Sendeirismo

Etiquetas:
16/04/2015
A Ruta do Deza será o próximo destino da asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá. A saída está prevista para este sábado, 18 de abril.
 
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá realizará a Ruta do Deza, este sábado, 18 de abril.
Trátase dun percorrido de 13 quilómetros, de dificultade media, entre os concellos de Silleda e Vila de Cruces, que lles permitirá aos asistentes ver o Mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa. 
Ao remate os participantes disfrutarán dun xantar no restaurante O Refuxio en Vila de Cruces. O prezo para os socios é de 25 euros e para os non socios de 30 euros. 
A saída desde o Cantón de Lourenzá será ás 7:30 horas. 
 
Etiquetas:
06/04/2015
O Concello de Cervo editou dous mil folletos promocionais sobre as rutas de sendeirismo que discorren a carón dos ríos Xunco e Covo.
 
O Concello vén de editar 2.000 exemplares de material promocional sobre as rutas de sendeirismo do municipio. En concreto, os veciños e visitantes poden percorrer o concello a través de tres sendeiros peonís acondicionados e sinalizados para ese fin e dos que atopan toda a información nestes folletos. 
Unhas publicacións nas que se poden consultar datos xerais sobre a localización, dificultade, duración estimada, coordenadas de inicio, itinerario e puntos de interese, e tamén técnicos como a distancia, o tipo de superficie e as cotas máximas e mínimas. Ademais, conta cunha descrición sobre os atractivos de cada ruta e a súa situación no mapa.
Uns folletos cos que “poner en valor y disfrutar de lugares de gran riqueza natural y...
leer más
Etiquetas:
06/04/2015
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, realizará a ruta do Monte do Facho, en Cangas do Morrazo, o vindeiro 11 de abril.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto para o sábado día 11 de Abril facer a Ruta do Monte do Facho en Cangas do Morrazo de 13,5 quilómetros e dificultade media/baixa.
A saída será ás 7,30 da mañá da Estación de Autobuses de Burela e o prezo será de 25 € para os socios e de 30 € para os que non o son e inclúe autobús, comida e mais seguro. Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 9 de Abril.
 
Etiquetas:
05/04/2015
O Grupo de Sendeirismo de ACD Xove iniciará a ruta do Camiño dos Faros o vindeiro domingo, 12 de abril. Será o treito comprendido entre Malpica e o Faro de Nariga.
 
O vindeiro domingo,12  de abril, o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE, organiza a segunda ruta deste ano. Segundo explican desde a organización "a ruta que se vai facer é pola Costa da Morte, a primeira etapa da denominada O Camiño dos Faros. Trátase dunha ruta de Gran Recorrido (GR) de 200 km. e que vai dende Malpica de Bergantiños ata o Cabo Fisterra, todo pola Costa da Morte, seguindo os Faros. Nesta saída empezaremos no Faro do Porto de Malpica e percorreremos 20 km. de Costa ata chegar o Faro de Nariga. A ruta pasa polo Cabo San Adrian, enfronte das Illas Sisargas, e por 6 preciosas  praias, como son a de Beo, a de Seiruga ou a de Barizo. O final desta ruta será no espectacular Faro Nariga. Un  faro-monumento feito polo arquitecto, Cesar Portela. O entorno está cheo de maxia, pois existen grandes formacions...
leer más
Etiquetas:
02/04/2015
Os Sendeiros de Foz viaxarán a Pol o 19 de abril para participar no encontro que organizan nesa localidade.
 
A saída desde as inmediacións do Concello de Foz está prevista para as 8 da mañá. O prezo da ruta, con xantar incluído, será de 20 euros. Os interesados en acudir poden anotarse ata o 10 de abril nos teléfonos 670 369 017 ou 696 236 020 e tamén na seguinte dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es
Os Sendeiros de Foz recomendan leval equipo de sendeirismo e explican que a dificultade da ruta por Pol é media. 
 
25/03/2015
O grupo de sendeirismo da ACD Xove viaxará á Costa da Morte o 12 de abril para facer a primeira etapa da Ruta O Camiño dos Faros.
 
