Teatro

Etiquetas:
08/03/2020

En Augaxosa, a fermosa parroquia de Riotorto, a medio camiño entre Lourenzá, Riotorto e A Pontenova o vindeiro sábado, 14 de marzo, ás 21,00 horas, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, recuperará de novo a figura de Eduardo Pasmarote, o indescritible presentador de televisión que se converte en superheroe despois de inxerir inxentes cantidades de guindilla. De novo poderemos ver os programas "Al loro", "Repolos e centolos", o "Noticiario"... e tamén as complicadas relacións de Romualdo, Jacky e Pinky, Betti Gutiérrez, Manuela Tormentas e Ana Rosa, sobre todo cando teñen que enfrontarse aos dous miserables ladróns, tan inofensivos como torpes, Triquiñuela e Carajillo.

Dende Augaxosa, descendendo en grandes riadas dende a montaña, baixarán as risas e a alegría do Centiño, convertidas en teatro.

04/03/2020

A Quinta do Cuadrante presenta este sábado, 7 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, a obra Empapelado amarelo.

Trátase dun espectáculo teatral unipersoal que parte do relato autobiográfico homónimo, publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman. Narra, en primeira persoa, as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora prescrito por un coñecido doutor da época para combater o estado melancólico e depresivo no que se atopaba a raíz do nacemento da súa primeira filla. Este tratamento, consistente na eliminación de todo tipo de actividade intelectual e artística, remata por converterse nun cárcere onde ela, acostumada a unha intensa actividade social e artística, acabaría por achegarse ao límite da súa cordura.

A autora utiliza as claves do relato de...

leer más
Etiquetas:
27/02/2020

O grupo A Banda da Loba presenta este venres, 28 de febreiro, o seu disco Fábrica de Luz. A actuación terá lugar no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. O prezo da entrada é 7 euros na billeteira o propio día do concerto, a partires das 19:00 horas.

A formación está integrada por cinco mulleres e destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do pop, do rock ou do folk. Fábrica de Luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra son as primeiras nais, fábricas de luz, como as nosas nais.

Tamén o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este...

leer más
Etiquetas:
07/02/2020

Redum Teatro chega a Viveiro con “Idiota”. A representación será este sábado, 8 de febreiro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. Esta comedia está protagonizada por Machi Salgado e Susana Sampedro.

Unha mañá Carlos Varela por fin cre que a súa sorte mudou: un anuncio ofrece moitos cartos a cambio de someterse a unha serie de probas psicolóxicas. Recíbeo unha atractiva doutora de orixe alemán. Comezan as preguntas, e comeza a comedia... Unha comedia que non tarda en ennegrecerse atrapando ao protagonista ao igual que atrapa ao espectador nunha tea de araña perversa.

Este malévolo texto, sembrado de minas en forma de dilemas morais e acuciantes descargas de presión psicolóxica, mergúllase nos mecanismos de manipulación, nos resortes da codicia, o poder das grandes corporacións, a desinformación...

leer más
29/01/2020

O colectivo cultural Ollomao representará este sábado, 1 de febreiro, na Casa da Cultura de Burela a obra Enciclopedia Álvarez.  Será ás 21:00 horas e  o prezo da entrada é de 5 euros.

Enciclopedia Álvarez é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda deseducación da escola franquista. É unha invitación ao sorriso, sobre todo porque nos fala dun pasado aparentemente afastado da nosa realidade actual.

A obra, dirixida por Ramón Casas Oroza, foi a gañadora do premio Conde Santo á mellor representación no I Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá en outubro de 2017; e recibiu o premio ao Mellor Actor Protagonista para Juan de Culán, e á Mellor actriz protagonista para Marisa Freire. Tamén foi a obra gañadora á mellor montaxe nos XXI Encuentros Teatrales IES Elisa y Luis Villamil-...

leer más
Etiquetas:
22/01/2020

O grupo de teatro A Adala Infantil representará en Cervo a obra Que cousas pasan no Camiño.

A actuación terá lugar o domingo, 26 de xaneiro, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello de Cervo. A entrada é libre.

Esta é a segunda obra que interpretan sobre os escenarios os novísimos actores do grupo de Foz e que presentaron xa hai máis dun ano.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.

 

Etiquetas:
14/01/2020

El Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acogerá un espectáculo de magia el día 1 de febrero, a las 18:30 horas, con la actuación de Kiko Carrolo.

La representación está recomendada para todos los públicos.

La venta anticipada de entradas es en África Copias, Grafity y La Dekada. El precio es de 3 euros y el mismo día de la actuación se abrirá la taquilla una hora antes del inicio del espectáculo.

 

Etiquetas:
14/01/2020

O grupo teatral O Centiño, de San Martiñon, presentará a súa última obra El Guindilla, na parroquia focense de Marzán este sábado, 18 de xaneiro.

A representación terá lugar no local social do Pradovello, onde ten a súa sé a asociación cultural O Torques, e dará comezo ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
02/01/2020

O Concello continúa coas súas actividades de Nadal. Deste xeito, mañá venres, 3 de xaneiro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, haberá unha función dobre de teatro a cargo dos membros de Aspanane de Viveiro. 

O grupo de teatro de Aspanane vai representar dúas obras: Cegos e o elefante e O pícaro de Viveiro.Esta última xa figurou no programa do Nadal do pasado ano, pero foi cancelada debido á enfermidade dalgún dos seus compoñentes. Pois ben, este ano teremos dobre disfrute con este fantástico grupo.

Lóxicamente, desde o Concello invitan a todas as persoas da Mariña a que asistan a esta dobre e estupenda función de teatro en Xove.

 

Etiquetas:
26/12/2019

Manuel Manquiña presentará Relatos Negros mañá, venres, no auditorio municipal de Burela. O humorista galego era un dos poucos que faltaba por pasar pola vila, segundo o concelleiro de Cultura, José Díaz, que anima a que ninguén se perda este espectáculo. As entradas seguen á venda online en ataquilla.com con oferta estes días de dúas por unha.

O edil burelés dixo que “este viernes, 27 de diciembre, a las nueve de la noche tendremos en el auditorio municipal de Burela la presencia y la actuación de Manuel Manquiña. Es uno de los actores y humoristas gallegos que nos faltaba por traer al auditorio de Burela, en los últimos cinco años. Ya lo intentamos en otras ocasiones, no fue posible, y ahora sí que lo tendremos aquí”. 

José Díaz cre que “era importante que también él estuviera al igual que otros muchos cómicos...

leer más