Teatro
Este domingo, día 24 de novembro, haberá dúas representacións teatrais no concello de Foz.
Na Casa da Cultura focense ás 18:30 horas porase en escena unha obra de teatro infantil de marionetas a cargo de Trécola, que ofrecerá Xogo Revolto. Está organizado pola Delegación de Muller, Igualdade e Inmigración do Concello de Foz.
E na parroquia de Cordido ás 18:00 horas o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, representará a obra Un divorcio no pobo, de Tito Casado Agudin e coa dirección de Benito García Bolaño. Forma parte do ciclo Teatro nas parroquias.
Ademais este sábado, día 23 de novembro, ás 20:00 horas na Sala Bahía terá lugar o evento para elixir o rei ou raíña de Entroido de Foz 2020. O voto do público contará un 40 por cento e haberá música con DJ e churrasco con pan, viño ou refresco a 10...
leer másEste venres, día 15, o grupo de teatro Touporroutou, de Foz, representará no III Certame de Teatro de Lourenzá a obra Comedia bífida. E o sábado 16 será o grupo Carauta Teatro, de Santiago, o que se subirá ao escenario laurentino coa obra Un!dous!tres!. As dúas representacións terán lugar no salón de actos do Concello ás 20:30 horas.
O domingo 17 non haberá representación debido á viaxe que organiza o Concello de Lourenzá a Casar de Periedo (Cantabria), onde participará como concello invitado na XV Feria de la Alubia y la Hortaliza.
Culturactiva SCG presenta a comedia Senior este sábado, 16 de novembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
A obra está dirixida por Avelino González e protagonizada por Luis Iglesia e Marcos Orsi. Trátase dunha reflexión, en clave de humor, sobre a crise dos 50 que nos permite rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que seguramente moit@s de nós chegamos a vivir, e de escenas que só se poden gozar e padecer a partir dos 50.
O domingo, 17 de novembro, ás 20:00 horas tamén no Teatro Pastor Díaz, Contraproduccións presenta Os fillos do sol.
Está dirixida por Cándido Pazó e protagonizada por César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. É unha elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas. A...
leer másO teatro será o protagonista a vindeira fin de semana en Burela. O sábado 16 ás 20:30 horas o grupo Metátese Teatro, de Palas de Rei, porá en escena a obra Na procura dun traballo. O domingo 17 ás 18:00 horas Talía Teatro presentará en Burela o espectáculo para o público infantil e familiar Rosa, caramelo e outras historias. A entrada será libre e gratuíta en ambos casos.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “para este fin de semana en Burela temos, tanto o sábado como o domingo, dous eventos culturais neste caso de teatro. Un deles vai ser o sábado 16, que sería teatro para adultos. A partir das oito e media o grupo Metátese Teatro, que xa estivo noutras ocasións aquí en Burela, un grupo de Palas de Rei e que representará a obra Na procura dun traballo. É dentro do programa Buxiganga, proxecto teatral afeccionado do ano 2019...
leer másA vindeira fin de semana o pavillón da parroquia de San Román acollerá dúas representacións teatrais.
O sábado, 16 de novembro, ás 18:00 horas o Grupo de Teatro O Bordelo ofrecerá "Toluras de Proveito", autoría de Paco Piñeiro.
E O domingo, 17 de novembro, á mesma hora será o Grupo de Teatro O Torques o que actuará en San Román coa obra "Cena de Familia".
O grupo de teatro Adala representará a obra "Comeza a función" este domingo, 10 de novembro, ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.
A historia transcorre nunha aldea nos anos 40 contada en ton de comedia.
A representación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo.
O Concello de Barreiros colabora na organización deste evento, a través da súa concellería de Dinamización e Participación Cidadá.
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro acollerá este sábado, 9 de novembro, ás 18:00 horas, unha comedia para o público familiar, titulada Saabor!!.
A obra recibiu o Premio do Público de Festiclown 2018. Culturactiva Producións presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei nesta proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.
Saabor!! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos cociñando en directo no propio show.
Cita co teatro este sábado, 2 de novembro, no Pastor Díaz, de Viveiro, a partir das 20:30 horas. Artesacía chega con Chola a it girl.
Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.
Para todo isto, axudarase de videos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose musical. Cando parece que o show envolve a escena, revélase nun descuido de Chola no medio do show un cadaleito que sae do...
leer másAs oito obras seleccionadas para a terceira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá representaranse desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro. E na gala de entrega de premios, que será o 14 de decembro, actuará Sergio Pazos.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “o sábado 2 de novembro dará comezo a terceira edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abrirá o telón a compañía Coles Teatro, de Ourense, coa obra A tía Rosita. Será ás 20:30 horas no salón de actos do Concello. A última das obras que se presentan a concurso representarase o domingo 1 de decembro. Este certame de teatro rematará o sábado 14 de decembro cunha gala de entrega de premios na carpa que se instalará no Campo dos Bolos e que contará coa actuación do humorista galego Sergio Pazos, co monólogo Rebento se non o conto”.
... leer másO Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta o espectáculo teatral Mostruación, da compañía Enconarte. Será o sábado, 26 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de tres euros.
Tres bonecas: unha Barbie, unha Nancy e unha Barriguita que están inquedas porque á súa dona, “América” (tamén alter-ego da “monstruación"), veulle a regra e deixa de xogar con elas. Estas personaxes vanse humanizando para contarnos as súas experiencias vitais individualmente.tres mulleres que falan sen pelos na lingua para facer rir a esgalla.