril, mayo y junio. Fueron presentados por el alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, y la coordinadora del centro, Fuensanta Otero Beltrán.
El curso de Arduino I tendrá dos sesiones, el 9 y el 16 de mayo de 16:30 a 20:30 horas, y se podrá hacer tanto presencialmente como por streaming, al igual que el de Arduino II, que también tendrá dos sesiones, el 13 y el 20 de junio de 16:30 a 20:30 horas.
La actividad formativa sobre animación sociocultural para la tercera edad se realizará el 9 y el 16 de mayo de 17 a 21 horas. Este curso se desarrollará presencialmente y tendrá formato de dos clases presenciales y 17 horas de trabajo on line.
El curso de Buceo OWD y Técnicas de muestreo Subacuático (2ª edición) se...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco de Foz organiza o 22 de marzo a presentación do volume A rebeldía galega contra a inxustiza.
O acto terá lugar ás 20:30 horas na Libraría Bahía de Foz, e nel participarán o coordinador do traballo, Xosé Ramón Ermida Meilán, o presidente de Sermos Galiza, Xoan Costa, e Xoan Ramón Fernández Pacios.
A publicación recolle a revolta acontecida en Foz en 1918, un levantamento social dirixido e protagonizado polas mulleres focegas, nun contexto marcado pola brutal epidemia de gripe que rematou coa morte de máis de 122 veciños da localidade, e dunha vaga de fame como consecuencia da alza dos prezos dos produtos de primeira necesidade.
A obra achega información sobre algunhas das razóns que favoreceron a extensión da epidemia de gripe, considerada como a...
leer másO venres, 23 de febreiro, ás 20:30 terá lugar na Libraría Bahía, de Foz, a presentación de “Galeguia”, unha traballo de Manuel Miragaia, no que percorre unha parte da historia de Galicia e as súas relacións con Portugal.
O acto está organizado pola asociación A Pomba do Arco.
O Complexo Cultural Regal Xunqueira en Viveiro acolle este xoves, 15 de febreiro, ás 20:30 horas, a presentación do poemario Las páginas del agua do que é autor o profesor do IES Vilar Ponte José Juan Martínez Ferreiro.
Neste acto lerán poemas do libro que se presenta, o poeta viveirense e autor do prólogo Xaime Oroza, e o propio autor J.J. Martínez Ferreiro. As lecturas estarán acompañadas da música de acordeón interpretada por Narciso Simón Rúa, e á percusión por Irene Rivas.
Ao final da lectura terá lugar unha charla coloquio sobre a poesía en particular e a literatura en xeral.
Trátase dun estudo histórico feito polo Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Abel Vigo García. Este estudo, titulado O Valadouro: Prehistoria e Historia Antiga, está promovido polo coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e axuda a sistematizar a Prehistoria e a Historia Antiga do Valadouro.
O libro, con arredor de setenta páxinas, fai un percorrido ilustrado con fotografías das primeiras etapas históricas pola zona de Alfoz e O Valadouro, e inicia tamén unha nova etapa nos cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro.
A presentación, que terá lugar o domingo 25 de febreiro, será ás 19:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro. Estarán presentes o autor, Abel Vigo García, o coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e o presidente do Seminario, Pepe Peinó.
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, a presentación do libro “A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega”, no que tomará a palabra o autor do volume Xosé Ramón Veiga Alonso.
“A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega” é unha investigación histórica sobre as décadas finais da antiga provincia de Mondoñedo, concretamente entre 1780 e 1833, reparando nos feitos históricos de máis relevo, como poden ser a guerra do francés, o trienio liberal ou os anos finais do goberno de Fernando VII.
O volume achega nova e descoñecida información sobre as localidades da comarca nese período, sendo o seu autor, o investigador focego Xosé Ramón Veiga Alonso. Profesor da USC, é un dos mais destacados investigadores do...
leer más












