Presentación
Carlos Reigosa presenta a súa novela "Segredos de Bretaña" o 12 de agosto na Librería Bahía, en Foz.
O escritor Carlos Reigosa presentará este xoves, 12 de agosto, a súa novela Segredos de Bretaña. O acto, organizado por Librería Bahia, terá lugar na Casa da Cultura de Foz ás oito e media da tarde. O autor estará acompañado polo secretaria xeral da Asociación de Críticos Literarios, Ángel Basanta, e polo escritor e Cronista Oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.
Carlos Reigosa conta que na súa novela Segredos de Bretaña está Foz, que esa novela é Foz, a súa Bretaña é a mesma Bretaña de Cunqueiro, e nos seus segredos está a pesca no Gran Sol, a costa e o interior, as mitoloxías que a envolven e o encontro entre tradición e modernidade.
Debido á situación sanitaria é imprescindible anotarse previamente na Librería Bahía, ben sexa de xeito presencial, no mail bahía@libreriabahia....
leer másO salón de actos da Casa da Cultura Manuel María, de Foz, acolle o venres, 9 de xullo, ás 20.00 horas a presentación do libro “Alén Mundo” publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Paco Rivas. En dito acto, o autor estará acompañado do profesor e escritor Bernardo Penabade, o ilustrador do libro, Alfonso Otero Regal; e o alcalde do Concello de Foz, Fran Cajoto.
A obra
“Alén mundo” pretende trasladar ao lector a ese mundo lúgubre que se agocha na noite e na morte. É por iso a razón deste título, “Alén mundo”, unha expresión que se refire ao sobrenatural, ao máis alá... ao alén.
Este libro componse de catro relatos independentes, pero todos relacionados por un nexo común, o misterio, a intriga e mesmo a morte: Vedoira, O Verdugo, Ridó e O renacer de Isolino son as historias que...
leer másA Casa da Cultura vicedense acollerá o 12 de xuño a presentación do libro "Sucesos marítimos do Porto do Vicedo", de Hixinio Puentes, onde se repasa a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recompilar información de diferentes fontes e que teñen como punto en común a zona marítima do Vicedo ou protagonistas do Vicedo. O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. A edición do libro contou coa axuda económica da Deputación de Lugo.
A presentación será este sábado, 12 de xuño, ás 12 da mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura e contará coa presenza do propio autor, Hixinio Puentes, e do alcalde do Vicedo, Jesús Novo.
Debido ás limitacións sanitarias da COVID-19 o aforo será limitado.
O libro de Fran Zabaleta titulado A(través)ando Galicia será presentado no salón de actos da Casa da Cultura de A Pontenova o día 12 de xuño, sábado, ás 21:00 horas.
O autor, Francisco Javier Zabaleta Estévez, é un escritor, editor e guionista vigués apaixonado pola historia, a literatura e as viaxes. En setembro de 2020, despois de moitos meses de confinamento, decidiu atravesar Galicia de extremo a extremo, partindo de Ribadeo para rematar en A Guarda. Esta publicación é froito dese percorrido.
O vindeiro venres, 7 de maio, ás oito da tarde na Casa da Cultura, en San Ciprián, terá lugar a presentación do libro “A Solo no le gustaba su nombre”, de Pepe Peinó.
O aforo será limitado. É obrigatorio inscribirse para asistir
ao evento chamando ao 982 59 51 57 ou enviando un whatsapp ao 691 656 600.
A cita cultural celebrarase respectando todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
Pepe Peinó contará co acompañamento literario de Bernardo Penabade e co musical de Almudena Cuadrado.
O Concello de Viveiro, xunto á área de Cultura da Deputación de Lugo, presenta o cómic conmemorativo do Bicentenario do Afundimento do Bergantín Palomo e da Fragata Magdalena en augas da Ría de Viveiro, un evento que fora celebrado no ano 2010.
O acto de presentación do cómic, realizado por Primitivo Marcos Ferreiro, terá lugar este sábado, 27 de marzo, ás 12:30 na Sala Multiusos da Casa do Concello, con aforo limitado.
A presentación do cómic contará coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; María Rosario San Isidro Franco, secretaria da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro e coordinador da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Primitivo Marcos Ferreiro, autor do cómic, e Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo.
... leer másEste vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20:00 horas, no local da Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación da novela “A Solo no le gustaba su nombre", de Pepe Peinó.
Ademais do autor, estará, como vén sendo habitual, o lingüista Bernardo Penabade. Contarase tamén coa amenización musical a cargo de Alejandro Barreira, que interpretará tres temas acompañado da súa guitarra. O acto lévase a cabo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.
O vindeiro venres, 8 de xaneiro, ás 20:00 horas no Pazo de Tovar, en Lourenzá, presentarase a novela de Pepe Peinó “A Solo no le gustaba su nombre”. No acto participarán o autor, xunto a Bernardo Penabade, lingüista, e Aida Río, cantante.
O aforo será limitado, como é obrigado nestas datas de pandemia, admitíndose ata un máximo de 40 persoas. Os interesados deben anotarse chamando ao número 619389997.
O vindeiro luns, 28 de decembro, ás 20:00 horas na Confitería-Cafetería Xoyma, de Foz, terá lugar a presentación da novela de Pepe Peinó "A Solo no le gustaba su nombre". Esta presentación ía levarse a cabo no pasado mes de marzo e tivera que ser suspendida co gallo da corentena provocada polo coroavirus. Despois de 8 meses de espera, dita presentación poderá celebrarse.
Falarán Pepe Peinó e o lingüista Bernardo Penabade e actuará a cantante Almudena Cuadrado.
No acto respectaranse todas as medidas de seguridade prescritas para estas épocas de pandemia.
Xurxo Souto presenta este sábado o seu libro “Pangalaica, recortes poderosos”, nunha sesión virtual que se poderá seguir a través das redes sociais do Museo do Mar de San Cibrao a partir das 12.00 horas.
O libro, publicado por Galaxia, recolle oitenta relatos ilustrados, inspirados en historias e persoas que o autor coñeceu nas súas xiras por Galiza á fronte dos Diplomáticos de Monte Alto. En palabras do músico e escritor coruñés, trátase de “petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: É mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea”, reivindica.
Concerto de Ugía Pedreira
Á presentación, seguirá un concerto da artista mariñá Ugía Pedreira, que está a abrir unha nova etapa artística na súa traxectoria, presentándose como A...
leer más












