Taller
08/09/2017
O Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Xuventude, organiza un taller gratuíto de coaching que comezará neste mes de setembro e terá unha duración de 35 horas. O prazo para inscribirse está aberto e rematará o día 18.
Trátase dun taller gratuíto destinado a mozos de 16 a 29 anos de idade no que se impartirán técnicas de motivación para a busca de emprego, comunicación e habilidades.
As inscricións poden facerse de luns a venres de 9 a 14 horas na oficina do técnico de emprego e de 17 a 20 horas na biblioteca municipal.
Esta actividade organizada polo Concello de Lourenzá está subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia.
27/07/2016
A Escola de Escritura Creativa, Expresiva e Literaria organiza un curso de Escritura Expresiva en Vilanova de Lourenzá os días 4, 5, 6 e 7 de agosto.
Este taller de escritura vai estar inspirado en Maragatacasa, unha casa burguesa construída en 1904. Os asistentes practicarán diversas formas nas que escritura, meditación e paisaxe poden entrelazarse. Presentaranse un abano de exercicios de escritura expresiva e os coñecementos básicos para poder continuar con esta práctica de xeito individual. Será impartido por Marisé Barreiro, filóloga que dende o ano 2009 imparte cursos regularmente en Galicia, Madrid e outras comunidades.
O horario do taller...
leer más 03/05/2016
Acisa organiza un taller educativo para pícar@s de 4 a 12 anos, que se celebrará o 21 de maio de 11 a 14 horas na antiga oficina de turismo. Segundo explican desde a directiva da Asociación de Comerciantes “trátase dun obradoiro de concienciación na compra local, dentro da campaña Compra ao grande no pequeno comercio”.
Aqueles rapaces e rapazas que queiran asistir a este taller “teñen ata o 20 de maio para facerse cos seus ripenses (billetes especiais e exclusivos) para logo visitar e xogar ao noso Ribadeopolis e aprender e disfrutar co noso comercio. @s interesad@s poden obter máis información nos comercios participantes ou tamén a través do facebook de Acisa...
leer más 11/03/2016
Ata o 16 de marzo está aberto o prazo de inscrición no taller de técnicas de relaxación que organizan o Centro de Información ás Mulleres e a Concellaría de Igualdade. Haberá dous grupos, un pola mañá e outro pola tarde, e as prazas limítanse a 12 persoas en cada quenda. O obradoiro, que será todos os venres, dará comezo o 18 de marzo.
Desde o CIM apuntan que “a saúde para as mulleres é unha especie de resultante de factores persoais, sociais e familiares. É un concepto integral, engloba o relacional, a saúde familiar, o vincular, incorpora o psíquico e o social. É máis habitual polo ritmo de vida e as xornadas laborais que desempeñan as mulleres que podan sufrir estrés ao longo da súa vida. O estrés pode xerarse por múltiples...
leer más 05/03/2016
A Concellaría de Igualdade ten prevista unha axenda de actividades a desenvolver ao longo dos vindeiros meses para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e para previr a violencia machista. Este mes dará comezo un taller de relaxación e prevención do estrés e prepárase outro de autodefensa. Ademais as xornadas de violencia de xénero terán lugar en abril.
O programa formativo #laretasdaigualdade da Concellería de Igualdade está desenvolvéndose nos centros educativos con sesións presenciais onde o alumnado de 3º e 4º da ESO traballa a publicidade sexista para deconstruír modelos alternativos. Hoxe comezaron coa sesión práctica na que Xes Chapela, formador no eido audiovisual, lles está a impartir as nocións básicas para que...
leer más 09/09/2015
A Concellería de Cultura prepara o primeiro taller de teatro gratuíto, que se desenvolverá durante o mes de outubro e ao que poderán anotarse as persoas interesadas de máis de 6 anos, sen límite de idade. O número máximo de participantes será de 20 persoas.
O edil de Cultura, José Díaz, explicou hoxe que “estamos terminando las bases del primer taller de teatro del Concello de Burela, organizado por la Delegación de Cultura. Será un taller gratuito, con una duración de un mes, durante octubre, y 30 horas de formación actoral. El responsable de impartirlo será Juan Villarino, que tiene una amplia trayectoria teatral, bastante importante, en cuanto a asistir como alumno a cursos de interpretación con Manuel Lourenzo, Rosalía Castro, Carlos Blanco o Quico Cadaval. Es una...
leer más 08/07/2015
Los aficionados a la bisutería y a la artesanía en A Mariña tienen una oportunidad para aprender un poco más a través de un taller de arcilla polimérica que tendrá lugar en la tienda de artesanía Maravalla de Ribadeo. Se celebrará los miércoles y jueves de 12 a 14 horas en el mismo establecimiento de la calle San Francisco, en las Galerías Reinante, que desde 2013 vende artesanía elaborada por artistas de la zona.
El taller comienza el 15 de julio y está abierto a todos los públicos. Los horarios son flexibles y permiten tanto la asistencia durante 1 hora, como 2 o 3, en función de las necesidades y del tiempo del alumno. Los interesados pueden encontrar más información sobre el curso en el local de la calle San Francisco, a través de la página web de la tienda...
leer más 26/06/2015
Será a partir das 16 horas na explanada do Hipermercado Eroski. Alí haberá un taller de iniciación impartido por membros da Liga Nacional de Billarda, concurso de varados e triplas, aberto de xamón e taller e aberto de Liriu. Na cita non faltarán os premios sorpresa.
A cita está organizada pola Liga Nacional de Billarda, a ACD O Varal e o Hipermercado Eroski Ribadeo.










