Presentación
Medio cento de persoas asistiron en Cine Ribadeo á presentación do vídeoclip Amiga ansiedad, do grupo de rock ribadense Remakers.
Ao inicio do acto Cherry, vocalista da formación, dixo: “grazas por vir e por apoiar a cultura de Ribadeo. Queríamos agradecervos a vosoutros que esteades aquí; a Faro Norte, por darlle cobertura a esta presentación; e a Dani Díaz e Gloria Tejero, de 60 Ráfagas, que se achegaron ata aquí ademais de facernos esta marabilla que ides ver agora”.
Cherry explicou que “o motivo polo vos convidamos a estar aquí é para presentar o vídeoclip deste single, que é un adianto do que vai ser o noso disco Sueños y otras pesadillas, que se editará o 14 de decembro. Ese día estará en formato físico e tamén nas plataformas dixitais”.
Sobre o tema do vídeoclip contou que “se...
leer másO grupo ribadense de rock Remakers terá o seu segundo disco na rúa neste vindeiro mes de decembro e como adianto acaba de editar un videoclip, que se presentará no Cine Ribadeo o día 27 deste mes, martes, ás 19:00 horas. Será un acto aberto ao público, con entrada gratuíta e que contará coa presenza de varios compoñentes do grupo, que falarán deste traballo audiovisual e do disco. Ademais os asistentes poderán ver o videoclip en primicia.
Remakers anuncian que “como adianto a este disco, que incluirá oito composicións propias, escollemos o single titulado Amiga Ansiedad, do cal presentamos un videoclip á altura do que creemos que se merece o traballo discográfico que temos entre mans. O vídeo está dirixido por Gloria Tejero e Daniel Díaz, da produtora 60 Ráfagas. Son de Ribadeo e teñen traballos premiados en varios festivais”.
... leer másO 28 de novembro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar a presentación da novela O alén dos barqueiros, de Anxo Muíños, publicada pola Editorial Fanes.
O alén dos barqueiros é unha novela con varias posíbeis lecturas e dotada de compartimentos comunicados entre si. Técena uns fíos aparentemente desparellos, mais enfiados habilmente polo autor.
A mitoloxía, a cultura fluvial, a Guerra Civil, os guerrilleiros antifascistas e a represión, habitan as súas páxinas, mais por riba de todo, é a espiritualidade dun persoanxe á procura dun gran segredo -encontrar un espazo propio na vida e no mundo-, o leit motiv da narración.
Anxo Muíños (Taragoña-RIANXO, 1966) é mariño e traballa no buque hospital Juan de la Cosa, con bases en Santander e Las Palmas.
Este...
leer másA Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, informaron que xa se poden adquirir as entradas para asistir á Ópera Madame Butterfly, que se celebrará en dito municipio mariñán o 2 de novembro ás 20:30 horas no auditorio municipal. No acto participou tamén o Concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz.
As persoas interesadas en participar nesta cita, que terá lugar no auditorio da casa da cultura, poden facerse coas entradas en www.ataquilla.com. Os prezos varían entre os 15 e 20 euros. Co fin de evitar completar o aforo dende internet, hai reservadas 100 entradas que se porán a venda o mesmo día.
Trátase dunha das operas máis recoñecidas da historia de música, e unha das máis representadas. É considerada ademais unha das principais obras de...
leer másUnha colección de monstros do máis variado é o que nos trae Fran Amil no seu novo libro-CD. A colección Sonárbore da editorial Galaxia lanza Monstros con ou sen consentimento un volume que nos presenta toda unha serie de personaxes peculiares. Lobos bondadosos, robots, entes larpeiros ou estraños personaxes musicais danse cita en forma de cancións "para gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para erguer o ánimo e non parar de bailar" acompañados das ilustracións de Manel Cráneo.
