Teatro

12/11/2020

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 14 de novembro, a representación da obra O mozo da última fila, a cargo de Redrum Teatro. A función dará comezo ás 20:30 horas.

Trátase dunha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística. Conta a historia de Claudio, un estudante de Secundaria que senta na última fila, que non fala, non participa, non é problemático e non destaca salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que o profesor de Literatura manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre converterase nun xogo cada vez máis perigoso...

leer más
Etiquetas:
11/11/2020

O Concello de O Vicedo programa a representación da obra infantil "O vixilante dos soños", a cargo de Ubú Teatro. A función terá lugar este venres, 13 de novembro, na Casa da Cultura a partires das 16:45 horas, con entrada gratuíta.

Debido á normativa do covid, só poderán asistir un máximo de 60 persoas.

Colabora con esta actividade: Área de Cultura da Deputación de Lugo e o grupo Ubú Teatro.

 

Etiquetas:
10/11/2020

Continúa a programación de teatro no Concello de Foz. A Concellería de Cultura, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en escena este venres ás 20.30 na Sala Bahía a obra Cinco minutos sen respirar, da compañía Ítaca Teatro.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “é unha obra que retrata os desexos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dúas personaxes: Margarita, unha (ex) empregada de banca; e Víctor, un supervisor de supermercado”.

Con esta obra o Concello de Foz sigue co programa Foz fai Cultura, que busca, malia as circunstancias adversas e a crise sanitaria que estamos a vivir, seguir achegando a cultura de forma segura.

O prezo desta actividade será de 5 euros. Seguiranse todas as medidas anticovid e as entradas reserváranse no número...

leer más
09/11/2020

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá o 13 de novembro, venres, ás 20:00 horas a representación da obra de teatro familiar Rosalía, unha produción de Culturactiva. 

É unha hora de teatro para toda a familia na que os asistente poderán gozar do retrato da vida infantil da escritora Rosalía de Castro no momento en que ten que trasladarse desde a aldea á cidade. A obra ofrece unha imaxe da poetisa galega afastada do tópico, como unha nena imaxinativa, divertida, rebelde e que xoga coas palabras.

O acceso é libre e gratuíto ata completar aforo.

Etiquetas:
09/11/2020

O galego David Amor presenta o vindeiro sábado, 14 de novembro, en Burela o monólogo Love está en el aire. Será no auditorio municipal ás 20:30 horas. O prezo das entradas é de 4 euros. 

As entradas estarán á venda o día da función na billeteira do auditorio, que abrirá unha hora antes do comezo da representación.

Participan na organización deste evento, xunto ao Concello de Burela: Xunta de Galicia, AGADIC, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 2021.

O Concello agarda que a Xunta de Galicia permita que o aforo no auditorio municipal sexa para 50 persoas, en lugar das 30 permitidas na actualidade, “xa que hai sitio de sobra para manter as medidas de seguridade esixidas neste momento”. E lembran que “será obrigatorio o uso de máscara, así coma o lavado das mans co xel...

leer más
Etiquetas:
06/11/2020

A compañía Ibuprofeno Teatro presenta en Burela a súa última produción “O mel non caduca”. Marián Bañobre e Avelino González (premio ao Mellor Actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada) son os protagonistas desta traxicomedia escrita e dirixida por Santiago Cortegoso que se poderá ver na Casa da Cultura o domingo, 8 de novembro, ás 19:30 horas. 

“O mel non caduca” é un espectáculo arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación do planeta por mor da perversa lóxica capitalista. É unha obra para emocionar e concienciar e tamén para rir. 

A montaxe amosa dúas tramas, dous científicos que no 2173 tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva e dous irmáns que se reencontran trala morte da súa nai para xestionar as...

leer más
Etiquetas:
05/11/2020

A obra de teatro musical Carapuchiña Vermella, da compañía Educateatro Producións, que estaba programada para este sábado, 7 de novembro, na Sala Bahía, de Foz, suspéndense debido á indisposición dun dos actores que forman parte do elenco artístico desa representación.

Anunciouno esta tarde a concelleira de Cultura, Inés López Couto, despois de recibir o aviso da compañía teatral.

 

Etiquetas:
03/11/2020

O Teatro Pastor Díaz acollerá diferentes actuacións para nenos e nenas, concertos e representacións teatrais, dentro da programación cultural do Concello de Viveiro para o mes de novembro.

Este sábado, 7 de novembro, ás 18:00 horas, Ghazafelhos Teatro da RGTA, presentará As pitas…, dirixida a nenos e nenas maiores de 5 anos.

O día 14 ás 20:30 horas Redium Teatro da RGTA representará O mozo da última fila.

O 21 de novembro ás 21:00 horas a Banda Municipal de Música de Viveiro ofrecerá o concerto de Santa Icía interpretando música de cámara. A actuación será retransmitida a través de Youtube e Facebook.

O día 28 ás 18:00 horas Galeatro da RGTA porá en escena Carabela, dirixida a nenos e nenas maiores de 3 anos.

Haberá límite de aforo e...

leer más
Etiquetas:
02/11/2020

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado, día 7 de novembro, ás 19:00 horas a representación de teatro familiar titulada A viaxe do Sr. López, a cargo de Produccións Teatrais Señor López, unha creación do actor, dramaturgo e docente Rubén Pérez.

É unha representación para todos os públicos, con entrada gratuíta e aforo limitado. Está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
31/10/2020

A compañía Producciones Teatrales S.L. decidiu cancelar o espectáculo de humor Pesadilla en la comedia, protagonizado por Enrique San Francisco e Miki Dkai previsto para o vindeiro sábado, 7 de novembro no auditorio municipal de Burela, dada a alerta sanitaria derivada do covid-19 e a limitación de aforo a 60 persoas imposta pola Xunta de Galicia para os eventos culturais que se realicen en recintos pechados. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, lamenta “as molestias ocasionadas e trataremos de reprogramar máis adiante dito espectáculo. O importe das entradas xa mercadas será devolto automaticamente a través da plataforma online de ataquilla.com”.