Presentación
O 23 de marzo ás oito e media da tarde, Raquel Rey, que firma có pseudónimo de Elizabeth Bowman, presentará a súa novela “El corazón de una condesa”.
Esta é a primeira novela que Raquel Rey publica coa editorial Titania que a día de hoxe é a principal editorial de referencia da novela romántica. Dentro de Titania edita no selo Epoca, dedicado á novela romántica ambientada en tempos pasados. Neste selo Raquel Rey é a única autora española coa que actualmente conta a editorial, as demais autoras son fundamentalmente inglesas e americanas.
Esta novela está ambientada na Mariña, concretamente en Cangas, e aínda que a historia é totalmente ficticia e non ten nada que ver con ningún personaxe ou acontecemento real, sí que os ambientes, as casas e as paisaxes podemos identificalas facilmente coa nosa contorna.
... leer másO local social da localidade focense de Marzán acollerá este venres, día 16, ás 20:45 horas unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro que ofrecerá a obra titulada O Consultorio.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques, de Marzán.