Fran Amil é un músico, compositor e produtor coruñés que dende os anos 90 pasou por algún dos grupos chave do movemento Bravú (Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe ou Diplomáticos de Monte Alto). Dende hai uns anos fai música infantil en galego, sendo os traballos anteriores, Un conto ao revés e A voz do vento, disco no que musica e canta poemas de Manuel...
leer másEste mércores, 26 de setembro, terá lugar na librería Bahía de Foz a presentación do libro "Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro" do que son autores Vicente Míguez e Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro. O acto dará comezo ás 20:30 horas.
Trátase dunha obra cun gran valor documental xa que contén numerosas fotografías e imaxes da época, relacionadas co tema, á vez que un traballo de investigación exhaustivo que fai un percorrido polo desenrolo industrial da comarca ligado á pesca.
O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presenta este sábado, 1 de setembro, o número 2 da súa revista Candea Branca. O acto terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.
Esta segunda entrega abarca desde xaneiro de 2017 ata xullo de 2018 e presenta traballos literarios e de investigación de autores mariñáns. Neste número hai colaboracións de Arturo Mogo, Antonio Reigosa, Andrés García Doural, Xoan Ramón Fernández Pacios, Lola Sánchez Orol, Paco Piñeiro, Xosé Isidro Fernández Vilalba, Fran Bouso, Claudia Pena, Pablo Mosquera, Beatriz Yáñez, Rita Morrigan, Alfonso Otero Regal, Pedro Rubal, Isaac Ferreira, Ramón Hermida, Alberto Geada, Lionel Rexes, Xavier Pardiñas, Pepe Blanco, Susi Paz e Miguel Vila.
A publicación recolle ademais a sección de noticias do SEVA coas actividades organizadas polo...
leer másA sala Queralt do centro de interpretación da Basílica de San Martiño acolleu esta tarde a presentación da tarta denominada a Zapata do Milagre de San Gonzalo, unha creación de pastelería Anduriña, que se porá á venda mañá tanto neste establecemento como no propio museo.
Na súa intervención o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, dixo que “se trata dunha idea interesante para promocionar o noso pobo por toda España a través da gastronomía e deste doce”. O rexedor destacou “o carácter emprendedor dos propietarios de pastelería Anduriña, Moncho e Mari, e a súa disposición a colaborar coas asociacións e colectivos do noso pobo” e amosoulles “o máximo apoio desde o Concello de Foz”. Castiñeira fixo alusión ás máis de 25.000 visitas anuais que recibe a Basílica de San Martiño, dixo que se trata dun conxunto histórico impresionante e subliñou que...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo presentará ao público este sábado, día 7 de xullo, ás 12:00 horas no Parador de Turismo o seu novo cd titulado Legado Indiano.
Este traballo recolle músicas sobre todo ribadenses como habaneras de autores da vila, outras que foron adaptadas pola Coral, poemas de El Viejo Pancho convertidos en milongas, e músicas das rondallas, pezas todas elas que non foron gravadas ata agora. Ademais tamén se inclúen temas do repertorio da Coral Polifónica de Ribadeo.
O prezo do cd será de 12 euros.
Este é o segundo cd da Coral Polifónica de Ribadeo, o anterior do ano 2002 leva por título Nos mares da música.
O empresario Gervasio Cao e o enólogo Roberto Regal presentaron onte á noite os dous viños de Fumarel elaborados na Ribeira Sacra. A degustación, que se celebrou na propia vinoteca ribadense con numerosa presenza de público, estivo acompañada con embutidos de porco celta de Cárnicas Teijeiro, de Sarria.
Os dous viños creados por iniciativa de Gervasio Cao son tintos Súmmum Ribeira Sacra. Un deles, chamado Fumarel Croa, foi elaborado con uva da variedade Mencía ao 100%, producíronse 1.600 botellas e foi embotellado no pasado mes de abril. O outro, denominado Fumarel Penadoso, fíxose con uvas das variedades Mencía e Brancellao, a produción é de 300 botellas e foi embotellado neste mes de xuño.
Gervasio Cao explicou que “isto naceu o ano pasado nestas datas, foi algo moi acelerado pero que eu realmente tiña moitas...
leer más