O grupo de sendeirismo da ACD Xove desprazarase ata a Costa da Morte o 12 de abril. Será para facer a primeira etapa da Ruta O Camiño dos Faros, que discorrerá entre Malpica e a praia de Niñóns. Son 22 quilómetros de percorrido “por unha costa espectacular”.
O colectivo comezou o pasado domingo, día 22 de marzo, o seu programa de Rutas para o presente ano 2015. “Nesta primeira ruta, o Grupo non saíu da Mariña, pois fixemos a Ruta Praia das Catedrais - Porto de Foz de 20,5 km. O Grupo desprazouse en autocar ata a Praia das Catedrais onde fixeron a saida ás 10:30 da mañá e chegou ao Porto de Foz, a primeira hora da tarde, onde os esperaba o autobús para levalos de volta a Xove”, explican desde a ACD Xove. 
Os organizadores engaden que...
leer más
Etiquetas:
20/03/2015
El grupo de montaña Marqués de Casariego, de Tapia, realizará el 28 de marzo una ruta por Allande. La inscripción está abierta.
 
El grupo de montaña del CD Marqués de Casariego, de Tapia, realizará una ruta al Alto de la Marta-Pico Panchón-Pola de Allande el 28 de marzo. 
Las personas interesadas en acudir pueden inscribirse hasta el 26 de marzo en los siguientes teléfonos: 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Javi) o 608 540 828 (Eva). También a través del correo electrónico: cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es 
La salida se efectuará a las 7 de la mañana desde Tapia y habrá paradas en Salcedo y Luarca. El precio para los socios colaboradores será de 3 euros, para los socios de 5 euros y para los no socios de 12 euros. Los organizadores informan que los que lo deseen podrán acudir a la comida opcional que se...
leer más
19/03/2015
Os Sendeiros de Foz realizarán dúas rutas polo concello durante a vindeira Semana Santa.
 
As dúas rutas terán lugar os días 3 e 4 de abril (venres e sábado), con saída ás 9 da mañá das inmediacións do Concello e con regreso ás 13:30 horas. A actividade é gratuíta. 
A organización recomenda levar roupa e calzado de sendeirismo. A dificultade das rutas é media. Desde Os Sendeiros sinalan que “esta actividade nos permitirá gozar camiñando pola contorna de Foz neses días de vacacións”. 
 
18/03/2015
Terras de Lourenzá realizará a ruta dos Muíños de Poñente, en Castroverde, o vindeiro domingo, 22 de marzo.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará a ruta dos Muíños de Poñente, en Castroverde, o vindeiro domingo, 22 de marzo. Segundo explican os organizadores “a distancia desta ruta é de 12 quilómetros e a dificultade de realización é media-baixa. A comida será por libre na feira de Castroverde. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata mañá, 19 de marzo, ás dúas da tarde por correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com ou por teléfono no 982 12 10 06 (Pepe) ou 658 09 71 33 (Miguel).
O prezo para os socios será de 5 euros e para os non socios de 8 euros. A saída para a ruta será o domingo ás 8:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá. 
 
17/03/2015
O Grupo de Montaña Peña Tallada, de Ribadeo, viaxará ao Valle de Baztan (Navarra) durante a vindeira Semana Santa.
 
O Grupo de Montaña Peña Tallada, de Ribadeo, fará unha viaxe ao Valle de Baztan (Navarra) durante a Semana Santa. 
Segundo explican desde a organización o aloxamento será no hotel Urgain en Oronoz-Mugaire. Ata o momento son 38 as persoas inscritas para participar nesta actividade, que inclúe varias rutas: unha polo monte Buciero, en Santoña (Cantabria); outra polo parque natural Señorío de Bertiz; e unha terceira pola Peña Planta/Atxuria e Covas de Zugarramurdi. A viaxe concluirá cunha visita a San Sebastián. 
O prezo da habitación dobre é de 44 euros (ive incluído) e da individual de 33 euros (ive incluido). O prezo do xantar ou cea: 11 euros e o almorzó 4 euros.